Preparándonos para a gran festa da nosa Biblioteca Crocaio propónnos ver este divertido capítulo de Caillou:
domingo, 21 de outubro de 2012
mércores, 17 de outubro de 2012
domingo, 14 de outubro de 2012
Xogos de outono
Na Bibliocrocaio andamos moi ocupados preparando a inauguración, faltan pouquiños días para comezar a levar libros en préstamo, Crocaio está algo preocupado porque quería saír a facerlle fotos as rúas do barrio pero non deixa de chover...
Algúns nenos e nenas xa fixeron o debuxo da súa casa, pronto os veredes na decoración da Biblio porque este ano imos a explorar o noso barrio: Sampaio, e a coñecelo moi , moi ben.
Compartiremos coas familias o noso proxecto:
Sampaio: un barrio para ler e medrar
Pero, de quen é esta casa?
E estoutra?
Ademais se premes nela poderás xogar e aprender:
La Casa de Dora

é un xogo superdivertido e educativo para nenos e nenas
especialmente a partir dos 3 anos. Dora é unha nena que fala
español e inglés enséñanos a súa casa e o que fai en cada cuarto.
- PATIO: No patio hai un xardín onde poderás plantar varias sementes velas medrar.
- SÁ DE ESTAR: Aqui atoparás un caixon con instrumentos para compoñer a melodía que máis che guste.
- DORMITORIO: Un xogo no armario, no que poderás vestir a Dora cos traxes que máis che gusten; e o outro é un bingo.
- COCIÑA: Axudaremos a Dora e ao seu pai a cociñar unhas receitas riquísimas.
Agardamos que vos guste!!
Pero despois de xogar podedes imprimir estas casas e colorealas .
De quen son?. Facil eh??
luns, 8 de outubro de 2012
Coñece a Pupi
Crocaio preséntavos hoxe a PUPI:
Pupi é un personaxe azul que vén de outro planeta pero do que vas aprender moito se xogas con el.
Pupi é un personaxe azul que vén de outro planeta pero do que vas aprender moito se xogas con el.
Este
portal web é un espacio seguro, concebido como punto de encontro de
profesores, pais e alumnos, e desde onde todos tedes acceso a
contidos variados.
Pupi é un extraterrestre moi aventureiro. Un día saiu do seu planeta Azulón e topouse ca Terra, onde está tan a gusto que decidiu quedar a
aprender todo o que saben os nenos de Primeiro ciclo de Primaria. Se Conectas con Pupi poderás entre outras interesantísimas actividades ler as fichas dos libros de Pupi para saber cal te pides para ler
venres, 5 de outubro de 2012
DEPORTE EN FAMILIA
Campaña dirixida a nenos e nenas de 8 anos no proxecto de educación sanitaria destinado a escolares, consiste na distribución dun tebeo, que pode descargarse libre e gratuitamente desde internet, e tamén distribuirse en papel nos coles.
As doenzas de costas afectannos a todos nun momento ou noutro da vida, e os estudos científicos realizados demostran que sufrilas durante a infancia aumenta o risco de padecelas de xeito permanente durante a madurez.
CROCAIO aproveita para lembrarvos que Os Bolechas están xa na Tele Galega.
PROBA AGORA CON ESTE DOADO PUZZLE:
As doenzas de costas afectannos a todos nun momento ou noutro da vida, e os estudos científicos realizados demostran que sufrilas durante a infancia aumenta o risco de padecelas de xeito permanente durante a madurez.
Será de luns a xoves, nas horas do almorzo e da merenda, e os
sábados pola mañá no programa Xabarín Club, tal como anunciou a
directora da Televisión de Galicia, na presentación
oficial das novas aventuras da popular familia. Destacou a 'importante aposta' da TVG para ofrecer
'programación infantil en galego' .
Uns personaxes que podedes coñeces premendo na súa imaxe e accedendo a un xogo de Lim, pronto todos eles estarán na Bibliocrocaio para a súa inauguración.
