sábado, 23 de xuño de 2012

Ler no verán...


 Aprezadas familias;

Chega o verán, pronto poderemos disfrutar de todo ese deporte olímpico que traballamos ao longo do curso. Entre TODOS fixemos da Biblioteca un lugar cheo de cor, imaxinación e vida.
Foi moi especial este curso disfrutar da visita de Fina Casalderrey, pero o libro máis especial do ano  foi o que fixemos  sobre os Xogos Olímpicos .
Agora disfrutade das merecidas vacacións facendo algo de deporte e tamén algo de lectura.
Escollemos para vós uns cantos  libros  fantásticos, premendo na imaxe da súa portada atoparedes máis información sobre cada un.
Tamén  vos deixamos unha páxina Web especial para papis e mamis : www.solohijos.com.


Para os máis pequenos, Infantil e 1º Ciclo, primeiros lectores:
 AUDIOCONTOS de Galaxia: Os contos de toda a vida con CD
           Oso atrapabolboretas. Susana Isern

Se eu fose un gato.Paloma Sánchez
A Familia Caravana.Pepe Carreiro
Pulse para ampliar la imagen
O aniversario de Pupi . María Menéndez.
Se vende papá.Care Santos

O gran libro dos medos de Rato Pequeno
 Para lectores afianzados 2º e 3º ciclo:

Juegos y pasatiempos para días de sol. Los Simpson.
LOS SIMPSON: JUEGOS Y PASATIEMPOS para dias de sol









O misterio do Faro Vello. Fina Casalderrey


Esperando o leiteiro. Xosé Neira Vilas

A chave da Atlántida. Anxo Fariña.
A chave da Atlántida
Xoeliki. Abrahan Carreiro


Cartas de amor de 0 a 10. Susi Morgestern

 Lede e xogade moito cos vosos fillos e fillas este verán!!
Felices vacacións!!










xoves, 21 de xuño de 2012

Fotos excursión fin de curso

Aquí tedes algunhas das fotos destes días tan cheos de actividades interesantes. Premede nelas para ver máis. Arriba as alumnas de patinaxe na súa exhibición final.
Abaixo no Parque forestal de Beade, perto do Colexio Universitario de Vigo, un parque con vistas excepcionales á Ría de Vigo e con moitas posibilidades para pasar un bo día de campo. E non nos pillou a chuvia!

venres, 15 de xuño de 2012

Vídeo de animación á lectura realizado desde a biblioteca do IES Chano Piñeiro de Forcarei.

 "Fomentamos a lectura porque cremos nela como un Valor. Ese Valor ausente na nosa sociedade de consumo sen reparos en ser deshonestos cunha soa relixión: o diñeiro.

Cremos na lectura como solución. Cremos na lectura como viaxe, como multiplicación, como evasión, como interese, como sabedoría.
 Cremos na lectura como universo. Como o don da racionalidade, da fantasía, da grandeza, do horizonte sen fin.
 Cremos na lectura como CULTURA.

E sobre todo cremos na lectura no noso idioma, na nosa lingua."

Adaptación do tema de Manu Chao "Clandestino" (Virgin France). Letra: Gracia Santorum e Anxo Fernández Voz: Anxo Fernández Edición e montaxe: Anxo Fernández.

Grazas ao IES Chano Piñeiro por compartir este traballo.

mércores, 13 de xuño de 2012

Lendo na natureza: en galego.

 Saimos ao patio na hora de ler, todo estivo moi ben organizado porque é unha actividade que xa fixemos outras veces e que disfrutan facéndoa, tanto os que len como os que escoitan.
Os patios de recreo enmudecen , escoitase a música "Juego de niños" de Bizet, hai un leve rumor de fondo. O sol acompaña sen molestar e resulta un placer ver as cariñas e os oídos prestando atención ao seu padriño ou madriña contadores e tamén nos resulta moi grato sentir o esforzo dos que len para facer agradable a lectura ao outro.
A suxerencia de traer un pequeno peluche para acompañar foi seguida maoiritariamente e no  video da actividade podedes velos .
Vese nas súas caras que a lectura engaiola, por eso recomendamos que contedes contos, todos os que poidades mentres teñan idade de escoitarvos, ademais de aprender disfrutaredes moito, non importa a idade!

