Aquí podes atopar disfraces moi orixinais se ainda non sabes de que te vas disfrazar.
E se premes neste PELIQUEIRO DE LAZA terás moita información sobre o Entroido: manualidades, xogos, receitas... seguro que che gustará!!
mércores, 8 de febreiro de 2012
luns, 6 de febreiro de 2012
Viaxe ás covas do Folón
Videoxogo no que os participantes farán unha viaxe nunha máquina do tempo que atoparán nas Covas do Folón en Coruxo(Vigo).
Destinado a estudantes de 3º Ciclo de Primaria e 1º da ESO dos colexios de Vigo para que descibran a súa cidade a través da súa historia, do seu patrimonio e da súa lingua.
En cada época: Megalitismo, Os petróglifos,Os Castros, Romanización, Medievo,Os Pazos,Reconquista, Modernismo e Actualidade; o xogador atravesará o escenario de esquerda a dereita e terá que resolver tres xogos intercalados con catro preguntas.
Xoga tantas veces como queiras!O teu resultado final será a media de todas as partidas que xogues.
Poderás xogar ata o 25 de marzo.
Destinado a estudantes de 3º Ciclo de Primaria e 1º da ESO dos colexios de Vigo para que descibran a súa cidade a través da súa historia, do seu patrimonio e da súa lingua.
En cada época: Megalitismo, Os petróglifos,Os Castros, Romanización, Medievo,Os Pazos,Reconquista, Modernismo e Actualidade; o xogador atravesará o escenario de esquerda a dereita e terá que resolver tres xogos intercalados con catro preguntas.
Xoga tantas veces como queiras!O teu resultado final será a media de todas as partidas que xogues.
Poderás xogar ata o 25 de marzo.
venres, 3 de febreiro de 2012
Técnicas de estudio: Como facer un traballo.
A biblioteca escolar do CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño, Pontevedra) elaborou esta presentación como material para aprender a realizar un traballo, destinada ao alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria. Simple e ben documentada, é un material que pode ser empregado para a educación documental desde a biblioteca escolar.
mércores, 1 de febreiro de 2012
Un día da Paz compartido.
Aquí tedes o resume do Día da Paz compartido cos coles veciños de Candeán e Carballal.
Día da PAZ 2012. CEIP Eduardo Pondal .Vigo on PhotoPeach
Foi un magnífico día no que o alumnado disfrutou xogando e compartindo a celebración.
Todo saiu moi ben. Moitas grazas pola colaboración a compañeiros, conserxes, policía local e sobre todo ao alumnado, que conservará na memoria este día da Paz diferente e compartido.
Xogaron, debuxaron , cantaron, intercambiaron as súas medallas identificativas e aínda que cantaron a mesma canción "Apuesta por la Paz" de Noel Soto as coreografías eran distintas polo que quedou moi ben. Estamos preparando o video máis completo.Día da PAZ 2012. CEIP Eduardo Pondal .Vigo on PhotoPeach
xoves, 26 de xaneiro de 2012
MÁIS PAZ !!
A presidenta de Liberia: Ellen_Johnson-Sirleaf, a tamén liberiana Leymah Gbowee e a yemení Tawakkul Karman ganaron o Premio Nobel da Paz 2011.A súa "loita non violenta pola seguridade das mulleres e polos dereitos das mulleres para participar nas tarefas de pacificación".
Non se pode alcanzar "a democracia e unha paz duradeira no mundo ata que as mulleres non obteñan as mesmas oportunidades que os homes para influir no desenvolvemento social".
Ellen Johnson Sirleaf, de 72 años, é desde 2006 a primeira muller africana elexida democráticamente para presidir o seu país.
Leymah Roberta Gbowee, de 39 años, é unha activista coñecida por ter organizado o movemento pacifista que logrou poñer fin á segunda guerra civil en Liberia no 2003.
Tawakkul Karman, é unha política yemení e activista pro dereitos humanos que lidera o grupo de Mulleres Periodistas Sen Cadeas, creado en 2005.
Dende a Bibliocrocaio queremos recordar e recoñecer a estas tres grandes e valentes mulleres loitadoras .
Unha frase para o día da paz:
" A PAZ é a única forza capaz de transformar un inimigo en amigo”.Martin Luther King.
DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ
O día 30 de Xaneiro conmemórase a morte do líder nacional e espiritual da India, o Mahatma Gandhi, o 30 de Xaneiro de 1948, asasinado a tiros por un fanático hinduista. Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns. Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937o líder dun movemento capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios. Celebramos nesta data o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz. Fundado en 1964, é unha xornada educativa co fin de levar aos nenos e nenas a mensaxe de que "o amor é mellor que o odio, o diálogo mellor ca violencia e a paz mellor que a guerra" (Vidal, 1972). | |||
Un libro para o día da paz:
A historia de Erika de RUTH VANDER ZEE. Ed. KALANDRAKA
Ilustrador: ROBERTO INNOCENTI
Traducción: PILAR MARTÍNEZ e XOSÉ MANUEL GONZÁLEZ
Na Bibliocrocaio está a versión en galego.
Unha película para o Día da Paz:
"Historia de una gaviota y del gato que le enseñó a volar"Kenga, unha gaivota envenenada por unha mancha de petróleo, consigue xusto antes de morrer confiar o seu ovo ao gato Zorbas, obtendo del tres promesas: non comer o ovo, coidar del ata que abra e ensinar a voar ao recén nacido...
Fermosa película de amizade, xenerosidade e amor ao próximo que seguro vos gustará.
mércores, 25 de xaneiro de 2012
Preparamos a xornada da Paz
Aquí tedes as medallas que os nenos e nenas do cole levarán o día 30 de xaneiro e intercambiarán cos outros dous coles da zona cos que compartimos esa xornada no noso centro: o CEIP Carballal e o CEIP Candeán. Será un bo día e nós estamos traballando arreo para que así sexa.
Como podedes comprobar as medallas identificativas levan no reverso os aros olímpicos. Sabiades que a bandeira olímpica é branca co debuxo dos aros olímpicos?
Os primeiros XXOO tiveron lugar na cidade grega de Olimpia que se convertiría en símbolo de Paz porque durante as probas prohibíanse as guerras.Chamábanlle Tregua Sagrada. Sobre os atletas vencedores poñíase unha rama de oliveira , árbore que hoxe é un símbolo de Paz. Aquí tedes tamén algunha das preciosas pombas que as familias decorastes para formar un gran mural.Sírvennos de enlace a dous xogos Lim e un conto sobre a paz. Moitas grazas familias!!
luns, 23 de xaneiro de 2012
LECTURAS para a Paz.
Seguro que algúns xa os coñeces , e ainda hai máis que tratan este tema , busca o teu, achégate á BIBLIOCROCAIO e pídeo prestado.Podes escoitar de fondo a canción que cantaremos o próximo luns "Apuesta por la Paz" de Noel Soto.
Nós, cláro está que APOSTAMOS POLA PAZ!!
LECTURAS PARA A PAZ on PhotoPeach
Nós, cláro está que APOSTAMOS POLA PAZ!!
LECTURAS PARA A PAZ on PhotoPeach
domingo, 22 de xaneiro de 2012
puzzles pacíficos
Crocaio está moi atarefado preparando as actividades para a celebración conxunta cos coles de Candeán e Carballal do Día Escolar pola PAZ no noso centro o próximo luns 30. Mentres tanto, preparounos uns puzzles con fermosas ilustracións que son en si mesmas mensaxes de Paz. Todos teñen un número distinto de pezas, hainos máis doados e outros máis difíciles. Atrévete con todos!!
Ariana Papini
Xiquets
Nicoletta Costa
Julia Wakefield
Nancy Ribard
Ariana Papini
Xiquets
Nicoletta Costa
Julia Wakefield
Nancy Ribard
sábado, 21 de xaneiro de 2012
mércores, 18 de xaneiro de 2012
LIM XXOO
2012 Ano do poeta Celso Emilio Ferreiro
Para comezar o ano 2012 o noso poema semanal foi "María Soliña " do poeta de Celanova Celso Emilio Ferreiro ao que a Xunta dedicará actividades especiais para conmemorar os cen anos do seu nacemento.
María Soliña existiu en realidade, foi unha muller de Cangas á que a Santa Inquisición condenou a pena de morte.
Deixovos a canción de Luar na Lubre para escoitar e cantar con eles o fermoso poema.
luns, 16 de xaneiro de 2012
Información básica sobre os Xogos Olímpicos
*Sabes por que se chaman Xogos Olímpicos?
*Que representan os aros olímpicos?
*Cando se celebran?
