mércores, 18 de xaneiro de 2012

LIM XXOO

Agora xa sabemos algo dos XOGOS OLÍMPICOS podedes atrevervos con este Lim co que aprenderedes moito máis sobre eles. Ánimo!

2012 Ano do poeta Celso Emilio Ferreiro

Para comezar o ano 2012 o noso poema semanal foi "María Soliña " do poeta de Celanova Celso Emilio Ferreiro ao que a Xunta dedicará actividades especiais  para conmemorar os cen anos do seu nacemento.
María Soliña existiu en realidade, foi unha muller de Cangas á que a Santa Inquisición condenou a pena de morte.
Deixovos a canción de Luar na Lubre para escoitar e cantar con eles o fermoso poema.

luns, 16 de xaneiro de 2012

Información básica sobre os Xogos Olímpicos

*Sabes por que se chaman Xogos Olímpicos?
*Que representan os aros olímpicos?
*Cando se celebran?
*Sabes por que son un símbolo de PAZ os Xogos Olímpicos?
*Cal era o premio dos primeiros gañadores?
Todo esto e moito máis poderás atopalo se fas clic e les con calma a información que Crocaio nos achega moi xentilmente.

sábado, 14 de xaneiro de 2012

Agasallos de campionato!! Bibliocrocaio.Nadal 2011

Todo un éxito foron os agasallos de libros no Nadal. Os Reis Magos sobre todo viñeron moi cargados, trouxeron pesados libros de Gerónimo Stilton a mogollón!!
Podedes ver no vídeo cantos libros da escritora  Fina Casalderrey nos agasallaron xa que moi pronto vai vir a visitarnos e a charlar cos pequenos e grandes sobre contos e historias fantásticas como as que ela imaxina e escribe. Fina é unha grande, experimentada e moi premiada escritora en galego e castelán, ademais de ser mestra, profesión da que se xubilou este pasado ano.
Nos agasallos hai tamén moitos libros de deportes xa que é o tema de traballo deste curso na BIBLIOCROCAIO.

domingo, 8 de xaneiro de 2012

O Inverno xa está aquí.

Volvendo ao noso proxecto deste curso da  BIBLIOCROCAIO: Os Xogos Olímpicos
xoga ti con este Lim que nos deixou o cole de Frian-Teis sobre os DEPORTES DE INVERNO.
Preme na imaxe e poderás xogar !


 E tamén podes buscar páxinas sobre O  INVERNO  neste Symbaloo. Pásao ben!

ADIVIÑAS PARA XOGAR

Seguro que xa tes lido o libro que Crocaio recomendou e por iso, para estes día de vacacións traemos un xogo de adiviñas.
Fai clic na imaxe e cando cargue premes no signo ?  para saber como xogar. Adiante!!

venres, 6 de xaneiro de 2012

Foto cos Reis Magos

Hoxe, o día máis máxico do ano, sáca unha foto (¡dedicada!) cos Reis Magos.

EL CAMELLO COJITO. AUTO DE LOS REYES MAGOS

 Na  Biblioteca do  Centro Virtual Cervantes  podes acceder a un arquivo sonoro coa voz da propia  Gloria Fuertes autora do poema "El camello cojito" no que nos conta as dificultades de Melchor, Gaspar e Baltasar para chegar a Belén. Crocaio está seguro que che vai  gustar. Fai clic na imaxe:


martes, 3 de xaneiro de 2012

CANTARES DE REIS

reisOs "Cantares de Reis" chamados nalgúns lugares da xeografía galega como "reises" ou "aguinaldos", son pequenas composicións cantadas que narran a chegada dos reis Magos a Belén.
Presentan tres partes: a petición de licencia para o canto, a cantiga narrativa propiamente dita e a petición de aguinaldo, que consistía en algo de comer ou doces para facer unha festa.

Xa me tardan estes magos é o novo traballo de Mamá Cabra, un disco que xurde coa intención de renovar as panxoliñas.




MAMA CABRA - Xa me tardan estes Magos from merlo branco producións on Vimeo.

Unha creación divertida e orixinal para celebrar en familia estas festas tan entrañables.

Este novo traballo publicouse a finais de 2011 da man da editorial Galaxia.

