Alí cantamos as coplas ao noso barrio que ensaiamos toda a semana e seguimos desfilando cara a Asociación de Veciños, sempre acompañados de pais e nais que facían máis doado o noso labor cos nenos e nenas. De novo cantamos e volta ao cole! Foi unha experiencia moi positiva xa que todo o barrio compartiu con nós a alegría e o ritmo da festa do Entroido.
luns, 11 de febreiro de 2013
Así foi a nosa festa do entroido:
Alí cantamos as coplas ao noso barrio que ensaiamos toda a semana e seguimos desfilando cara a Asociación de Veciños, sempre acompañados de pais e nais que facían máis doado o noso labor cos nenos e nenas. De novo cantamos e volta ao cole! Foi unha experiencia moi positiva xa que todo o barrio compartiu con nós a alegría e o ritmo da festa do Entroido.
xoves, 7 de febreiro de 2013
RISCOS EN INTERNET
Odía 22 de xaneiro e dentro do III Plan Director tivemos ocasión de contar coa presencia dun policía especializado nos riscos en internet para asesorar e escoitar ao alumnado de 5º e 6º de Primaria .
O Plan Director é un programa de gran interese para toda a comunidade educativa.
Un policía especializado informa e motiva aos alumnos na adopción de conductas pro-activas e facilita aos pais e mestres, pautas de detección e reacción .
Un policía especializado informa e motiva aos alumnos na adopción de conductas pro-activas e facilita aos pais e mestres, pautas de detección e reacción .
Unha primeira sesión co alumnado de 5º e 6º de educación primaria tivo lugar no mes de xaneiro.
Outra sesión cos pais, nais, titores legais interesados no tema e mestres será o día 7 de maio no CEIP Eduardo Pondal, na Biblioteca Crocaio ás 16:00 h.
Outra sesión cos pais, nais, titores legais interesados no tema e mestres será o día 7 de maio no CEIP Eduardo Pondal, na Biblioteca Crocaio ás 16:00 h.
Os riscos existentes son moitos e as familias teñen un papel fundamental no correcto emprego de internet na casa. Consideramos de gran relevancia esta actividade para as familias e o alumnado. Agardamos a vosa presenza nesta charla que anunciaremos previamente.
Dende o CEIP Eduardo Pondal, agradecemos á Policía a súa colaboración en programas deste tipo que nos axudan a todos utilizar correctamente e sen riscos internet.
ALIMENTACIÓN E SAÚDE por D. Carlos Leirós Orge
O martes 29 de xaneiro contamos coa presencia de D. CARLOS LEIRÓS ORGE, técnico Superior en Dietética e Nutrición.
Foi unha charla de interese para todos: pais, nais e mestres.
Extraemos da mesma os seguintes consellos para unha alimentación saudable:
- Máis vale prevenir que lamentar.
- Realizar 5 ou 6 comidas ao día.
- Beber auga durante todo o día, entre 1,5 e 2 litros.
- Aumentar o consumo diario de froitas, verduras e hortalizas.
- Empregar aceite de oliva .
- Comer alimentos variados, aportarán os nutrientes e a enerxía necesarios.
- Non saltarse nunca o almorzo, proporcionará os nutrientes e enerxía para comezar o día.
- Moderar o consumo de carne grasa, bollería, azúcares, etc,…
O ALMORZO é IMPRESCINDIBLE e debe ser completo. É cando máis enerxía precisa o noso organismo e se non a ten o vai buscar doutro xeito. Se esta dinámica é habitual pode provocar problemas de saúde, de feito iste é un dos factores que pode chegar a provocar obesidade.
Outros aspectos que favorecen a nosa saúde:
- Realizar formas de cocción sanas (reducindo a inxesta de grasa) como: vapor, plancha, forno.
- Reducir fritos, estofados rebozados.
- Comer sentados e en compañía, pouco a pouco e mastigando ben os alimentos.
- Realizar exercicio diario.
Agradecemos D. CARLOS LEIRÓS ORGE, a súa presencia no CEIP Eduardo Pondal .