PROBA AGORA CON ESTE DOADO PUZZLE:
domingo, 23 de setembro de 2012
Lecturas para comezar
Lecturas compartidas do Blog BIBLIOABRAZO, que nos axudan no noso proxecto de biblioteca:
"Un barrio para ler e medrar. Crocaio en Sampaio"
Lecturas que podedes pedir prestadas na BIBLIOCROCAIO co tema do "cole":
"Un barrio para ler e medrar. Crocaio en Sampaio"
Lecturas que podedes pedir prestadas na BIBLIOCROCAIO co tema do "cole":
Colegio from Biblioabrazo
E tamén presentamos o primeiro libro que entra novo na biblio este curso, premendo na portada teredes máis información:
E tamén presentamos o primeiro libro que entra novo na biblio este curso, premendo na portada teredes máis información:
E como non un dos seus fermosos poemas:
Poema en silenzo
-Dorna feituca do berce
a navegar polo ceo
-Chsss
Silenzo,
que vai espertar o neno.
Celso Emilio Ferreiro.
CHEGOU O OUTONO
Crocaio dálle a BENVIDA ao OUTONO con poesía:
"FAFARRAIOS"
O poema desta semana escollémolo do libro FAFARRAIOS, moi axeitado polo mal tempo co que comezamos o outono, pronto o recitaremos na clase:
E aqui deixamos máis poemas de outono:
"FAFARRAIOS"
Conxunto de 33 poemas
diferentes en tamaño e protagonismo, pero cun denominador común: a
comunicación cos primeiros lectores a partir do xogo. Todo ten vida:
desde a capa de ozono a unha pataca frita, á culler, televisión, unha
cebola ou un vampiro. É posible que a pombiña vaia á escola, unha lura le o
xornal no autobús ou o voo das abellas vellas nun avión.
Autora: Gloria Sánchez
Ilustracións de Xan López Domínguez
Merlín. Xerais. Premio Merlín 1990.
O poema desta semana escollémolo do libro FAFARRAIOS, moi axeitado polo mal tempo co que comezamos o outono, pronto o recitaremos na clase:
QUERIDO OSO PELUDO
XA VÉN O FRÍO.
POÑA O ABRIGO!
POÑA O ABRIGO!
QUERIDO OSO PELUDO
XA VÉN O VENTO.
MÉTASE DENTRO!
MÉTASE DENTRO!
(Gloria Sánchez)
E aqui deixamos máis poemas de outono:
Poesías del otoño from Salvia
venres, 21 de setembro de 2012
Títeres Tanxarina
domingo, 16 de setembro de 2012
Xogos de outono
Crocaio andivo pola rede buscando xogos de outono e atopou estes dous.
A ver que vos parecen!!
Deixanos tamén dous refráns de setembro:
"Setembro é froiteiro, ledo e festeiro"
"Setembro, ou leva as pontes ou seca as fontes"
E agora un video sobre un labor propio deste mes: A VENDIMA
Deixanos tamén dous refráns de setembro:
"Setembro é froiteiro, ledo e festeiro"
"Setembro, ou leva as pontes ou seca as fontes"
E agora un video sobre un labor propio deste mes: A VENDIMA
mércores, 12 de setembro de 2012
Primeiro día de escola,curso 2012-2013.
Comezamos.
Crocaio dávos á benvida a nenos e nenas do cole e deséxavos felices lecturas!
Algunhas lecturas atoparédelas na Biblio como:
E aquí tedes unha mostra do ben que o pasamos o primeiro día, xogando claro!
Crocaio dávos á benvida a nenos e nenas do cole e deséxavos felices lecturas!
Algunhas lecturas atoparédelas na Biblio como:
E aquí tedes unha mostra do ben que o pasamos o primeiro día, xogando claro!
venres, 7 de setembro de 2012
luns, 3 de setembro de 2012
Comeza setembro e voltamos de novo á rutina. Pronto comezará o curso escolar, as profes xa voltamos ao noso traballo con moita enerxía e ganas de que Crocaio recomende xa novas lecturas, el está desexando que a Biblioteca se transforme co voso ruido.
Seguimos contando con vós para facer feliz a Crocaio, visitándoo pronto e dándolle a benvida ao novo curso.
E para empezar un poema:
Con las hojitas del tilo,
se perfuma el cocodrilo.
Con las hojas del manzano,
llega el calor del verano.
Con hojas de membrillero,
se saca brillo el sombrero.
Con las hojitas del pino,
se hace sombra el camino.
Con las hojas del peral,
te libras de todo mal.