*Sabes por que son un símbolo de PAZ os Xogos Olímpicos?
*Cal era o premio dos primeiros gañadores?
*Que representan os aros olímpicos?
*Cando se celebran?
*Sabes por que son un símbolo de PAZ os Xogos Olímpicos?
*Cal era o premio dos primeiros gañadores?
Todo esto e moito máis poderás atopalo se fas clic e les con calma a información que Crocaio nos achega moi xentilmente.
sábado, 14 de xaneiro de 2012
Agasallos de campionato!! Bibliocrocaio.Nadal 2011
Todo un éxito foron os agasallos de libros no Nadal. Os Reis Magos sobre todo viñeron moi cargados, trouxeron pesados libros de Gerónimo Stilton a mogollón!!
Podedes ver no vídeo cantos libros da escritora Fina Casalderrey nos agasallaron xa que moi pronto vai vir a visitarnos e a charlar cos pequenos e grandes sobre contos e historias fantásticas como as que ela imaxina e escribe. Fina é unha grande, experimentada e moi premiada escritora en galego e castelán, ademais de ser mestra, profesión da que se xubilou este pasado ano.
Podedes ver no vídeo cantos libros da escritora Fina Casalderrey nos agasallaron xa que moi pronto vai vir a visitarnos e a charlar cos pequenos e grandes sobre contos e historias fantásticas como as que ela imaxina e escribe. Fina é unha grande, experimentada e moi premiada escritora en galego e castelán, ademais de ser mestra, profesión da que se xubilou este pasado ano.
Nos agasallos hai tamén moitos libros de deportes xa que é o tema de traballo deste curso na BIBLIOCROCAIO.
domingo, 8 de xaneiro de 2012
ADIVIÑAS PARA XOGAR
Seguro que xa tes lido o libro que Crocaio recomendou e por iso, para estes día de vacacións traemos un xogo de adiviñas.
Fai clic na imaxe e cando cargue premes no signo ? para saber como xogar. Adiante!!
Fai clic na imaxe e cando cargue premes no signo ? para saber como xogar. Adiante!!
venres, 6 de xaneiro de 2012
EL CAMELLO COJITO. AUTO DE LOS REYES MAGOS
Na Biblioteca do Centro Virtual Cervantes podes acceder a un arquivo sonoro coa voz da propia Gloria Fuertes autora do poema "El camello cojito" no que nos conta as dificultades de Melchor, Gaspar e Baltasar para chegar a Belén. Crocaio está seguro que che vai gustar. Fai clic na imaxe:
martes, 3 de xaneiro de 2012
CANTARES DE REIS
reisOs "Cantares de Reis" chamados nalgúns lugares da xeografía galega como "reises" ou "aguinaldos", son pequenas composicións cantadas que narran a chegada dos reis Magos a Belén.
Presentan tres partes: a petición de licencia para o canto, a cantiga narrativa propiamente dita e a petición de aguinaldo, que consistía en algo de comer ou doces para facer unha festa.
Xa me tardan estes magos é o novo traballo de Mamá Cabra, un disco que xurde coa intención de renovar as panxoliñas.
MAMA CABRA - Xa me tardan estes Magos from merlo branco producións on Vimeo.
Unha creación divertida e orixinal para celebrar en familia estas festas tan entrañables.
Este novo traballo publicouse a finais de 2011 da man da editorial Galaxia.
Si pinchades na bruxa poderedes escoitar e baixar máis cancións de Mamá Cabra do seu blog:
Presentan tres partes: a petición de licencia para o canto, a cantiga narrativa propiamente dita e a petición de aguinaldo, que consistía en algo de comer ou doces para facer unha festa.
Xa me tardan estes magos é o novo traballo de Mamá Cabra, un disco que xurde coa intención de renovar as panxoliñas.
MAMA CABRA - Xa me tardan estes Magos from merlo branco producións on Vimeo.
Unha creación divertida e orixinal para celebrar en familia estas festas tan entrañables.
Este novo traballo publicouse a finais de 2011 da man da editorial Galaxia.
Si pinchades na bruxa poderedes escoitar e baixar máis cancións de Mamá Cabra do seu blog:
venres, 23 de decembro de 2011
martes, 20 de decembro de 2011
Visita dos alumnos de Primaria ao Museo Etnográfico LISTE en Vigo
Os alumnos de primaria do CEIP Eduardo Pondal de Vigo tivemos o enorme pracer de visitar o Museo Etnográfico Liste en Castrelos-Vigo hai uns días.