Selección de lecturas sobre alimentación:
martes, 5 de febreiro de 2013
luns, 4 de febreiro de 2013
Mañá...O Meco manda: Luvas.
Luns, 9 horas, volve a Mochila Viaxeira e comenza o ambiente de Entroido: mandiles para tod@s.
E mañá martes:
DON LIMPIÑO xa está preparado.
E para ler sobre entroido Crocaio préstanos:
Ata mañá...nenos e nenas...
E mañá martes:
DON LIMPIÑO xa está preparado.
E para ler sobre entroido Crocaio préstanos:
Ata mañá...nenos e nenas...
domingo, 3 de febreiro de 2013
Premede na imaxe para ver o Ciclo do Entroido e os diferntes costumes que hai en Galicia para os vindeiros días. Sabiades que hoxe é o domingo corredoiro?
Hoxe é o denominado domingo corredoiro, de corredores, tamén chamado, en Cotobade, domingo de chicotes. Recibe o nome de corredoiro por se-lo día da corrida do galo. É o domingo da sesaxésima, domingo anterior ó de entroido. En Pobra de Trives, os pais que tiñan fillos na escola acostumaban regalarlle en tal ocasión un galo ó mestre, con ocasión do domingo corredoiro. Para escolle-lo rapaz que llo ía dar, enterraban o galo na terra, coa cabeza fóra, e tapándolle os ollos ós rapaces. Aquel que atopara o galo era quen llo daba ó mestre. Vicente Risco di que o mesmo costume tiñan en Allariz. Noutros lugares era este o día no que se corrían as olas, e de aí o nome de domingo oleiro. En Castro Caldelas corríanse as maulas, carreira entre veciños atados polas costas.
Que costumes eh! algunhas xa se perderon pero ainda se conserva o noem que se lle da´ao domingo antes do de entroido.
Pero aquí temos outro dos nosos costumes que ainda mantemos: OS MANDADOS DO MECO
O venres chegou ao cole para quedarse estes días
"DON LIMPIÑO ", o Meco que vén supervisar como vai indo o entroido e se non vai ben....
E aquí tedes para mañá LUNS:
"Por adiante ou por detrás , un mandil traerás"

venres, 1 de febreiro de 2013
O noso día da Paz
Un día especial que compartimos co CEIP Carballal, con intercambio de chapas, marcapáxinas e videos das coreografías das cancións da Paz, unha mágoa que por falta de presuposto non puideramos xuntarnos nun cole como os outros anos, pero ainda así sentímonos moi preto!
Crocaio andivo moi atarefado e fixo algunhas fotos do acto de lecturas das VIDAS POLA PAZ que preparamos por ciclos. Aquí tedes ao segundo ciclo lendo a vida de Rigoberta Menchú.
A selección de libros foi de libros de amizade, de amigos, hai moitísimos. Anímate a pedilos na BIBLIOCROCAIO!
Vicente Ferrer foi a investigación que fixo o alumnado do terceiro ciclo.
Fixemos os marcapáxinas das Vidas pola paz para intercambiar co cole de Carballal,faise así:
Crocaio andivo moi atarefado e fixo algunhas fotos do acto de lecturas das VIDAS POLA PAZ que preparamos por ciclos. Aquí tedes ao segundo ciclo lendo a vida de Rigoberta Menchú.
A selección de libros foi de libros de amizade, de amigos, hai moitísimos. Anímate a pedilos na BIBLIOCROCAIO!
Vicente Ferrer foi a investigación que fixo o alumnado do terceiro ciclo.
E.Infantil: Nelson Mandela.
1º Ciclo. Teresa de Calcuta.Fixemos os marcapáxinas das Vidas pola paz para intercambiar co cole de Carballal,faise así:
mércores, 30 de xaneiro de 2013
INVESTIGAMOS SOBRE O NOSO ENTROIDO
Webquest do entroido de Vigo
Elaborada por Rosa González Blanco - CEIP O Pombal de Vigo
Elaborada por Rosa González Blanco - CEIP O Pombal de Vigo
O entroido é unha festa moi divertida , a súa celebración é unha tradición moi arraigada en galicia que se celebra de distintas formas en aldeas,vilas e cidades.
