domingo, 28 de maio de 2017
CHARLOT
Charles Chaplin "ME LLAMO... CHARLES CHAPLIN" É UN LIBRO DE LUIS LUQUE E CARLES ARBAT DA EDITORIAL PARRAMON.
Conta a biografía dun dos máis importantes e xeniais cómicos do século XX chamado Charles Chaplin. Foi un actor fantástico do cine mudo. As súas películas están cheas de sentimentos e de crítica.
Charlot, foi un actor que humanizou o séptimo arte con emocións e sentimentos, con comedia e crítica. Nas películas solía aparecer como un vagabundo cun pequeno bigote, uns grandes zapatos, un bombín e un bastón. DE http://rimasdecolores.blogspot.com.es/2014/05/me-llamo-charles-chaplin.html
PELÍCULAS DE CHARLES CHAPLIN
xoves, 25 de maio de 2017
Percorrido polo Vigo de JULIO VERNE
Guiados polo periodista do Faro de Vigo Eduardo Rolland, o alumnado de 4º, 5º e 6º fixo hoxe a ruta relacionada co Vigo de Julio Verne, desde a fortaleza do monte do Castro fomos baixando ata o Náutico onde rematou o noso percorrido na estatua de Julio Verne.
Estupenda visita!

Para ver esta fin de semana estas dúas películas sobre os libros de Julio Verne:


Para ver esta fin de semana estas dúas películas sobre os libros de Julio Verne:
mércores, 24 de maio de 2017
Unha quedada entre contos e árbores
Máis de 800 escolares de centros de Vigo asisten a unha quedada literaria para compartir lecturas no Parque de Castrelos de Vigo
A noticia no FARO DE VIGO
VIDEO IV QUEDADA LITERARIA por pondalsampaio
A noticia no FARO DE VIGO
VIDEO IV QUEDADA LITERARIA por pondalsampaio
luns, 22 de maio de 2017
Quedada literaria de Castrelos 2017
Mañá martes terá lugar no Parque de Castrelos de Vigo a IV Quedada literaria de colexios de Vigo para compartir lecturas e asistir a un espectáculo de música e contacontos.
Diptico vi quedada literaria 2017 de crocaio
Compartiremos lecturas cos coles Chans Bembrive alumnado de 1º e 2º e co cole da Doblada os de 3º curso.
Pasarémolo moi ben!
Compartiremos lecturas cos coles Chans Bembrive alumnado de 1º e 2º e co cole da Doblada os de 3º curso.
Pasarémolo moi ben!
Comezaron as mamis contacontos no mes das letras galegas
Quedamos encantados, foi moi divertido. Ao final deunos un pequeno agasallo.
Esperámoste outra vez.
Moitas grazas Montse!!!
venres, 19 de maio de 2017
Outra curta moi interesante
Nenos e nenas da Escola unitaria dun pobo de chamado Bureta en Zaragoza, achéganse aos seus maiores para compartir a súa sabiduría.
Trailer corto SÉ. El corto de los niños con los abuelos from Cesar Bona on Vimeo.
mércores, 17 de maio de 2017
Letras galegas 2017
Acto de celebración das Letras Galegas na Biblio Crocaio:
5º : RAP : A galiña azul
2º e 3º : Representación do conto O peixe azul e laranxa
1º : A formiga esquiadora
Infantil 4 e 5: Rap Carlos Casares
6º Biografía en Power Point e lecturas
E para pechar o acto e lembrando que traballamos o proxecto do cine , vimos a curta : A última moeda, da escritora Fina Casalderrey, na que intervén como un dos actores o actual director da Editorial Galaxia Francosco Castro, e lembramos que Carlos Casares foi tamén director desa editorial.
Moito traballo feito nas aulas e marabillosa curta que tedes colgada nunha anterior entrada neste blog .
luns, 15 de maio de 2017
Vida e obra de Carlos Casares
Algúns textos curiosos de Carlos Casares:
E en homenaxe á súa famosísima Galiña azul cantamos esta canción:
Vídeo incluído no libro-disco XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ. María Fumaça, Editorial Galaxia, 2014
venres, 12 de maio de 2017
CINEMA GALEGO PARA O DIA DAS LETRAS GALEGAS
ESCRITA E DIRIXIDA POLA ESCRITORA FINA CASALDERREY, QUE VISITOU A BIBLIO CROCAIO HAI UNS ANOS, CHEGOU ÁS REDES ESTA FERMOSA CURTA QUE VEREMOS NO ACTO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS: A ÚLTIMA MOEDA
O CINEMA GALEGO LEMBRA SEMPRE POR ESTE DÍA UNHA DAS SÚAS PRIMEIRAS CURTAS DO DIRECTOR, XA FALECIDO, CHANO PIÑEIRO: MAMASUNCIÓN
UNHA VISIÓN SOBRE O RURAL GALEGO E A EMIGRACIÓN
mércores, 10 de maio de 2017
Obradoiro de cine
Obradoiro de cine, impartido polo director de curtas Óscar Suárez, que nos ensinou o proceso de facer unha película. Pronto veremos o resultado.
martes, 9 de maio de 2017
O cine que lle gustaba ao escritor galego Agustín Fernández Paz
Domínguez Serén.
domingo, 7 de maio de 2017
sábado, 6 de maio de 2017
venres, 5 de maio de 2017
martes, 2 de maio de 2017
luns, 1 de maio de 2017
MARTES 2: Contacontos Iago López
Iago López , o autor de O cociñeiro Martiño, que foi lectura de nadal en E. Infantil , estará mañá martes na Biblio Crocaio, ás 10.30 h.
Presentará e asinará os libros aos nenos e nenas e pasaremos un momento divertido escoitando as aventuras de Martiño.
O cociñeiro lémbranos que para conseguir algo que non temos moi doado o mellor é a perseverancia; a constancia e o traballo son os mellores amigos para conseguir os nosos soños.
Presentará e asinará os libros aos nenos e nenas e pasaremos un momento divertido escoitando as aventuras de Martiño.
O cociñeiro lémbranos que para conseguir algo que non temos moi doado o mellor é a perseverancia; a constancia e o traballo son os mellores amigos para conseguir os nosos soños.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)