Pasámolo moi ben!!
Recibíronnos con moita cordialidade , explicáronnos todas as salas así como a exposición temporal de sombreiros e zapatos.
Aprendemos moito dos nosos anergos e animáronnos a que fixeramos novamente a visita cos nosos pais nestes días de vacacións.
Había unha fermosa colección de Beléns de todos tipos, materiais e procedencias, repartida por todo o museo.
Aquí vos deixamos algunhas fotos sobre todo do grupo dos maiores.Pasámolo moi ben!!
luns, 19 de decembro de 2011
O BUBISHER, unha iniciativa solidaria
Aínda que xa falaramos deste proxecto, parécenos oportuno retomalo, para que o coñezades un pouco máis. O bubisher é un paxaro que vive na Península e tamén en África, nós chamámoslle Collalba negra e no Sáhara o seu nome significa PAXARO DE BOA SORTE, no dialecto hassaní é Bubchir (o da boa nova) porque anida e cría despois das chuvias.
Este é o nome tamén do bibliobús, un camión que acude aos campos dos refuxiados do Sáhara. Entra nas escolas e vai os barrios para que as e os saharauis poidan ler contos e disfrutar da lectura.
Este ano moitas bibliotecas galegas decidiron unirse a este gran proxecto de fomento da lectura e de solidariedade.
Son moitas as bibliotecas, editoriais, e persoas que participan neste proxecto.
O BUBISHER é recibido con gran alegría e ilusión por todos, como amosan estes vídeos.
LA HUELLA DEL BUBISHER
BUBISHER SMARA ABRIL 2.011
A nosa bibilioteca, a BIBLIOTECA CROCAIO colabora co libro " Colores y más colores" de Mª Rosa Serdio e Ester Sánchez.
Estamos seguros que disfrutarán moito.
Este é o nome tamén do bibliobús, un camión que acude aos campos dos refuxiados do Sáhara. Entra nas escolas e vai os barrios para que as e os saharauis poidan ler contos e disfrutar da lectura.
Este ano moitas bibliotecas galegas decidiron unirse a este gran proxecto de fomento da lectura e de solidariedade.
Son moitas as bibliotecas, editoriais, e persoas que participan neste proxecto.
O BUBISHER é recibido con gran alegría e ilusión por todos, como amosan estes vídeos.
LA HUELLA DEL BUBISHER
BUBISHER SMARA ABRIL 2.011
A nosa bibilioteca, a BIBLIOTECA CROCAIO colabora co libro " Colores y más colores" de Mª Rosa Serdio e Ester Sánchez.
Estamos seguros que disfrutarán moito.
xoves, 15 de decembro de 2011
NADAL 2011 2º e 3º CICLOS Recomendacións lectoras
2º e 3º CICLOS
Ola bibliocolegas!
O Nadal é unha época que todos aproveitamos para amosar o noso aprecio polos demais. UN LIBRO: UN BO AGASALLO. Crodila e mais eu, cada Nadal preparamos con especial agarimo cada un dos boletíns, con recomendacións de lecturas. Este ano terán relación co noso proxecto: Os Xogos Olímpicos, co deporte en xeral e cos valores que este transmite: esforzo, solidariedade, amizade, respeto, colaboración, etc…
O deporte é unha manifestación do dereito ao xogo recoñecido na Convención sobre os Dereitos do Neno ás actividades recreativas propias da súa idade.
Asterix nos Xogos olímpicos. Cómic
Asterix nos Xogos olímpicos. Cómic
Xa me tardan estes Magos. Mamá Cabra
Libro-disco para renovar as panxoliñas de Nadal.
A actividade deportiva máis recomendable durante a infancia e a adolescencia é aquela na que entra en acción todo o corpo.
Derradeira carta aos Reis Magos.Fina Casalderrey. Xerais.
Paulo procura os escaparates que anuncian a chegada dos Reis Magos. O seu escaparate preferido é aquel onde se expón un scalextric, que Paulo desexa como o seu agasallo pero…
O deporte contribúe ao desenvolvemento social dos nenos, fomentando la autoconfianza e a integración .
Locos por el fútbol. Un regate habilidoso.Edelvives
¿Que pensa do futuro de Catrina no fútbol un cazatalentos?A partir de 10 anos....