Amén (Floral)
se perfuma el cocodrilo.
Con las hojas del manzano,
llega el calor del verano.
Con hojas de membrillero,
se saca brillo el sombrero.
Con las hojitas del pino,
se hace sombra el camino.
Con las hojas del peral,
te libras de todo mal.
Amén (Floral)
Antonio Rubio "Versos vegetales"
luns, 20 de agosto de 2012
Contando Cuentos
Tomado do CEIP Gerardo Diego de Los Corrales de Buelna en Cantabria, déixanos esta marabillosa aplicación de "Contos para o verán".
Utilizando a fabulosa colección de narracións que ofrece Esther de Lorenzo na páxina do seu programa "Contando Cuentos" de RNE-Radio5.
Primeiro premedes na imaxe e a continuación non tedes máis que pinchar sobre o lombo do conto que queirades escoitar.

martes, 14 de agosto de 2012
Chegan os Xogos Paralímpicos Londres 2012
Rematados os Xogos Olímpicos de Londres 2012, pronto comezarán os Xogos Paralímpicos, a ceremonia de apertura será o mércores 29 de agosto e se clicades na mascota paralímpica podedes obter toda a información que precisades para seguir estes xogos. España estará representada por 142 deportistas que con moito esforzo levan tempo preparando as súas mellores marcas.
En Madrid entrenou o nadador vigués Chano Rodríguez que vai participar nestas olimpiadas. Para saber un pouquiño máis da súa vida déixovos este interesante vídeo:
Espero que vos gustara a canción do grupo Muse que foi a canción oficial destes Xogos de Londres 2012.
Aquí a tedes.

mércores, 1 de agosto de 2012
Planeta Verde tamén no verán.
Aínda que estamos de vacacións, envirónnos o quinto capítulo da serie de videocontos do Planeta Verde de Sogama http://player.vimeo.com/video/46731302 para que o poidades ver.
Neste capítulo, a familia Trebón coñece a praia, o mar, os peixes, etc, e aprenden a bucear, pero descubren moito lixo nos fondos mariños, o que entristece aos peixes (os delfíns choran). Deciden recoller os residuos e deixar todo limpo (os peixes son agora felices). Tamén recordan que tras merendar na praia, hai que recoller os restos e levalos para a casa, depositalos nas papeleiras ou nos contedores específicos.
Esperamos que vos guste.
venres, 13 de xullo de 2012
Agradecemento
Mirade o que nos chegou de tan lonxe!
Aquí tedes en vídeo o libro que enviamos Colores y más colores de Rosa Serdio. A ver si vos gusta tamén a vós!
Non quixeron irse de vacacións sen agradecernos o noso humilde envío dun libro co que contribuímos a facer unha biblioteca para os nenos e nenas refuxiados nos campamentos do Sahara.
Aquí tedes en vídeo o libro que enviamos Colores y más colores de Rosa Serdio. A ver si vos gusta tamén a vós!
xoves, 12 de xullo de 2012
luns, 9 de xullo de 2012
Celso Emilio Ferreiro.Cen Anos.
"O meu primeiro Celso Emilio" from Seispés Producións Creativas on Vimeo.
Este é o magnífico booktrailer de presentación do librodisco O meu primeiro Celso Emilio, preparado por Xiana e Xose Lastra, que estará nas librarías a vindeira semana. Un proxecto para celebrar o centenario de Celso Emilio no ámbito escolar.Tomado de Brétemas.
Un libro para primeiros lectores sobre o poeta celanovés que vai acompañado dun CD cos principais poemas musicados de Celso Emilio Ferreiro.
O REI
No tempo aquil
cando os animales falaban,
decir libertá non era triste,
decir verdá era coma un río,
decir amor,
decir amigo,
era igual que nomear a primavera.
Ninguén sabía dos aldraxes.
Cando os animales falaban
os homes cantaban nos solpores
pombas de luz e xílgaros de soños.
Decir teu e meu non se entendía,
decir espada estaba prohibido,
decir prisión somente era unha verba
sin senso, un aire que mancaba
o corazón da xente.
¿Cando,
cando se perdeu,
iste gran Reino? Celso Emilio Ferreiro.
venres, 6 de xullo de 2012
Lembranzas do curso de 6º.