 Si pinchades na bruxa poderedes escoitar e baixar máis cancións de Mamá Cabra do seu blog:


martes, 20 de decembro de 2011

Visita dos alumnos de Primaria ao Museo Etnográfico LISTE en Vigo

 Os alumnos de primaria do CEIP Eduardo Pondal de Vigo tivemos o enorme pracer de visitar o Museo Etnográfico Liste en Castrelos-Vigo hai uns días.
Recibíronnos con moita cordialidade , explicáronnos todas as salas así como a exposición temporal de sombreiros e zapatos.
Aprendemos moito dos nosos anergos e animáronnos a que fixeramos novamente a visita cos nosos pais nestes días de vacacións.
Había unha fermosa colección de Beléns de todos tipos, materiais e procedencias, repartida por todo o museo. 
Aquí vos deixamos algunhas fotos sobre todo do grupo dos maiores.
Pasámolo moi ben!!


luns, 19 de decembro de 2011

O BUBISHER, unha iniciativa solidaria

Aínda que xa falaramos deste proxecto, parécenos oportuno retomalo, para que o coñezades un pouco máis. O bubisher é un paxaro que vive na Península e tamén en África, nós chamámoslle Collalba negra e no Sáhara o seu nome significa  PAXARO DE BOA SORTE, no dialecto hassaní é Bubchir (o da boa nova) porque anida e cría despois das chuvias.

Este é o nome tamén do bibliobús, un camión que acude aos campos dos refuxiados do Sáhara. Entra nas escolas e vai os barrios para que as e os saharauis poidan ler contos e disfrutar da lectura.
Este ano moitas bibliotecas galegas decidiron unirse a este gran proxecto de fomento da lectura e de solidariedade.
Son moitas as bibliotecas, editoriais, e persoas que participan neste proxecto.


























O BUBISHER é  recibido con  gran alegría e ilusión por todos, como amosan estes vídeos.


                                                           LA HUELLA DEL BUBISHER






                                                     BUBISHER  SMARA   ABRIL 2.011



A nosa bibilioteca, a BIBLIOTECA CROCAIO colabora co libro " Colores y más colores"  de Mª Rosa Serdio e Ester Sánchez.



Estamos seguros que disfrutarán moito.

xoves, 15 de decembro de 2011

NADAL 2011 2º e 3º CICLOS Recomendacións lectoras


                                                               2º e 3º CICLOS
Ola bibliocolegas!
                           O Nadal é unha época que todos aproveitamos para amosar o noso aprecio polos demais. UN LIBRO: UN BO AGASALLO. Crodila e mais eu, cada Nadal preparamos con especial agarimo cada un dos bolens, con recomendacións de lecturas. Este ano terán relación co noso proxecto: Os Xogos Olímpicos, co  deporte en xeral e cos valores que este transmite: esforzo, solidariedade, amizade, respeto, colaboración, etc…

O deporte é  unha manifestación do dereito ao xogo recoñecido na Convención sobre os Dereitos do Neno ás actividades recreativas propias da súa idade.
Asterix nos Xogos olímpicos. Cómic


            Xa me tardan estes Magos. Mamá Cabra
Libro-disco para renovar as panxoliñas de Nadal.
 O deporte  e a música axudan á saúde mental e disminuen a agresividade.

A actividade deportiva máis recomendable durante a infancia e a adolescencia é aquela na que entra en acción todo o corpo.
  Derradeira carta aos Reis Magos.Fina Casalderrey. Xerais.
 Paulo procura os escaparates que anuncian a chegada dos Reis Magos. O seu escaparate preferido é aquel onde se expón un scalextric, que Paulo desexa como o seu agasallo pero…


O deporte contribúe ao desenvolvemento social dos nenos, fomentando la autoconfianza e a integración .
 Locos por el fútbol. Un regate habilidoso.Edelvives
¿Que pensa do futuro de Catrina no fútbol un cazatalentos?A partir de 10 anos....