Lembra que non se pode gañar sempre. Os teus adversarios tamén se prepararon para gañar a competición.
Danny, o campeón do mundo. Roald Dahl. Xerais.
Danny vive co seu pai nun vello carromato de xitanos, que era a súa modesta casa e o seu fogar feliz…
¿Atréveste a probar a súa sopa de lobo?
Para nenos de entre seis a oito anos e también para os pais. Con Nico como protagonista, a autora trata de axudar a que os pequenos afronten os seus medos con humor.
Nico y las recetas asquerosas. Alejandra Vallejo-Nájera
Boas vacacións de nadal e felices lecturas!!!
BIBLIOTECA CROCAIO Recomendacións de LECTURAS NADAL Infantil e 1º Ciclo
Infantil e 1º Ciclo
Ola bibliocolegas!
O Nadal é unha época que todos aproveitamos para amosar o noso aprecio polos demais.
UN LIBRO,UN BO AGASALLO. Crodila e mais eu, cada Nadal preparamos con especial agarimo cada un dos boletíns, con recomendacións de lecturas.
Este ano terán relación co noso proxecto: Os Xogos Olímpicos, co Deporte en xeral e cos valores que este transmite: esforzo, solidariedade, amizade, respeto, colaboración, etc…
DE LA A A LA Z CON LOS DEPORTES de R. Cruz Contarini.Ed. Everest
Os deportes e as súas reglas son diversión, disciplina e saúde. Practicar baloncesto,
atletismo, voleibol ou fútbol supón un esforzo pero tamén compromiso, amizade e felicidade. Letra a letra polo abecedario competimos cos deportes.
UN COELLIÑO NA BEIRAMAR de R. Caride Ogando. Ed. Everest
Un coello, curioso, viaxeiro, convértese no noso guía polo mundo do mar. Os seus ollos serán os nosos e con el coñecemos a infinidade de seres deste universo de auga e sal.
O QUE TEN QUE APRENDER UN CEMPÉS QUE QUEIRA SER SABIO Mercedes Carrión & Francesca Chess Editorial OQOPerico estaba nervioso porque ía ir á escola por primeira vez. Ao cantar o galo,
saltou da cama e, un por un, calzou os cen zapatos, puxo o chapeu, colocou as lentes,
e saíu correndo. Pero... ai! chegou tan tarde que xa se foran todos.
E isto non lle pode pasar a un cempés que queira ser sabio!
TODO SOBRE EL FÚTBOL- Elfos.
¿Qué é o fútbol?, ¿Como é o terreo de xogo?¿Cales son as reglas?,¿Cal é a misión do árbitro?, ¿Cómo se entrena un futbolista profesional?¿Como é un estadio?,¿Qué se aprende na escola de fútbol?...
UN SACO DE ESTRELAS. Fina Casalderrey. Xerais
Cada atardecida do mes de maio, aquela muller pasaba entre as burlas dos nenos e das nenas cara ás leiras de Sobredorrío. Levaba sempre un misteriosos saco luminoso que semellaba ter dentro a luz de ducias de estrelas
CROCAIO deséxavos moi bo nadal e felices lecturas!!!
martes, 13 de decembro de 2011
PUZZLES PAPÁ NOEL DEPORTISTA
PUZZLES OLÍMPICOS Mirade o que nos trouxo CROCAIO, que andivo dando unha volta por outras biblios que tamén traballan sobre os Xogos Olímpicos e gustoulle este puzzle do rato Mick.
http://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=3f0aa33c66b3
Deixounos tamén estoutros de Papá Noel deportista.Ollo, que cada vez son máis complicados!! Fai clic nas imaxes:
luns, 12 de decembro de 2011
Imagine
Este xoves cumpríronse 31 anos do asasinato en Manhattan de John Lennon, músico multiinstrumentista e compositor ademais de firme activista pola paz xunto á súa muller, Yoko Ono. Algunhas das súas cancións adoptáronse como himnos por movementos contra a guerra.
Nesta semana, na que tanto oimos falar de dereitos humanos, non queremos esquecer as súas palabras na canción Imagine: "Imaxina a toda a xente vivindo a vida en paz...
Nesta semana, na que tanto oimos falar de dereitos humanos, non queremos esquecer as súas palabras na canción Imagine: "Imaxina a toda a xente vivindo a vida en paz...
domingo, 11 de decembro de 2011
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)