Lendo na natureza: en galego. on PhotoPeach

Marcos S. Calveiro Premio Merlín 2012

O escritor Marcos S. Calveiro co seu libro Palabras de auga gañou este ano o premio Merlín de literatura infantil e xuvenil. A súa novela conta unha historia africana, o protagonista un neno chamado Amadou de once anos conta as experiencias que vive a causa da fame, a sequía e a explotación dos nenos polo traballo nas minas.Un neno coma calquera outro coas súas inquedanzas de neno pero vivindo nunha realidade moi dura na que a vida non é máis que unha aventura diaria na súa loita pola supervivencia. Escrita coa fluidez necesaria para que sexa lida polos nenos e nenas a partir de nove anos, conta cun montón de palabras en swahili que van sendo explicadas ainda que engade un pequeno diccionario aofinal como curiosidade.
Reside en Vigo,onde traballa como avogado. Comezou a publicar de forma serodia, con máis de 35 anos, e fíxoo inicialmente no eido da literatura infantil e xuvenil. Tamén ten escrito poesía e, en 2008 publicou a súa primeira novela dirixida a un público adulto, Festina lente. En decembro de 2009 gaña o premio Lazarillo cunha novela en galego.

Outras obras de Marcos Calveiro coas que podedes disfrutar e descubrir novos mundos e que son de recomendación en moitos institutos son:






Na entrega dos premios Merlín lembramos a figura doutro escritor moi importante da nosa lingua : Celso Emilio Ferreiro, poeta de Celanova do que este ano celebramos o centenario do seu nacemento.
Aqui vos deixo un Edilim feito por Julia Pérez para que xoguedes e coñezades algo máis da súa vida e obra. Premede no selo.

domingo, 10 de xuño de 2012

PREMIO MERLÍN -XERAIS


Onte, sábado día 9 de xuño, tivo lugar na Illa de San Simón, en plena Ría de Vigo, a entrega dos premios de Literatura de Xerais: o Merlín de literatura Infantil e Xuvenil e o premio de Novela. Tiven a sorte de formar parte do xurado que otorgou os premios e aí me vedes á beira de escritoras tan destacadas como Ledicia Costas, Marilar Aleixandre, axeonllados están Anxo Fariña e Fran Alonso e no medio, como non, os gañadores: Marcos Calveiro, o gañador do Merlín e  Manuel Lorenzo e a súa filla María Lorenzo, pai e filla gañadores do premio de novela; aparecen tamén na foto os representantes de Xerais e outros membros do xurado.
O día estivo gris e chuvioso.O meu agradecemento a Xerais por permitirme compartir esta ocasión con persoeiros tan importantes da literatura galega e por animarnos, unha vez máis, a escribir e a ler na nosa lingua e a defendela nestes dificiles tempos de "primas " e "rescates".
 Xurxo Souto animou a velada co seu acordeón e coa súa lembranza dos cen anos do nacemento de "Celso Emilio Ferreiro", poeta galego de Celanova. Xurxo fixo que batésemos palmas e cantásemos a coro o seu "Como un irmau che falo" o
fermoso poema, que fala de amizade e de union entre persoas que pensan diferente e que  podemos escoitar nas voces de Fuxan os Ventos.



sábado, 9 de xuño de 2012

Libro Olímpico colectivo


Aquí tedes unha pequena  mostra do traballado nas aulas de E.Infantil e  E.Primaria ao longo do curso sobre o tema do noso proxecto de Biblioteca: Os Xogos Olímpicos
Ler, un deporte saudable. Xogos Olímpicos Londres 2012 on PhotoPeach


Esperamos que vos guste!!

mércores, 6 de xuño de 2012

Se premes nesta fermosa BUBELA podes facer o Lim sobre os paxaros de Galicia e así coñecerás moitos dos paxaros que podemos escoitar polo noso fermoso barrio de Sampaio.
Tamén che pode axudar o libro de Anxo Fariña As linguas dos animais publicado por A nosa terra e no que ademais de paxaros debuxa outros animais como elefante, panteira, musaraña, ra, corvo etc.. e nos ensina como se chama o son que fai cada un .
 A ver se adiviñas como fai o grilo?                 
      E o oso?