Lembra  que non se pode gañar sempre. Os teus adversarios tamén se prepararon para gañar a competición.
 Danny, o campeón do mundo. Roald Dahl. Xerais.
  Danny vive co seu pai nun vello carromato de xitanos, que era a súa modesta casa e o seu fogar feliz…
 
¿Atréveste a probar  a súa sopa de lobo?
Para nenos de entre seis a oito anos e también para os pais. Con Nico como protagonista, a autora trata de axudar a que os pequenos afronten os seus  medos con humor.
Nico y las recetas asquerosas. Alejandra Vallejo-Nájera
Boas vacacións de nadal e felices lecturas!!!
                                                       Crocaio

BIBLIOTECA CROCAIO Recomendacións de LECTURAS NADAL Infantil e 1º Ciclo

Infantil e 1º Ciclo
Ola bibliocolegas!
O Nadal é unha época que todos aproveitamos para amosar o noso aprecio polos demais. 
UN LIBRO,UN BO AGASALLO. Crodila e mais eu, cada Nadal preparamos con especial agarimo cada un dos boletíns, con recomendacións de lecturas. 
Este ano terán relación co noso proxecto: Os Xogos Olímpicos, co Deporte en xeral e cos valores que este transmite: esforzo, solidariedade, amizade, respeto, colaboración, etc…
DE LA A A LA Z CON LOS DEPORTES de R. Cruz Contarini.Ed. Everest

Os deportes e as súas reglas son diversión, disciplina e saúde. Practicar baloncesto,
atletismo, voleibol ou fútbol supón un esforzo pero tamén compromiso, amizade e felicidade. Letra a letra polo abecedario competimos cos deportes.
UN COELLIÑO NA BEIRAMAR de R. Caride Ogando. Ed. Everest
Un coello, curioso, viaxeiro, convértese no noso guía polo mundo do mar. Os seus ollos serán os nosos e con el coñecemos a infinidade de seres deste universo de auga e sal.
O QUE TEN QUE APRENDER UN CEMPÉS QUE QUEIRA SER SABIO Mercedes Carrión & Francesca Chess Editorial OQO
Perico estaba nervioso porque ía ir á escola por primeira vez. Ao cantar o galo,
saltou da cama e, un por un, calzou os cen zapatos, puxo o chapeu, colocou as lentes,
e saíu correndo. Pero... ai! chegou tan tarde que xa se foran todos.
E isto non lle pode pasar a un cempés que queira ser sabio!

TODO SOBRE EL FÚTBOL- Elfos.
¿Qué é o fútbol?, ¿Como é o terreo de xogo?¿Cales son as reglas?,¿Cal é a misión do árbitro?, ¿Cómo se entrena un futbolista profesional?¿Como é un estadio?,¿Qué se aprende na escola de fútbol?...
UN SACO DE ESTRELAS. Fina Casalderrey. Xerais
Cada atardecida do mes de maio, aquela muller pasaba entre as burlas dos nenos e das nenas cara ás leiras de Sobredorrío. Levaba sempre un misteriosos saco luminoso que semellaba ter dentro a luz de ducias de estrelas
CROCAIO deséxavos moi bo nadal e felices lecturas!!!

martes, 13 de decembro de 2011

PUZZLES PAPÁ NOEL DEPORTISTA

PUZZLES OLÍMPICOS  Mirade o que nos trouxo CROCAIO, que andivo dando unha volta por outras biblios que tamén traballan sobre os Xogos Olímpicos e gustoulle este puzzle do rato Mick.

http://www.jigsawplanet.com/?rc=play&pid=3f0aa33c66b3

Deixounos tamén estoutros de Papá Noel deportista.
Ollo, que cada vez son máis complicados!! Fai clic nas imaxes:



luns, 12 de decembro de 2011

Imagine

Este xoves cumpríronse 31 anos do asasinato en Manhattan de John Lennon, músico multiinstrumentista e compositor ademais de firme activista pola paz xunto á súa muller, Yoko Ono. Algunhas das súas cancións adoptáronse como himnos por movementos contra a guerra.
Nesta semana, na que tanto oimos falar de dereitos humanos, non queremos esquecer as súas palabras na canción Imagine: "Imaxina a toda a xente vivindo a vida en paz...


venres, 9 de decembro de 2011

10 de Decembro: Día dos DDHH

      10 DE DECEMBRO: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.

Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.

Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un  mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.

E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un  fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير  (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.

Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!

A BIBLIOCROCAIO únese a esta iniciativa das Bibliotecas galegas e escolleu entre  estes marabillosos: Álbumes para o Bubisher, o álbum "Colores e máis colores " de Rosa Serdio da editorial. Pintar y Pintar.