Homenaxe a estas estupendas personas que deixan o cole para iniciar unha nova traxectoria no instituto.
Moita sorte rapaces e rapazas de 6º!!
Para ser grande, sé entero: nada
tuyo exageres o excluyas.
Sé todo en cada cosa. Pon cuanto eres
en lo mínimo que haces.
Así en cada lago la luna entera
brilla, porque alta vive.
Fernando Pessoa
luns, 2 de xullo de 2012
Participamos na homenaxe a Agustín Fernández Paz
Aqui tedes algunha das imaxes da homenaxe, os alumnos escoitan pacientemente outras intervencións mentres agardan a súa participación, os papás están entre o público e tamén a nosa directora Dna. Inés, en primeiro plano o escritor e a súa filla, e os tamén escritores Xavier Senín, Paco Martín e X. A. Neira .
Asier leu a Cunqueiro:
Palabras de Andrea:
..."Lémbrome dos cómics que os meus irmáns e mais eu liamos unha e outra vez, nunha época en que a palabra televisión aínda nos era totalmente descoñecida.
Lémbrome dos seriais que escoitabamos pola radio, sobre todo dos que eran os meus preferidos: Superman e Unha princesa de Marte.
...
Lémbrome do andel onde o meu pai gardaba os seus libros, entre os que había títulos inesquecibles como A illa misteriosa, O escaravello de ouro ou Os tigres da Malaisia.
Lémbrome do recendo a mazá madura que había nos armarios e nos chineiros da miña casa..."
Remate do acto coa interpretación do Himno Galego, ao fondo a violinista Begoña Riobó, que acompañou a Anxo Pintos e a súa zanfona (de Berrogüeto) e á cantante Uxía, as sobriñas do escritor e as profes que participamos.
Grazas Agustín por ofrecernos aos docentes e alumnos galegos esas historias tan ben contadas que nos axudan a coñecer mundos partindo sempre da nosa realidade galega e facendo do galego unha lingua universal para escribir e ler infinitas aventuras.
Agardamos ainda moitas máis!!
Agora trobo o vento e máila lúa fría,
non o cervo do monte que a ágoa volvía.
Agora trobo o mare e máila nao veleira
non a amiga que canta só da abelaneira.
Agora trobo a lúa e máilo vento irado,
non o cervo do monte, meu amigo pasado.
Agora trobo a nao e máila mar maior,
e non aquela amiga, miña branca señor.
non o cervo do monte que a ágoa volvía.
Agora trobo o mare e máila nao veleira
non a amiga que canta só da abelaneira.
Agora trobo a lúa e máilo vento irado,
non o cervo do monte, meu amigo pasado.
Agora trobo a nao e máila mar maior,
e non aquela amiga, miña branca señor.
Palabras de Andrea:
"Agustín Fernandez Paz semella para min ser o personaxe de
Fréderik, de Leo Lioni: o rato
poeta que enche a súa despensa de raios de sol, cores de primavera e arrecendos
de verán, para poder pasar o longo inverno e contárllelo aos outros ratos , pero as súas
palabras conteñen a forza necesaria para cambiar a vida e para cambiar o mundo."
Lucas leu un texto de Agustín:..."Lémbrome dos cómics que os meus irmáns e mais eu liamos unha e outra vez, nunha época en que a palabra televisión aínda nos era totalmente descoñecida.
Lémbrome dos seriais que escoitabamos pola radio, sobre todo dos que eran os meus preferidos: Superman e Unha princesa de Marte.
...
Lémbrome do andel onde o meu pai gardaba os seus libros, entre os que había títulos inesquecibles como A illa misteriosa, O escaravello de ouro ou Os tigres da Malaisia.
Lémbrome do recendo a mazá madura que había nos armarios e nos chineiros da miña casa..."
Grazas Agustín por ofrecernos aos docentes e alumnos galegos esas historias tan ben contadas que nos axudan a coñecer mundos partindo sempre da nosa realidade galega e facendo do galego unha lingua universal para escribir e ler infinitas aventuras.
Agardamos ainda moitas máis!!
venres, 29 de xuño de 2012
Tres alumnos do noso cole
CEIP Eduardo Pondal participan
na Homenaxe Nacional ao escritor
galego Agustín Fernández Paz que
se celebrará mañá, 30 de xuño,
en Vigo.
