Presentación do video sobre o inmenso traballo sobre Rosalía de Castro levado a cabo polo alumnado do 2ºCiclo e a súa titora:a profe Ana.
Inmenso,porque ademais de investigar, memorizar, recitar, copiar, cantar, debuxar e facer flores de papel para agasallar xunto cun poema ao resto do alumnado do colexio, tamén visitaron a gardería infantil do noso barrio: Sampaio, para compartir cos máis pequeniños do barrio a vida e a obra de Rosalía e recitarlles cadanseu poema.
O que ides ver é moi resumido todo ese traballo.
Parabéns!!
Recollido do Blogue dos peques, a visita de Miguel Angel Alonso Diz co su obradoiro sobre Rosalía: Ola Ríos, Ola Fontes:
By Slide.ly - SlideShow Maker
venres, 17 de maio de 2013
mércores, 15 de maio de 2013
Letras galegas 2013:
Vida e obra de Roberto Vidal Bolaño: "Letras galegas 2013"
XOGOS LIM POR CICLOS PARA ESTES DÍAS:
INFANTIL:
2º CICLO:
3º CICLO:
XOGOS LIM POR CICLOS PARA ESTES DÍAS:
INFANTIL:
3º CICLO:
sábado, 11 de maio de 2013
Cartas a Ratón Pérez
Os nenos e nenas do primeiro Ciclo estivemos uns días lendo entre todos este fermoso libro.Gustounos moito e por iso queremos recomendárvolo.
É un libro de Antonia Ródenas con ilustraciónss de Carme Solé Vendrell de "Sopa de Libros" da editorial Anaya.
Un gato chamado Manchas Negras non tiña dentes. Como non podía facer moitas cousas mandoulle tres cartas a Ratón Pérez.
Na primeira contoulle que non tiña dentes e quería llos puxera Ratón Pérez. Este non contestou porque pensou que era mellor para os ratos que un gato non tivese sin dentes.Na segunda Manchas Negras dixo que non podía comer comida, só papiñas.
E na terceira mencionoulle que non podía cantar no coro dos gatos cantores, que era o que máis lle gustaba. A Ratón Pérez deulle moita tristeza ler estas cartas e decidiu axudarlle.
Se premedes neste ratiño poderedes imprimir moitos debuxos do Ratón Pérez para colorear:
E aquí tedes un xogo do Ratiño para disfrutar nesta fin de semana:
martes, 7 de maio de 2013
luns, 6 de maio de 2013
Aí vén o maio de flores cuberto....
Despois do mes dos libros, comezamos as actividades do mes das letras.
Durante unha semana tivemos a interesante exposición de paneis Coidamos o noso mar .
Tamén pasou pola BIBLIOCROCAIO o Consello regulador da Mel de Galicia para mostrarnos como se produce o mel.Visita a súa páxina e atoparás receitas con mel...e máis cousas.
Agardamos o apadriñamento lector: contar contos aos máis pequenos: En Sampaio contamos tod@s.
Ide preparando os contos xa que faremos a lectura o día 16, ese día, ademais da presenza no cole do escritor Silvestre Gómez haberá sorpresas que iremos desvelando de vagar...
En 1963, a Real Academia Galega decidiu que se declarase o día 17 de maio de cada ano como "Día das Letras Galegas", unha data que conmemora a publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.
Cada 17 de maio, Galicia celebra as nosas letras e a nosa lingua. Cincuenta anos despois da publicación cada ano dedicamos este día a unha figura significativa das nosas letras.
Este ano, o elixido foi o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, figura fundamental na construcción do teatro galego.
Pechamos abril e chegou maio con todas estas actividades:Tamén pasou pola BIBLIOCROCAIO o Consello regulador da Mel de Galicia para mostrarnos como se produce o mel.Visita a súa páxina e atoparás receitas con mel...e máis cousas.
A Biblicrocaio contou o venres día 3 co "Obradoiro de igualdade"
Ese mesmo día contamos coa presenza do escritor
Miguel Ángel Alonso Diz, que nos ofreceu o seu obradoiro "Ola Ríos, ola fontes!! e que nos deixou estes agasallos. Moitas grazas Miguel!
Pronto falaremos do seu novo libro pero xa podedes ir mirando algo premendo aquí.
Ese mesmo día contamos coa presenza do escritor
Miguel Ángel Alonso Diz, que nos ofreceu o seu obradoiro "Ola Ríos, ola fontes!! e que nos deixou estes agasallos. Moitas grazas Miguel!
Pronto falaremos do seu novo libro pero xa podedes ir mirando algo premendo aquí.
Agardamos o apadriñamento lector: contar contos aos máis pequenos: En Sampaio contamos tod@s.
Ide preparando os contos xa que faremos a lectura o día 16, ese día, ademais da presenza no cole do escritor Silvestre Gómez haberá sorpresas que iremos desvelando de vagar...
mércores, 1 de maio de 2013
Charla para Nais e Pais na BIBLIOCROCAIO: INTERNET
MARTES 07 DE MAIO AS 16 OO horas.
O CEIP Eduardo Pondal, participa no III Plan Director.
Un policía especializado acude ao centro en dúas etapas moi enriquecedoras, a primeira dirixida ao alumnado do terceiro ciclo de educación primaria e a segunda dirixida a todos aos pais-nais interesados en coñecer os problemas e riscos de internet.
Dado o INTERESE DO TEMA ESPERAMOS CONTAR COA VOSA PRESENCIA.
A charla será no CEIP EDUARDO PONDAL