Este é o un dos BUBISHER



xoves, 8 de decembro de 2011

Para saber máis

Fantásticas ilustracións de Violeta Monreal, ilustradora, persoa que se achega aos coles para enseñar a súa obra de ilustradora e tamén de escritora e autora de libros como os da colección "No sólo fútbol" de Everest, que son novidade na Bibliocrocaio e que presentamos o mércores no taller de lectura de 3º ciclo. Se clicades na portada do libro poderedes ver a Violeta con alumnos de 5º, nun cole de Asturias.


      E aquí están estas fantásticas ilustracións:

luns, 28 de novembro de 2011

6 de decembro día da Constitución

O próximo día 6 de decembro celebramos o 33 aniversario da Constitución española.
O 6 de Decembro de 1978 o pobo español aprobou en referendum a que hoxe é a nosa Constitución.
Para saber un pouquiño máis sobre ela preme na imaxen da dereita.
Aquí tedes dous debuxos para colorear.


Preme neste e aprenderás todo o que debes saber sobre a constitución e os nenos/as.
              Artículo 27
    1. Todos tienen el derecho a la educación. Se reconoce la libertad de enseñanza.
    2. La educación tendrá por objeto el pleno desarrollo de la personalidad humana en el respeto a los principios democráticos de convivencia y a los derechos y libertades fundamentales.
    3. Los poderes públicos garantizan el derecho que asiste a los padres para que sus hijos reciban la formación religiosa y moral que esté de acuerdo con sus propias convicciones.
    4. La enseñanza básica es obligatoria y gratuita.
    5. Los poderes públicos garantizan el derecho de todos a la educación, mediante una programación general de la enseñanza, con participación efectiva de todos los sectores afectados y la creación de centros docentes.
    6. Se reconoce a las personas físicas y jurídicas la libertad de creación de centros docentes, dentro del respeto a los principios constitucionales.
    7. Los profesores, los padres y, en su caso, los alumnos intervendrán en el control y gestión de todos los centros sostenidos por la Administración con fondos públicos, en los términos que la ley establezca.
    8. Los poderes públicos inspeccionarán y homologarán el sistema educativo para garantizar el cumplimiento de las leyes.
    9. Los poderes públicos ayudarán a los centros docentes que reúnan los requisitos que la ley establezca.
    10. Se reconoce la autonomía de las Universidades, en los términos que la ley establezca.

venres, 25 de novembro de 2011

Actividades de outras biblios



Son moitos os centros escolares que están xa empregando os recursos audiovisuais co seu alumnado, dunha forma activa. Velaquí un exemplo de producíón propia coa colaboración do alumnado que ilustra a vida cotiá dunha biblioteca escolar, neste caso, a do IES de Ponteceso (A Coruña). Os rapaces e rapazas de 1º de ESO participan nunha sesión de formación de usuari@s; tamén podemos asistir á lectura de contos de medo, co gallo do Samaín. Un exemplo da actividade deste centro e unha iniciativa de "documentación" da actividade da biblioteca que resulta de gran interese.

mércores, 23 de novembro de 2011

25 de Novembro: "Educando en igualdade" IGUALDADE tamén no deporte

 Relacionado co tema do noso proxecto de Biblioteca, atopamos este video que reflexa uha situación de igualdade  de sexos no deporte, difícil de lograr a maioría das veces. Que opinades vós?

FESTA DE SANTA CECILIA - 22 de Novembro

Con motivo da festividade de Santa Cecilia, patrona dos músicos, invitámosvos a disfrutar cunha serie de vídeos nas que combínanse a música e o movemento dun xeito especial, a través de disciplinas olímpicas como a natación sincronizada ou a ximnasia rítmica.

Patinaje artístico. Mundial 2011. Gala (1/31) 

 http://youtu.be/oKjpnf9S134

 

Como observades na gala, participan rapaces coma vosotros,
que individualmente e en grupo desfrutan do deporte,
pero entrenan duramente para aprender, superarse e mellorar cada día. 

 Synchronized Swimming Neste vídeo de natación sincronizada, observamos diferentes movimientos, figuras, elevaciones, piruetas de equipos de diferentes partes do mundo, que co seu esforzo, traballo, constancia, respecto, ... superan as dificultades e consiguen que todos disfrutemos co seu bó facer. http://www.youtube.com/watch?v=BvUo_cld5Ps



Team China Synchronized Swimming Montreal November 2009. Esta exhibición de natación sincronizada, xa comeza antes de entrar na piscina, as capas e os movementos combínanse dun xeito extraordinario coa música.