 Sabes que animal é este e como se chama o son que fai?
 Se pasas pola Biblio poderás descubrilo!!

luns, 4 de xuño de 2012

Xogo de Comprensión Lectora para 1º curso.

LiM cedido polo CEIP Agro do Muiño

ACTIVIDADES DE LECTURA E COMPRENSIÓN, FEITAS EN LIM, SOBRE O CAPITULO DE "EL HELADO" CORRESPONDENTE AO LIBRO "SAPO Y SEPO, UN AÑO ENTERO" DE ARNOLD LOBEL,  EDITADO POR ALFAGUARA INFANTIL









domingo, 3 de xuño de 2012

Ler na Natureza

LENDO NA NATUREZA    MAIO 2012

Lemos en GALEGO, a nosa homenaxe ao escritor Valentín Paz Andrade.
-    6º Ailén  -  3 ANOS Samuel Vega –  2º Xabier
-          6º Diego -  3 ANOS Daniela Vázquez –  2º Aarón
-          6º Andrea  - 3 ANOS Daniela Toimil –  2º Alexander
-          6º Amanda - 3 ANOS Eduardo –   2º Verónica
-          6º Laura Madelen – 3 ANOS Pablo –  2º Gael
-          6º Lucas – 3 ANOS Sergi  –  2º Alejandro Lobato
-          6º Laura Montenegro – 3 ANOS  Zaira – 2º Óscar Otero.
-          6º Adrián  Posada – 3 ANOS Kevin– 1º Álvaro
-          6º Jennifer – 3 ANOS Paula – 1ºEva
-          6º Nicolás –4 ANOS Samuel de Sousa – 1º Daniel Fernández

-          5º Andrés - 5 ANOS   Isabel
-          5º José –  5 ANOS   Elena
-          5º Laura –    5 ANOS Uxía 
-          5º Alba –   5 ANOS   Naiara Blanco
-          5º Samuel – 5 ANOS  Raúl  - 1º Lian         
-          5º Daniel –  5 ANOS  Noelia -   1º Gabriel
-          5º Victor –  5 ANOS  Javier      -  1º Roy
-          5º Máximo –  5 ANOS  Sandra - 1º Gil
                    
-          4º David Almeida – 5 ANOS   Lola
-          4º Carolina –  5 ANOS   Pelayo         
-          4º Adrián Collazo – 5 ANOS   María
-          4º Joseph –   5 ANOS   Iván
-          4º David Fernández –  5 ANOS   Ángel
-          4º Claudia - 4 ANOS  Ainhoa
-     4º Ana Belén –  4 ANOS   Melani
-          4º Óscar – 4 ANOS  Candela
-          4º Raúl – 4 ANOS  Natalia
-          4º Noemí – 4 ANOS Mara  
-          4º Breogán –  4 ANOS Mara  
-          3º Lucía –  4 ANOS Naiara
-           3º Damián - 4 ANOS  Alba 
-            3º Antía – 4 ANOS  Lucía
-          3º Area - 4 ANOS  Sabela
-          3º Mario –   4 ANOS Aitana                
-          3º Asier –  4 ANOS Omar    



       

venres, 1 de xuño de 2012

Domingo 3 de Xuño

A asociación A Golpe de Pedal realizará durante este ano 2012, unha serie de
rutas en bicicleta pola cidade de Vigo, os seus barrios e lugares de interese
como praias, parques ou museos.
Rutas mensuais , nalgún  caso coincidente coa
celebración de días significativos a nivel local, europeo e mundial.
Esta actividad non está dirixida só soci@s sinon a  nen@s, xóvenes e adult@s que desexen participar.
Pretenden:
   1. Promocionar o uso da bicicleta como hábito saudable e respectuoso co medio ambiente.
   1. Fomentar la educación vial entre os máis pequenos e os máis xóvenes.
   1. Disfrutar en bicicleta da nosa cidade e os sus barrios facendo
   deporte en familia.
  Este domingo día 3 de junio  celebrarán o día do MEDIO AMBIENTE.
                      Haberá agasallos para os máis pequenos!!
Máis información  http://agdpvigo.net/

mércores, 30 de maio de 2012

Contos de nais


 LEMBRADES ESTE CONTO?
Mirade con atención a adaptación do
 conto " A toupiña que quería saber quen lle fixera iso na cabeza" de Werner Holzwarth, realizado por un grupo de nais/pais do Ceip Condesa de Fenosa.



