mércores, 30 de maio de 2012
Contos de nais
LEMBRADES ESTE CONTO?
Mirade con atención a adaptación do
conto " A toupiña que quería saber quen lle fixera iso na cabeza" de Werner Holzwarth, realizado por un grupo de nais/pais do Ceip Condesa de Fenosa.
Gracias ao profe Joaquín por compartir este fermoso traballo.
martes, 29 de maio de 2012
ALINE Frazao
Hoxe fíxonos unha visita Aline Frazao, cantante angolana que nos engaiolou coa súa palabra e a súa fermosa voz.
Aí vai unha mostra:
¿Que opinades vós?
Aí vai unha mostra:
¿Que opinades vós?
domingo, 27 de maio de 2012
venres, 25 de maio de 2012
Compartimos do Blogue Arquivos do Trasno esta valiosa información e noraboa polo traballo realizado, sobre os Xogos Olímpicos modernos.
A profe Matilde,que nolo envía quere destacar,
para que vos fixedes,
" a interpretación dun grupo de 12 alumnos
"non virtuosos da música" tocando con "carrillóns" un tema de Vangelis,
ou
a lectura de textos de dous alumnos, un deles de diversificación e
outro repetidor. Lémbranos que: "Ese é o espíritu olímpico, non se trata só de sacar
medalla, senón de participar e facelo o mellor posible."
"O importante é participar"
Espero que vos guste!
A profe Matilde,que nolo envía quere destacar,
para que vos fixedes,
" a interpretación dun grupo de 12 alumnos
"non virtuosos da música" tocando con "carrillóns" un tema de Vangelis,
ou
a lectura de textos de dous alumnos, un deles de diversificación e
outro repetidor. Lémbranos que: "Ese é o espíritu olímpico, non se trata só de sacar
medalla, senón de participar e facelo o mellor posible."
"O importante é participar"
Espero que vos guste!
mércores, 23 de maio de 2012
O Venres CINE!!!
Comprado polo profesor Jordi Sabater a uns cazadores, o primate convertiuse moi pronto nun símbolo da cidade e faleceu no 2003, como consecuencia dun cáncer de pel.
O gorila máis popular do Zoo de Barcelona chegou ás nosas pantallas no inverno de 2010 para protagonizar un film no que están presentes diferentes escenarios de Barcelona. Mezcla animación, 3D e imaxe real.
O filme de aventuras, pretende preservar a memoria do primate albino e transmitir valores como o esforzo,o compañeirismo e o respecto á natureza.
Copito de Nieve en agosto de 2010
luns, 21 de maio de 2012
domingo, 20 de maio de 2012
Un soño na bandexa
O pasado 2 de abril celebrouse o Día Mundial de concienciación sobre o autismo.
Hai uns día e por xentileza do Departamento de Normalización lingüística do Concello de Vigo chegou ao cole este libro:
Un conto con pictogramas que facilitan a aprendizaxe e o entretemento de nenas e nenos con autismo, publicado pola editorial Galaxia, Un soño na bandexa, de Mariné Lorenzo con ilustracións de Ana Francisco e Jorge Vázquez.
Os dereitos da autora orixinados pola venda deste libro están destinados á Fundación Menela.
Crocaio déixavos un interesante vídeo sobre autismo:
Hai uns día e por xentileza do Departamento de Normalización lingüística do Concello de Vigo chegou ao cole este libro:
Este conto é unha oportunidade para a integración e tamén para o uso do galego.
Texto breve en verso no que a protagonista pide ao camareiro: unha taza de chocolate quente cun vasiño de anís, pero tamén un sorriso grande, un abrazo forte de amigo envolto en caramelo tostado, un día de moito frío para compartirlo e un bico de doce de merengue. E o camareiro ....Un soño compartido por lectores e lectoras....
Texto breve en verso no que a protagonista pide ao camareiro: unha taza de chocolate quente cun vasiño de anís, pero tamén un sorriso grande, un abrazo forte de amigo envolto en caramelo tostado, un día de moito frío para compartirlo e un bico de doce de merengue. E o camareiro ....Un soño compartido por lectores e lectoras....
Os dereitos da autora orixinados pola venda deste libro están destinados á Fundación Menela.
