luns, 16 de decembro de 2024

Guía lectura Nadal

 Boas amigos e amigas!

Agora que xa está por chegar o Nadal queremos compartir convosco a nosa guía de lectura para estas datas!




venres, 13 de decembro de 2024

Recomendacións lectoras decembro

Boas amigos e amigas!

Agora que soamente queda unha semana de clase antes das vacacións de Nadal, quérovos ensinar cales foron as nosas recomendacións lectoras para este mes de decembro. 






xoves, 5 de decembro de 2024

3 de decembro. Día Internacional das persoas con discapacidade

 Boas amigos e amigas!

O pasado martes foi o día internacional das persoas con discapacidade e dende o nosa biblioteca, coa axuda e colaboración do Departamento de Orientación, organizamos unhas xornadas de sensibilización e empatía. 

Para estas xornadas organizamos grupos multinivel que pasaban por diferentes estacións:

- Persoas con discapacidade motora





Neste apartado queremos agradecer a colaboración de APAMP que nos deixou as cadeiras de rodas para poder poñernos na pel desas persoas. 


- Persoas con discapacidade visual





- Persoas con discapacidade comunicativa. Empregamos un xogo de mímica.



- Mural conxunto 





Foi unha xornasda moi enriquecedora!

Sabíades que o termo empregado actualmente é persoas con diversidade funcional?

mércores, 4 de decembro de 2024

Recomendacións lectoras novembro

 Boas amigos e amigas!

Como cada mes, querémosvos ensinar cales foron as nosas recomendacións lectoras tendo en conta que novembro foi o mes da Ciencia en Galego Nas bibliotecas.



Novidades novembro

 Boas amigos e amigas!

Como cada mes na nosa biblioteca tivemos moitas novidades. O tema principal foi a historia xa que é un dos intereses do alumnado e o profesorado para este curso. 

Aqui vos deixamos as incoporacións deste mes. 



luns, 2 de decembro de 2024

Novembro. Mes da Ciencia en galego nas bibliotecas escolares!

 Boas amigos e amigas!

Agora que xa rematou novembro queremos contarvos algunhas cousas que ocorreron este mes na nosa biblioteca. 

Unha delas é que como cada mes, na entrada tivemos unha selección de libros sobre experimentos e ciencia. 


Outra das actividades é que tivemos a sorte de recibir no cole a Enrique, científico que traballa no país veciño no INL Braga. Explicounnos que é a nanociencia e amosounos varios experimentos:




Tarxeta con luces LED


Volcán con bicarbonato e vinagre



Mezcla de líquidos con diferente densidade





O buceador

atravesamos un globo cun pao sen pinchalo.



Foi un pracer contar con él!

E ademáis, algunhas aulas prepararon experimentos para mostrarlle ao resto do cole. Estos son algúns exemplos dos que se levaron a cabo en 1º de Educación Primaria:


Peixes globo






Lacasitos tolos

Encántanos a ciencia!