Si te adentras nesta Web Quest aprenderás moitas cousas desta festa tradicional na nosa cidade e ademais pasaralo moi ben!
Merdeiros : típico disfraz de Vigo
Merdeiros : típico disfraz de Vigo
sábado, 26 de xaneiro de 2013
venres, 25 de xaneiro de 2013
Fina Casalderrey. Unha escritora de L.I.X. na RAG
A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria. Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a LITERATURA INFANTIL e XUVENIL. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!
martes, 22 de xaneiro de 2013
domingo, 20 de xaneiro de 2013
Fina Casalderrey ELEXIDA para a REAL ACADEMIA DA LINGUA
A escritora pontevedresa Fina Casalderrey Fraga, que ocupa a portada do noso Blog, foi elexida para formar parte da Real Academia da lingua Galega
institución que traballa moito en prol da nosa lingua .
Na BIBLIOCROCAIO alegrámonos moito con esta nova porque con Fina Casalderrey entrará na Academia a literatura infantil e xuvenil e porque algúns dos seus libros están entre os nosos favoritos:
O misterio do Faro Vello, Chamizo , Dúas bágoas por Máquina,A lagoa das nenas mudas,
O misterio dos fillos de Lúa, Bicos de prata ...
Noraboa Fina !!!

xoves, 17 de xaneiro de 2013
30 Xaneiro : DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA
O 30 de Xaneiro celebraremos o Día escolar pola PAZ e a NON VIOLENCIA
Con este xogo -Lim que nos envía Mick desde o seu recanto do cole de Costa-Castrelos podemos aprender moitas cousas sobre a Paz. Animádevos a facelo ata o final!
>Moitas grazas Julia!
Con este xogo -Lim que nos envía Mick desde o seu recanto do cole de Costa-Castrelos podemos aprender moitas cousas sobre a Paz. Animádevos a facelo ata o final!
>Moitas grazas Julia!
domingo, 13 de xaneiro de 2013
"O mundo é grande".Mamá Cabra
Este ano malia a traballar no proxecto da BIBLIOCROCAIO sobre o noso barrio: SAMPAIO,
temos moi presente que somos cidadáns do mundo, sen fronteiras que nos separen e con cancións tan fermosas como esta de MAMÁ CABRA que escollemos para aprender e cantar o día da Paz.
Tédela tamén na páxina de Cancións.

sábado, 12 de xaneiro de 2013
Premios: Nós tamén creamos. CRTVG
Estas foron as tres curtametraxes premiadas no concurso "Nós tamén creamos", promovido pola editorial OQO e a TVG, hoxe víronse no Xabarín Club.
É un marabilloso traballo de nenas e nenos de 1º e 2º ciclos e dos seus mestres e mestras. Parabéns para vós! Sodes uns verdadeiros profesionais !
Se queredes ver máis curtas AQUÍ
luns, 7 de xaneiro de 2013
LIBRO E LECTURA 2013, CALENDARIO
Calendario que miraremos moitas veces ao longo deste 2013 e que nos vai lembrar as datas máis importantes relacionadas co libro, cos autores e coas lecturas na nosa lingua.
O teatro de Roberto Vidal Bolaño será o protagonista do "Día das Letras Galegas 2013"
Pero polo de agora podemos xogar co LIM do conto O Coelliño Branco, feito como non por Belén Junquera, premendo na súa portada:

mércores, 2 de xaneiro de 2013
Contos para traer os Reis
A fermosa Carta dos Reis escrita pola poeta Andrea Porto lémbranos que deixemos un agasallo na nosa lingua, un libro en galego, porque é unha lingua milenaria que non debemos deixar perder e que ten fermosas palabras como as que ela emprega no seu poema:
Papaventos no padal
Nenas, nenos, nais e pais
escoitade atentamente,
resolvede esta adiviña
chegada dende Oriente:
Derrétese na boca
e non é xeado,
que estaría moi frío
nestas datas do ano.