Crocaio déixavos un interesante vídeo sobre autismo:
venres, 18 de maio de 2012
!8 e 19 de Maio, no MARCO de Vigo
A EEI Monte da Guía, coa nosa compañeira a profe Marta recoméndannos, para hoxe e mañá unha gran festa da cultura no Museo MARCO de arte contemporáneo de Vigo na rúa do Príncipe.
Alí estaremos!!
‘xabarín18’. Obradoiros infantís
Obradoiros de ilustración en torno á maioría de idade de Xabarín, e proxección dos ‘xabarretratos’ con diferentes versións do personaxe realizadas por ilustradores participantes no proxecto ‘xabarín18’- Para nenos/as a partir de 3 anos acompañados de persoas adultas
- Lugar: salón de actos
- Horarios: venres de 17.00 a 20.00 e sábado de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00
- XABARÍN18
é un proxecto promovido polo EEI, Monte da Guía (Vigo) e CEP Sequelo
(Marín), coa colaboración de Televisión de Galicia
Xabarín, ‘o porco bravo máis famoso da televisión’, creado por Miguel Anxo Prado para o Xabarín Club da TVG, cumpriu 18 anos o 18 de abril de 2012. Con este motivo, os centros de ensino EEIMonte da Guía de Vigo e CEP Sequelo de Marín, coa colaboración de TVG, puxeron en marcha o proxecto XABARÍN18, no que 21 ilustradores galegos crearon as súas propias versións do personaxe, os ‘xabarretratos’.O proxecto cobra agora maior visibilidade con ocasión da Festa DIM no MARCO. O venres 18 e sábado 19 terán lugar obradoiros para público infantil en torno á maioría de idade de Xabarín, dirixidos por ilustradores participantes no proxecto, que colaboran de forma desinteresada nesta iniciativa, coa axuda do persoal de didáctica do Museo.
Simultaneamente, unha proxección con banda sonora e momentos especiais do Xabarín Club, presenta a totalidade dos ‘xabarretratos’ realizados por 21 debuxantes: RAMÓN TRIGO - KIKO DA SILVA – DAVID AMOEDO ‘DAVIDA’ - UXÍO COUTO - PEPE CARREIRO - AUGUSTO METZTLI - LUZ BELOSO - DAVID BUCETA - XOSÉ LOIS ‘O CARRABOUXO’ - ABRAHAM CARREIRO - ALBA CASTILLO - NURIA DÍAZ BERRIDE - JACOBO FERNÁNDEZ - JORGE FERNÁNDEZ PERAL - GABRIEL IGLESIAS - MARTÍN JARIO - IDOIA DE LUXÁN – DIEGO OMIL - QUICO - ANTONIO SEIJAS - CARLOS TABOADA.
HORARIOS OBRADOIROS - VENRES De 17.00 a 18.00 obradoiro con KIKO DA SILVA
De 18.30 a 20.00 obradoiro con DAVIDA e UXÍO COUTO
SÁBADO De 12.00 a 14.00 obradoiro con RAMÓN TRIGO
De 17.00 a 18.30 obradoiro con PEPE CARREIRO
De 18.30 a 20.00 obradoiro con AUGUSTO METZLI e MARTHAZUL
Concertos de música de cámara
A cargo de alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Vigo- Horario: sábado ás 13.00 e ás 20.00
- Lugar: vestíbulo de acceso a salas
- Organiza: Conservatorio Profesional de Música de Vigo
Con ocasión da Festa DIM, e en liña co obxectivo de ampliar as súas actividades a outros espazos culturais da cidade, o Conservatorio Profesional de Música de Vigo colabora co MARCO ofrecendo actuacións dos seus alumnos nos espazos do Museo. Concertos de música de cámara en lugares non habituais; espazos de tránsito de visitantes nos que a presenza do público se une ao son dos instrumentos.
xoves, 17 de maio de 2012
Paz Andrade: Galicia como tarefa
Crocaio recolleu para vós, neste día das LETRAS GALEGAS este video do IEs Lama das Quendas de Chantada, para poñer en valor o galego:
Disfrutade do día!!
mércores, 16 de maio de 2012
Na nosa hortiña
Esta semana plantamos tomates e sementamos berenxenas:
e temén recollemos as ervellas, que se chaman tamén chícharos ou guisantes:
Nas fotos alumnos de cuarto curso.
e temén recollemos as ervellas, que se chaman tamén chícharos ou guisantes:
Nas fotos alumnos de cuarto curso.
domingo, 13 de maio de 2012
Visita ao MUSEO VERBUM: Casa das palabras en SAMIL,Vigo.