sábado, 27 de abril de 2013
Día do Libro, actividades
Exposición e concurso con moito éxito!
Contacontos: Ana Carreiro.
Charla para formación de usuarios:
Contacontos:
Obradoiro de arte:
Investigación:
E tamén recollemos os carnets de usuario.
Aquí tedes o Conto Nadarín de Leo Lioni que foi un dos que nos contaron.
Visita excepcional que recomendamos e ademais a tod@s tamén que utilicedes o servicio de préstamo ou a sala de lectura tan luminosa e agradable.
Moitas grazas ás amables bibliotecarias da Biblioteca Xosé Neira Vilas.
Contacontos: Ana Carreiro.
Contacontos : Manuel Solla.
Visita de todo o alumnado á Biblioteca Pública Xosé Neira VilasCharla para formación de usuarios:
Contacontos:
Obradoiro de arte:
Investigación:
Aquí tedes o Conto Nadarín de Leo Lioni que foi un dos que nos contaron.
Visita excepcional que recomendamos e ademais a tod@s tamén que utilicedes o servicio de préstamo ou a sala de lectura tan luminosa e agradable.
Moitas grazas ás amables bibliotecarias da Biblioteca Xosé Neira Vilas.
luns, 22 de abril de 2013
A exposición do Día do Libro
Participa no concurso da Bibliocrocaio!!
Busca as solucións na exposición de libros.
Responde correctamente a estas preguntas , leva as respostas á Biblio e agasallo seguro!!
1-Cantas protagonistas femininas aparecen nestas portadas?
2- Cal é o título que ten o nome dun músico?
3- Cal é a portada repetida?
4- A que dous lugares viaxa Maxi?
5- Que título contén un diminutivo?
6- Que dous títulos son de cómic?
7- Cales son os dous títulos de Eric Carlé ?

Elixe o teu marcapáxinas
Hai máis, preme:
sábado, 20 de abril de 2013
23 de abril: Día do Libro
"Este
día brinda a oportunidade de reflexionar xuntos sobre o mellor xeito de
difundir a cultura escrita e de permitir que todas as persoas, homes,
mulleres e nenos, accedan a ela, mediante a aprendizaxe da lectura e o
apoio ao oficio da edición, as librarías, as bibliotecas e as escolas.
Os libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a
cultura e a información en todo o mundo"
23 de abril 2013: Día mundial do Libro
Lecturas recomendadas de ABRIL:
Se premedes na imaxe de Area e María iredes á páxina de Pinterest onde CROCAIO fixo unha selección de libros para conmemorar o día mundial do Libro, a maioría novidades, para que saibades que ler ou que comprar para facer un agasallo.
Todos están na exposición da entrada pero iremos dando pouco a pouco reseñas de cada un.

mércores, 17 de abril de 2013
Actividades no mes dos Libros
22 de Abril Contacontos na BIBLIOCROCAIO:
Manuel Solla a partir das 12,30, para 3º,4º,5º e 6º.
25 de Abril: Visita á BIBLIOTECA Pública XOSÉ NEIRA VILAS
As actividades programadas ao longo do curso no proxecto anual da Bibliocrocaio: Sampaio, un barrio para medrar , ler e falar inclúen a visita á biblioteca pública que está moi pertiño do noso barrio: a Biblioteca Xosé Neira Vilas , que pola súa grande actividade é unha referencia para nenos e nenas dos seus arredores.
Ofrece ademáis de préstamos variados, contacontos, obradoiros, internet, prensa..., unha sala con amplos ventanais que a fai moi agradable e o bo traballo diario das bibliotecarias.
Durante este curso 2012/13 a Biblioteca X. Neira Vilas presenta o Programa para escolares: Descubrindo as artes, co que pretenden dar a coñecer á comunidade educativa os servizos e recursos cos que contan.
É unha Biblioteca con grande interese por establecer colaboración coa escola e así complementarse.
Visitarémola o día 25 de abril, en dúas sesións, primeiro os maiores e a partir das 12 h. os nenos e nenas de Infantil e primeiro Ciclo.Xa vos contaremos!
ADEMAIS tamén:
Durante toda a semana teremos unha Exposición de Novidades e un mural con portadas coloreadas por todos os nenos e nenas do cole e CROCAIO está preparando un concurso sobre pistas que aparecen nos libros dese mural, estade moi atentos porque as preguntas aparecerán aquí, no blog, o día 22 e só teredes o día 23, o Día do Libro, para respostalas.
Haberá un libro para todos os que contesten ben!!
E ainda máis, estamos preparando a canción da Bibliocrocaio , coa música da cucaracha ...xa veredes que chuli!!
Tamén temos prevista para a primeira semana de maio a visita do escritor Silvestre Gómez Xurxo, autor do tibro Ti non xogas!, que leron no segundo Ciclo.

Xa temos as solicitudes de carnés preparadas para enviar unha semana antes para que nos reciban cos carnés da Biblioteca preparados e poder participar dos seus servizos.
Programa para escolares Descubrindo as artes
Educación Infantil:
Cabalos azuis,vacas amarelas
Educación Primaria :
1º Ciclo: Domando as cores de Miró
2º Ciclo: Tras as pegadas dos artistas
3º Ciclo: Un museo na Biblioteca.
Preme para visitar o Museo Virtual do CEIP de Palmeira
Durante toda a semana teremos unha Exposición de Novidades e un mural con portadas coloreadas por todos os nenos e nenas do cole e CROCAIO está preparando un concurso sobre pistas que aparecen nos libros dese mural, estade moi atentos porque as preguntas aparecerán aquí, no blog, o día 22 e só teredes o día 23, o Día do Libro, para respostalas.
Haberá un libro para todos os que contesten ben!!
E ainda máis, estamos preparando a canción da Bibliocrocaio , coa música da cucaracha ...xa veredes que chuli!!
Tamén temos prevista para a primeira semana de maio a visita do escritor Silvestre Gómez Xurxo, autor do tibro Ti non xogas!, que leron no segundo Ciclo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)