Debuxa bolboretas
que beliscan no ceo
das nubes anaquiños
parádevos a pensar:
quen voa papaventos
no noso padal?
É a música que todos
levamos dentro,
que nos arrola
nas noites de inverno.
A lingua das cantigas,
das coplas e refráns,
o agasallo perfecto
para este Nadal.
Os libros que escolleron as profes para ler neste Nadal foron os seguintes:
Para 6º curso:
Para todo Infantil: O Carballo con Botas, posteriomente teremos un contacontos sobre este libro.
Primeiro e segundo cursos lerán :
Terceiro e cuarto terán tamén ao autor: Silvestre Gómez Xurxo para contarlles como fixo o seu libro.
Papaventos no padal
Nenas, nenos, nais e pais
escoitade atentamente,
resolvede esta adiviña
chegada dende Oriente:
Derrétese na boca
e non é xeado,
que estaría moi frío
nestas datas do ano.
Debuxa bolboretas
que beliscan no ceo
das nubes anaquiños
para facer caramelos.
Se aínda non o sabedesparádevos a pensar:
quen voa papaventos
no noso padal?
É a música que todos
levamos dentro,
que nos arrola
nas noites de inverno.
A lingua das cantigas,
das coplas e refráns,
o agasallo perfecto
para este Nadal.
Os libros que escolleron as profes para ler neste Nadal foron os seguintes:
Para 6º curso:
Para todo Infantil: O Carballo con Botas, posteriomente teremos un contacontos sobre este libro.
Primeiro e segundo cursos lerán :
mércores, 26 de decembro de 2012
Contos para contar
O LIBRO DOS REIS
"O Libro dos Reis" é un libro de discursos para os Reis Magos, editado por Galaxia,
conta con cartas dos reis magos en galego realizadas por vinteseis coñecidas
escritoras da literatura galega
Realizouse co obxectivo de facilitarlle aos Reis Magos a tarefa de falarlles aos nenos nas cabalgatas.
Para iso van distribuírse entre os distintos concellos pola Rede de Dinamización Lingüística.
Se vos interesa, podedes descargalo de balde, premendo aqui
Propostas de contos para ler:
Guía de recomendacións Decembro 2012, elaborada polo Centro Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Salamanca da Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
conta con cartas dos reis magos en galego realizadas por vinteseis coñecidas
Celia
Parra Díaz
Eva
Lozano Carpente
Yolanda
Castaño
Elena
Gallego Abad
Antía
Otero
Rosalía
Morlán Vieites
María
Canosa
Lupe
Gómez
Ledicia
Costas
Concha
Blanco
Teresa
González Costa
Rosa
Aneiros
Oriana
Méndez
Helena
Villar Janeiro
Beatriz
García Turnes
Andrea
Porto Mato
Clara
do Roxo
María
Solar
Paula
Carballeira
Dores
Tembrás
Inma
López Silva
Mercedes
Queixas Zas
Anxos
Sumai
Fina
Casalderrey
Ana
María Fernández
Rosa
Golmar
e con fermosas ilustracións de Marina Seoane.
Realizouse co obxectivo de facilitarlle aos Reis Magos a tarefa de falarlles aos nenos nas cabalgatas.
Para iso van distribuírse entre os distintos concellos pola Rede de Dinamización Lingüística.
Se vos interesa, podedes descargalo de balde, premendo aqui
Contar contos aos nosos fillose netos é unha actividade moi especial na que disfrutan os nenos e nenas e tamén os maiores.
Contos arredor do microondas, pretende darnos consellos e estratexias para narrar contos na casa.
É
unha publicación que se encadra dentro
do espectáculo O señor das dunas, un contaconto dirixido a todos os públicos que forma parte do programa FalaRedes.
Pódese descargar premendo aquiPropostas de contos para ler:
Guía de recomendacións Decembro 2012, elaborada polo Centro Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Salamanca da Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
luns, 24 de decembro de 2012
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)