O venres o terceiro ciclo do cole, visitou o Museo Verbum en Vigo para disfrutar dun obradoiro sobre o escritor Valentín Paz Andrade , autor homenaxeado nas Letras galegas 2012.
Pasámolo moi ben e recomendamos a visita ao museo e o disfrute do marco incomparable da Praia de Samil na Ría de Vigo, coas Illas Cíes ao fondo.
Aprendemos xogando, moitas cousas sobre Castelao e Paz Andrade, así como sobre xornalismo.
OBRADOIRO PAZ ANDRADE- MUSEO VERBUM-VIGO on PhotoPeach
sábado, 12 de maio de 2012
Homenaxe a MAURICE SENDAK
Píde o libro na BIBLIO!!
Maurice Sendak decidiu dedicarse ao mundo da literatura infantil despios de ver outro clásico de Walt Disney Fantasía.
Falece o escritor estadounidense Maurice Sendak, un dos exponentes da literatura infantil máis importantes do s. XX, autor de clásicos como "Donde viven los monstruos"
Maurice Sendak atreveuse a viaxar ao lugar das emocións infantiles. Para él era evidente que os nenos viven día a día con emocións que os maiores nos empeñamos en negarlles: a dor, o medo, o enfado, a pena… e que forman parte da nosa vida desde pequenos.
Maurice empuxounos a viaxar hasta alí, onde viven os monstruos, para volver non sei si salvados, pero a lo menos coa experiencia de ternos atrevido a dominar aos monstruos que nos rondan. Nese encontro e despois de todo, no nos pareceron tan tan fieros.
Maurice Sendak decidiu dedicarse ao mundo da literatura infantil despios de ver outro clásico de Walt Disney Fantasía.
"..Ata chegar á noite do seu cuarto onde encontrou a súa cena. Que ainda estaba quente."
venres, 11 de maio de 2012
Letras galegas 2012: Valentín Paz Andrade
Toda a información sobre a vida e obra de
Paz Andrade
Paz Andrade
LIM do CEIP Frián Teis
martes, 8 de maio de 2012
sábado, 5 de maio de 2012
CROCAIO hoxe veu cargadiño con todos estes agasallos
para as mamás, trouxo...uns libros:
Unha escultura do ourensano Acisclo Manzano
Un poema: Mi mamá
www.poemitas.comTengo una mamá divina,
la quiero requetemucho.
Parece un hada madrina
con varita y cucurucho.
Los enfados, si me besa,
se me van en un segundo.
Mi mamá es una princesa.
¡La más bonita del mundo!
Sus caricias, sus cosquillas
y su risa chispeante
ahuyentan mis pesadillas.
¡Es mi caballera andante!
Tararea una canción
y cualquier monstruo se va,
sea fantasma o dragón.
¡Tengo una supermamá!
Cuando me duele la tripa,
me arrulla y me cuenta un cuento.
Con ella lo paso pipa.
¡Qué dulce medicamento!
Me espanta cualquier temor.
Me consuela cuando lloro.
Es la pirata mejor;
y yo, su mayor tesoro.
Mi mamá es maravillosa,
me alegra con su alegría,
pinta la vida de rosa
y TODO EL AÑO ES SU DÍA.
CarmenGil
E un conto:
FELIZ DÍA MAMÁS !!
mércores, 2 de maio de 2012
Celebrando o Día do Libro
Levamos días agardando polo sol para saír a contar os contos pero como non deu chegado decidimos facelo hoxe e na Hora de Ler buscaron un curruncho axeitado do cole e alí compartiron as historias que levaban preparadas desde hai días, coa música de "Carros de Fuego " de fondo.
Ao rematar foron xuntándose na Biblioteca para rematar a celebración.
Así nos quedou:Da biblioteca á natureza: Bibliocrocaio 2012 on PhotoPeach
Para saber como se fai un libro aprendemos cos Bolechas como fixeron o libro sobre o seu can Chispa:
E ainda tivemos tempo de facer entre todos o LIM de Fina Casalderrey que preparou a profe Inés na nova pantalla interactiva que estreamos hoxe.(Aquí colocándoa)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)