Este curso 2015-2015 imos falar, cantar e xogar moito coa nosa tradición xa que o proxecto que con moita ilusión comezamos pretende traer ao día a día os xogos tradicionais, as cancións galegas que moitas veces os acompañan e outras veces fan referencia a épocas do ano, costumes, oficios etc..e tamén os contos máis populares e tradicionais que, todos: xogos, contos e cantigas, pasan de avós a pais e de pais a fillos , que non están escritos en libros nin se poden comprar en xogueterías. Aparecen según a época do ano, desaparecen e volven outra vez.
O xogo tradicional exprésase oralmente e considérase parte da cultura popular do noso pobo que non debe perderse, a través deles podemos transmitir valores, formas de vida, tradicións.. polo que paga a pena mantelos vivos.
Moitos deles son tamén xogos comúns a outras rexións españolas, boa proba desto é o poema co que hoxe abrimos o curso 2014-2015 e tamén o noso proxecto:
poema Rayuela de Sagrario Pino, do seu libro La casa de los días de Sopa de Libros, Anaya Edit.
RAYUELA
Los soles se multiplican
En el patio del colegio
pierde quien pisa la raya.
Espacio cuadriculado,
una piedra desgastada,
equilibrios en el aire
de una niña despistada.
-¡Tú ya no puedes seguir!
-¡Pierde quien pisa la raya!
Genoveva siempre pierde
y cuando pierde se enfada,
se acurruca en una esquina
y sueña que tiene alas...
Mira la fuente del patio
y en sus ojos, tras las gafas,
los soles se multiplican
en una gota de agua.
Preparade ben todo o material , pero sobre todo deitádevos cedo para estar ben espertos o primeiro día.Vémonos o mércores día dez ás nove!
Preparade ben todo o material , pero sobre todo deitádevos cedo para estar ben espertos o primeiro día.Vémonos o mércores día dez ás nove!
Ningún comentario:
Publicar un comentario