venres, 31 de xaneiro de 2025

Día da Ilustración e da Paz

 Boas amigos e amigas!

Onte, 30 de xaneiro, conmemoramos no noso cole o Día Escolar da non Violencia e da Paz. Para facelo, aproveitando o PDI da biblioteca, as décadais musicais, cada aula escolleu unha canción relacionada con este día. 

Ademais, como tamén celebramos o día da ilustración decoramos a entrada de noso cole coas cancións escollidas. 



Por último, estivemos na biblioteca presentando a nosa canción, os seus significados, os autores, etc. Foi unha mañá moi divertida e interesante. 







luns, 20 de xaneiro de 2025

Os bolechas en igualdade

 Boas amigos e amigas!

Hoxe, os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Educación Primaria tivemos a sorte de recibir na nosa biblioteca a "Vicente", un pintor experto amigo dos bolechas. 



Falamos sobre o noso patio e sobre como sería o noso patio ideal. Entre todos e todas fomos debuxando ese patio...




Ademais, trouxo ao propio Carlos que tamén nos ensinou algunha cousiña sobre igualdade como a forma de vestir, os xoguetes, as tarefas da casa. E por si fora pouco, tivemos como agasallo un libro de actividades!




Pasámolo xenial aprendendo sobre a igualdade, as oportunidades e os dereitos das persoas!