Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Montañas: Cabuxas do Pondal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Montañas: Cabuxas do Pondal. Amosar todas as publicacións

luns, 21 de novembro de 2022

OS CUMES MÁIS ALTOS DO PLANETA. OS SETE CUMES.

 Seguimos a realizar tarefas relacionadas co noso proxecto "Cabuxas do Pondal".Varias clases colaboraron na realización de dous murais. Por una banda, os cumes máis altos do planeta. E por outra banda, os 7 cumes, os máis altos de cada continente. 


Despois, e en equipos, cumprimentaron unha ficha de información que implicaba ler os mapas e interpretar as gráficas. 

As nosa cabuxiñas están converténdose en auténticas expertas nas montañas!












xoves, 17 de novembro de 2022

Charla de Nacho, guía de montaña.

Hoxe tivemos unha charla dentro do noso proxecto de montañas, Cabuxas do Pondal. Veu visitarnos ao cole, Nacho, un guía de montaña que desenvolve o seu traballo dende a nosa cidade, Vigo. 

Na charla, os alumnos e alumnas puideron ver un vídeo resumo da súa ascensión ao Aconcagua mentres nos explicaba e daba un montón de datos, consellos, informacións e experiencias. Os peques puideron facer todas as preguntas que lles ían xurdindo. Tamén nos trouxo un montón de material de montaña e explicounos a súa utilidade. Entre todos montamos unha mochila para un día de montaña e tamén nos contou como fai montañismo con persoas con dificultade visual. 

A verdade é que o alumnado estivo moi activo, fixeron moitas preguntas e amosáronse moi interesados. Falaunos de seguridade, de aclimatación, campamentos base, roupa de abrigo, piolets, crampóns, mapas e compases, helicópteros, comida, auga, como desconxelar xeo, walkie talkies...e un montón de cousas máis que fixeron que a charla fose moi interesante e completa. 

Agradecemos moito a súa visita. Podes volver cando queiras!


Aquí tendes a súa web por se queredes acercarvos ao seu mundo e planificar algunha aventura de montaña  ou anotarvos a algunha das actividades que ten preparadas para os próximos meses. 

Guía de Montaña - Nacho Pequeno

Aquí tendes o seu perfil de Facebook: (9) Nachopequeno Guía de Montaña | Facebook













































venres, 14 de outubro de 2022

CABUXAS

Ola cabuxiñas do Pondal.
Sempre é un bo día para desfrutar dos nosos montes. Por exemplo, da Serra do Galiñeiro. 
Mirade esta que ben o estar a pasar polas pedras do Galiñeiro!
Se ides desfrutar coma cabuxas polo Galiñeiro facédenolo saber!
Podedes desfrutar das vistas, dos sendeiros, das pedras, do merendeiro, de aire fresco !!!
Boa finde!


 


luns, 3 de outubro de 2022

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA CURSO 2022 - 2023

    O luns 3 de outubro inauguramos a biblioteca para este curso 2022-2023. Foi unha celebración especial xa que facía moito, moito tempo que non nos xuntabamos todos as nenas e nenos do cole na biblioteca. E xa tiñamos moitas ganas!

O proxecto deste curso son as montañas! Puxémoslle de título "Cabuxas do Pondal". 



E para arrincar, cada aula "apadriñou" unha montaña. E prepararon un traballiño para presentar aos demais grupos. A verdade é que o fixeron xenial. Foi un bo comezo, cabuxiñas!


Aquí tendes un vídeo cunha mostra dos traballos que expuseron.

Ademais, decoramos as portas das aulas e aproveitamos para ir de visita polo cole para velas e aprender inda máis. Aquí tendes unhas fotos nas que alumnas de 4º nos contan un montón de datos que agocha a súa porta sobre o Etna. 




E de seguro que queredes ver como quedaron as outras portas de aula. Pois aquí vai.












E iso non é todo! As cabuxiñas do Pondal tamén tiveron tempo de facer un mural para decorar a entrada á biblioteca e que quedou así de bonito.



De seguro que nos agardan un montón de tarefas interesantes este curso!