Lucas Méndez Puga, Andrea Guisande Moreira, os dous de 6º curso e Asier Rodríguez Rodríguez de 3º curso lerán cadanseu texto na homenaxe ao escritor galego Agustín Fernández Paz .CEIP Eduardo Pondal participan
na Homenaxe Nacional ao escritor
galego Agustín Fernández Paz que
se celebrará mañá, 30 de xuño,
en Vigo.
Lucas lerá o texto do libro Contos por palabras de cando o autor fala de si, no que fai unha vista atrás lembrando a súa infancia.
Andrea lerá unha pequena composición na que nos conta algunhas experiencias vitais do autor e a súa traxectoria como mestre.
Asier lerá un dos seus poemas favoritos, o poema de Álvaro Cunqueiro: "Agora trobo o vento e maila lúa fría..."
O acto, de entrada libre, está organizado pola plataforma cidadá ProLingua e será conducido por Rosa Aneiros. Comezará as 12.30 no Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia de Vigo.
Agustín Fernández Paz suscita unha admiración unánime en Galicia. Son milleiros e milleiros os adolescentes (e adultos) que ao longo dos anos leron os seus libros, e son milleiros tamén os que destacarán del outras cuestións, coma o seu compromiso coa defensa e proxección da lingua e cultura galegas (hai tres semanas vímolo na Praza da Quintana lendo o manifesto de Queremos Galego) e o seu traballo persoal e apoio noutras iniciativas sociais.
luns, 25 de xuño de 2012
A disfrutar deste verán olímpico!!
Crocaio atopou no Recanto de Mick este maratón de xogos divertidos para eses momentiños do verán nos que nos apeteza abrir o blog e xogar a algo.
Lembrade que xa están a piques de comezar os Xogos Olímpicos de Londres 2012, nos que seguramente haberá moitos récords batidos.
Ánimo e a superar o voso propio récord con estes xogos!
Preme na imaxe para xogar.
Xogos educativos preparados polo Portal Educativo da

sábado, 23 de xuño de 2012
Ler no verán...
Aprezadas familias;
Chega o verán, pronto
poderemos disfrutar de todo ese deporte olímpico que traballamos ao longo do
curso. Entre TODOS fixemos da Biblioteca un lugar cheo de cor, imaxinación e
vida.
Foi moi especial este
curso disfrutar da visita de Fina Casalderrey, pero o libro máis especial do ano foi o que fixemos sobre os Xogos Olímpicos .
Agora disfrutade das merecidas vacacións facendo algo
de deporte e tamén algo de lectura.
Escollemos para vós uns cantos libros
fantásticos, premendo na imaxe da súa portada atoparedes máis información sobre cada un.
Tamén vos deixamos unha páxina Web especial para papis e mamis : www.solohijos.com.
Se eu fose un gato.Paloma Sánchez
A Familia Caravana.Pepe Carreiro
O aniversario de Pupi . María Menéndez.
Juegos y pasatiempos para días de sol. Los Simpson.
O misterio do Faro Vello. Fina Casalderrey
Esperando o leiteiro. Xosé Neira Vilas
A chave da Atlántida. Anxo Fariña.
Xoeliki. Abrahan Carreiro
Cartas de amor de 0 a 10. Susi Morgestern
Lede e xogade moito cos vosos fillos e fillas este verán!!
Para os máis pequenos, Infantil e 1º Ciclo, primeiros lectores:
AUDIOCONTOS de Galaxia: Os contos de toda a vida con CD
AUDIOCONTOS de Galaxia: Os contos de toda a vida con CD
Oso atrapabolboretas. Susana Isern
A Familia Caravana.Pepe Carreiro
O aniversario de Pupi . María Menéndez.
Se vende papá.Care Santos
O gran libro dos medos de Rato Pequeno
Para lectores afianzados 2º e 3º ciclo:Juegos y pasatiempos para días de sol. Los Simpson.
O misterio do Faro Vello. Fina Casalderrey
Esperando o leiteiro. Xosé Neira Vilas
A chave da Atlántida. Anxo Fariña.
Xoeliki. Abrahan Carreiro
Cartas de amor de 0 a 10. Susi Morgestern
Lede e xogade moito cos vosos fillos e fillas este verán!!
Felices vacacións!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)