E para concluir unha homenaxe a un equipo español: Conjunto Junior de gimnasia ritmica seleccion española 2009 junior montage SPAIN exhibition http://youtu.be/GIcLv4xlP7k





luns, 21 de novembro de 2011

25 de Novembro Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

Suxestións para tratar nas aulas:

Lecturas para facer na clase, que tratan o tema:
Para os máis pequenos (3 a 6 anos):

"Arturo y Clementina", e "Rosa Caramelo", ámbolos dous de Adela Turín.



Para os medianos do cole (6 a 9 anos):
"Nin un biquiño á forza", editado hai tempo pola Xunta de Galicia,
e "Miña nai é fantástica ", que reivindica un papel da muller activo e sen complexos.
Tamén "Meu pai é estupendo" é un complemento apropiado.


              








      

      Para os maiores (de 9 a 12 anos):
"O libro dos porcos" Editado por Kalandraka, segue sendo moi apropiado para nenos e nenas do terceiro ciclo. As ilustracións son fortes e efectivas.

O libro dos porcos from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.


Para adultos:
"La cenicienta que no quería comer perdices"
de Nunila Lòpez e Myriam Cameros, que está actualmente nas librerías, con gran éxito de ventas, pero podemos velo na rede:


Ademais, para traballar, temos unha webquest para os mais peques (Infantil e primeiro ciclo) sobre "Rosa Caramelo".Os demais tamén poden animarse, será divertido!!!
A autora é Rocío Cabanillas Magro, do Ceip J.L. Rebollo de Andalucía
E interesante facela con eles, para inicialos nesta ferramenta de traballo.




Aquí temos unha animación do conto "Unha feliz catástrofe" , de Adela Turín, e ilustrado por Nella Bosnia.
        *25 de Novembro: EDUCANDO EN IGUALDADE*


xoves, 17 de novembro de 2011

2O de Novembro . Día Universal da Infancia

Descubre el valor de compartir la emoción deportiva. Disfruta por unos instantes, del inspirador mensaje de Leo Messi, Embajador de Buena Voluntad de UNICEF.



                                                       Mensaxe de Leo Messi

O 20 de novembro, Día Universal da Infancia, os alumnos e alumnas podedes reflexionar sobre as cosas que poderían cambiar no voso su mundo para contribuir a á loita contra a desnutrición infantil. Existen moitos lugares no planeta nos que recibir unha alimentación básica cada día sigue sendo un desafío. Quizá sea necesario mover o mundo. ¡Todos podemos contribuir! A páxina de Unicef lembra este dereito.


Ademáis de reflexionar sobre o dereito á alimentación compartimos a páxina do CEIP Milladoiro de Malpica xa que eles traballan o
                                          Dereito a XOGAR
que ten relación co tema do noso traballo deste ano na Biblioteca Os Xogos Olímpicos. Así que disfrutade destes xogos, pelis e libros premendo en Leo a preciosa serea, mascota da súa biblio.

martes, 15 de novembro de 2011

Premio de INNOVACIÓN EDUCATIVA para a profe ISABEL

A Xunta premia a colaboración do profesorado na creación de novos contidos dixitais dentro do Proxecto Abalar 
Aí tedes á profe Isabel , profe de Pedagoxía Terapéutica do cole, co seu premio na man, tal día como o de hoxe, en Santiago de Compostela, a onde  acudiu a recoller o premio que lle foi entregado nada menos que polo Sr. Conselleiro de Educación.
O seu labor de investigación e traballo fóra do horario escolar foi hoxe alí recoñecido como excelente.
Parabéns profe!!!

domingo, 13 de novembro de 2011

AN ALFAYA é o nome da Biblioteca do CEIP Otero Pedraio de Vigo

O pasado martes, 8 de novembro, fomos convidados á inauguración da biblioteca escolar do Ceip Otero Pedrayo, que desde ese día leva o nome dunha escritora galega talento, moi  apreciada  AN ALFAYA.
Os nosos PARABÉNS por esa fantástica biblioteca e polo fermoso acto de inauguración. Foi todo un honor e un pracer compartir uns momentos tan entrañables e emotivos. Déixovos un enlace ao seu blog para que Botedes unha ollada a súa Biblio.
             http://donsapoconcho.blogspot.com/
Escoitade con atención as  interesantes palabras de inauguración de An Alfaya :