venres, 25 de outubro de 2024

Inauguración bibliocrocaio

Boas amigos e amigas!

Onte, por fin, inauguramos a nosa fantástica biblioteca. No acto de inauguración o tema principal foi o PDI deste ano: AS DÉCADAS MUSICAIS. Cada ciclo escolleu unha década. 





- Os maiores do cole (5º e 6º de Ed. Primaria) teñen a década dos 70. 
O alumnado de 6º preparou un genially para coñecer un pouquiño mellor a música e as costumes desa década. 
O alumnado de 5º de primaria fixo unha presentación sobre os grupos e cantantes máis coñecidos da época.


- A década dos 80 é para o alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria, que xunto coa profe de música, interpretaron en directo a cancíon: "HIJO DE LA LUNA".

- A década dos 90 é para o alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria, que escolleron cada clase unha canción e a escoitamos todos xuntos. 

- Os 2000 é a década que teñen os pequeniños e pequeniñas do cole. Falaronnos de cantantes coñecidos desa época como David Bisbal é tamén escoitamos unha canción. 









Cando cada clase rematou de presentar a súa década, como cada ano, repartimos as mochilas viaxeiras e entregamos os carnés de biblioteca. Tamén recordamos como está organizada a biblioteca e cousiñas importantes referentes a ela. 





Xa estamos preparados e preparadas para a aventura das décadas musicais!