Gracias ao profe Joaquín por compartir este fermoso traballo.

martes, 29 de maio de 2012

ALINE Frazao

Hoxe fíxonos unha visita Aline Frazao, cantante angolana que nos engaiolou coa súa palabra e a súa fermosa voz.
Aí vai unha mostra:
 
        ¿Que opinades vós?


venres, 25 de maio de 2012

 Compartimos do Blogue Arquivos do Trasno esta valiosa información e noraboa polo traballo realizado, sobre os Xogos Olímpicos modernos.
A profe Matilde,que nolo envía quere destacar,
para que vos fixedes,
" a interpretación dun grupo de 12 alumnos
"non virtuosos da música" tocando con "carrillóns" un tema de Vangelis,
ou
a lectura de textos de dous alumnos, un deles de diversificación e
outro repetidor. Lémbranos que: "Ese é o espíritu olímpico, non se trata só de sacar
medalla, senón de participar e facelo o mellor posible."
"O importante é participar"
Espero que vos guste!

mércores, 23 de maio de 2012

O Venres CINE!!!

Copito de Nieve non só é especial por ser o único gorila albino coñecido no mundo, sinon polo interese que espertou dende a súa chegada ao Zoo de Barcelona en 1966. 
Comprado polo profesor Jordi Sabater a uns cazadores, o primate convertiuse moi pronto nun símbolo da cidade e faleceu no 2003, como consecuencia dun cáncer de pel.
 O gorila máis popular do Zoo de Barcelona chegou ás nosas pantallas no inverno de 2010 para protagonizar un film no que están presentes diferentes escenarios de Barcelona. Mezcla animación, 3D e imaxe real.
 O filme de aventuras, pretende preservar a memoria do primate albino e transmitir valores como o esforzo,o compañeirismo e o respecto á natureza. 
Copito de Nieve en agosto de 2010




domingo, 20 de maio de 2012

Un soño na bandexa

O pasado 2 de abril celebrouse o Día Mundial de concienciación sobre o autismo.
Hai uns día e por xentileza do Departamento de Normalización lingüística do Concello de Vigo chegou ao cole este libro:
Un conto con pictogramas que facilitan a aprendizaxe e o entretemento de nenas e nenos con autismo, publicado pola editorial Galaxia, Un soño na bandexa, de Mariné Lorenzo con ilustracións de Ana Francisco e Jorge Vázquez.
Este conto é unha oportunidade para a integración e tamén para o uso do galego. 
Texto breve en verso no que a protagonista  pide ao camareiro: unha taza de chocolate quente cun  vasiño de anís, pero tamén un sorriso grande, un abrazo forte de amigo envolto en caramelo tostado, un día de moito frío para compartirlo e un bico de doce de merengue. E o camareiro ....Un soño compartido por lectores e lectoras....

Os dereitos da autora orixinados pola venda deste libro están destinados á Fundación Menela.

Crocaio déixavos un interesante vídeo sobre autismo:

venres, 18 de maio de 2012

!8 e 19 de Maio, no MARCO de Vigo

A EEI Monte da Guía, coa nosa compañeira a profe Marta recoméndannos, para hoxe e mañá unha gran festa da cultura no Museo MARCO de arte contemporáneo de Vigo na rúa do Príncipe. Alí estaremos!!

