Día grande para a Bibliocrocaio. O día 24 de outubro celebramos o "DÍA DAS BIBLIOTECAS"
Biblio Crocaio from crocaio
Para celebralo faremos unha XIMCANA DE XOGOS:
Dividiremos en oito grupos a todo o alumnado,facendo grupos de todas as idades , para que entre eles interactúen e consigan superar oito probas en diferentes aulas, que irán percorrendo alternativamente cun tempo de dez minutos en cada unha. As probas son de todo tipo, memorísticas, de habilidade, físicas, con robots,de reciclaxe, con crebacabezas e con xoguetes de madeira.
Deberemos conseguilas todas para obter o Pasaporte lector:
Os grupos levan un coordinador que é un alumno ou alumna de sexto curso, que se encargará de que todo saia ben.
Temos oito grupos que levan nomes de montes da nosa contorna que resultaron queimados hao agora un ano, en terribles incendios:
1-VIXIADOR
2-MATAMÁ
3-AS NEVES
4-FORNELOS
5-A MADROA
6-MONTE DOS POZOS
7-GALIÑEIRO
8-ALBA
Despois, ás doce, xuntarémonos todo o cole na Biblio Crocaio para escoitar o Conto:
contado por IAGO LÓPEZ, por xentileza de Xerais
Repartiremos carnés, agasallos, carpetas e mochilas viaxeiras, e sobre todo xa podemos a partir de mañá levar libros en préstamo. Temos tamén dentro da Biblio unha exposición de libros novos que Crocaio mercou xa para vós.
Acompañáronnos: a Comunidade de Montes de Valladares, que colaborou con nós en todo momento e as autoridades locales.
Deixamos a nosa pegada nunha placa co nome dos coles colaboradores entre os que está o CEIP EDUARDO PONDAL. Podedes seguir a evolución dos carballos plantados e facervos unha foto coa placa no monte de Sobreira, frente ao cole de Sobreira Valladares, alí foi unha zona moi afectada polos lumes hai agora un ano.
Cadea humana de nenos e nenas no Monte dos Pozos en Valladares.
Todas as camisetas de milleiros de profes, nenos e nenas levaban o mesmo logo
Agasallo para a Comunidade de Montes de Valladares pola colaboración cos coles na plantación que imos realizas na sída do venres 19. Cada alumno que participa deixou a súa pegada aquí temos algúns dos nosos facendo hoxe a nosa parte:
Por iso o Ceip Eduardo Pondal, o Ceip Escultor Acuña,o Ceip Sobreira,o Ceip Xosefa Alonso (Matamá), o Ceip A Paz (Coruxo), o Ceip A. R. Castelao (Navia), o Ceip O Pombal, o Ceip de Candeán e o IES de VAlladares, participaremos o próximo venres 19 nunha plantación nos terreos de Sobreira-Valladares que resultaron queimados hai un ano por estas datas. Coa axuda inestimable da Comunidade de montes de Valladares faremos a plantación no monte queimado e despois achegarémonos ata o Monte dos Pozos, no que está a árbore da foto de arriba, monte que tamén ardeu por completo.Alí faremos unha cadea arredor do lago e cantaremos a canción de María Fumaça: "Ven comigo ven". Despois por xentileza de Gadis repartiremos plátanos e auga e teremos a actuación de Ce , Orquesta Pantasma, César Freiría, músico animador que vive nesa zona afectada.
Acompañarános, como non, o alcalde de Vigo, e teremos a tele, os xornais, uns drons que grabarán todo o acto..., levaremos as oito nogueiras que conseguimos xerminar o curso pasado e que prenderon na nosa horta para plantalas.
É para nós e para o proxecto da Biblio Crocaio , unha honra participar nesta actividade
que quedará na memoria dos nenos e nenas como símbolo de respecto e agarimo polo noso monte e pola natureza .
Respectemos a natureza, non prendamos lume no monte, plantemos árbores nos que van vivir moitos outros seres vivos que axudarán a conservar o ecosistema e a proporcionar aire limpo as xeneración que veñen detrás.
Agardamos que o tempo acompañe e disfrutar moito desta mañá!
POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar. Nuria Díaz foi a ilustradora convidada a interpretar este lema e a compoñer este fermoso cartel que, en breve, estará xa en todos os centros educativos galegos.
Crocaio sempre está rodeado de poemas e aquí trae outro para que saibades que a Biblio Crocaio repasará durante este curso moita poesía relacionada coa natureza.
Pegadas de conto Historias que deixan pegadas nos nenos e nenas que veñen escoitalas Usando a literatura para traballar os contidos da aula Impórtanos é unha campaña de sensibilización promovida polo “Consello Municipal de
Cooperación Internacional e Solidariedade” que ten como obxectivo principal
a consecución dun mundo máis xusto e sustentable Bea Campos compartirá cos nenos e nenas de Infantil, 1º, 2º e 3º os seguintes contos:
Fermosos contos que promoven unha reflexión sobre o mundo e o noso arredor.