‘xabarín18’. Obradoiros infantís

Obradoiros de ilustración en torno á maioría de idade de Xabarín, e proxección dos ‘xabarretratos’ con diferentes versións do personaxe realizadas por ilustradores participantes no proxecto ‘xabarín18’
  • Para nenos/as a partir de 3 anos acompañados de persoas adultas
  • Lugar: salón de actos
  • Horarios: venres de 17.00 a 20.00 e sábado de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00
  • XABARÍN18 é un proxecto promovido polo EEI, Monte da Guía (Vigo) e CEP Sequelo (Marín), coa colaboración de Televisión de Galicia

    Xabarín, ‘o porco bravo máis famoso da televisión’, creado por Miguel Anxo Prado para o Xabarín Club da TVG, cumpriu 18 anos o 18 de abril de 2012. Con este motivo, os centros de ensino EEIMonte da Guía de Vigo e CEP Sequelo de Marín, coa colaboración de TVG, puxeron en marcha o proxecto XABARÍN18, no que 21 ilustradores galegos crearon as súas propias versións do personaxe, os ‘xabarretratos’.O proxecto cobra agora maior visibilidade con ocasión da Festa DIM no MARCO. O venres 18 e sábado 19 terán lugar obradoiros para público infantil en torno á maioría de idade de Xabarín, dirixidos por ilustradores participantes no proxecto, que colaboran de forma desinteresada nesta iniciativa, coa axuda do persoal de didáctica do Museo.

    Simultaneamente, unha proxección con banda sonora e momentos especiais do Xabarín Club, presenta a totalidade dos ‘xabarretratos’ realizados por 21 debuxantes: RAMÓN TRIGO - KIKO DA SILVADAVID AMOEDO ‘DAVIDA’ - UXÍO COUTO - PEPE CARREIRO - AUGUSTO METZTLI LUZ BELOSO - DAVID BUCETA - XOSÉ LOIS ‘O CARRABOUXO’ - ABRAHAM CARREIRO - ALBA CASTILLO - NURIA DÍAZ BERRIDE - JACOBO FERNÁNDEZ - JORGE FERNÁNDEZ PERALGABRIEL IGLESIAS - MARTÍN JARIO - IDOIA DE LUXÁNDIEGO OMIL - QUICO - ANTONIO SEIJAS - CARLOS TABOADA.

    HORARIOS OBRADOIROS 
  • VENRES De 17.00 a 18.00 obradoiro con KIKO DA SILVA
    De 18.30 a 20.00 obradoiro con DAVIDA e UXÍO COUTO

    SÁBADO De 12.00 a 14.00 obradoiro con RAMÓN TRIGO
    De 17.00 a 18.30 obradoiro con PEPE CARREIRO
    De 18.30 a 20.00 obradoiro con AUGUSTO METZLI e MARTHAZUL

Concertos de música de cámara

A cargo de alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Vigo
  • Horario: sábado ás 13.00 e ás 20.00
  • Lugar: vestíbulo de acceso a salas
  • Organiza: Conservatorio Profesional de Música de Vigo

    Con ocasión da Festa DIM, e en liña co obxectivo de ampliar as súas actividades a outros espazos culturais da cidade, o Conservatorio Profesional de Música de Vigo colabora co MARCO ofrecendo actuacións dos seus alumnos nos espazos do Museo. Concertos de música de cámara en lugares non habituais; espazos de tránsito de visitantes nos que a presenza do público se une ao son dos instrumentos.

 


xoves, 17 de maio de 2012

Paz Andrade: Galicia como tarefa




Crocaio recolleu para vós, neste día das LETRAS GALEGAS este video do IEs Lama das Quendas de Chantada, para poñer en valor o galego:

Disfrutade do día!!

mércores, 16 de maio de 2012

Na nosa hortiña

Esta semana plantamos tomates e sementamos berenxenas:
e temén recollemos as ervellas, que se chaman tamén chícharos ou guisantes:

Nas fotos alumnos de cuarto curso.


domingo, 13 de maio de 2012

Visita ao MUSEO VERBUM: Casa das palabras en SAMIL,Vigo.


 O venres o terceiro ciclo do cole, visitou o Museo Verbum en Vigo para disfrutar dun obradoiro sobre o escritor Valentín Paz Andrade , autor homenaxeado nas Letras galegas 2012.
Pasámolo moi ben e recomendamos a visita ao museo e o disfrute do marco incomparable da Praia de Samil na Ría de Vigo, coas Illas Cíes ao fondo.
Aprendemos xogando, moitas cousas sobre Castelao e Paz Andrade, así como sobre xornalismo.


OBRADOIRO PAZ ANDRADE- MUSEO VERBUM-VIGO on PhotoPeach