Hoxe celebramos o día de Rosalía de Castro. Escolleuse esta data por ser hoxe, día 24 de febreiro a data do seu nacemento.
Aquí tedes unha selección de libros para nenos e nenas sobre Rosalía e os seus poemas.
ROSALÍA DE CASTRO PARA NENOS
Rosalía de Castro. Ediciones de la Torre.
124 páginas
ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES.
Rosalía de Castro Ilustracións de Rodrigo Chao Blanco.
Baía Edicións.
ROSALÍA.
Fundación Rosalía de Castro.
Helena Villar Janeiro / Ánxeles Ferrer.
Dedicado o Día das Letras Galegas en 1963
Para coñece-la en profundidade a Rosalía debedes clicar
A SÚA VIDA
Nace en Santiago de Compostela o 24 de febreiro do ano 1837, ás 4 da madrugada, no Camiño Novo nunha casa que xa non existe. Foi bautizada no Hospital Real (actual Hostal dos Reis Católicos) cos nomes de María Rosalía Rita.
A súa nai María Teresa de Castro y Abadía (1804-1862), era de familia fidalga, os Castro, de orixe castelán, pero establecida en Galicia dende a Idade Media; foron condes de Lemos nunha das súas ramas. O seu pai, José Martínez Viojo (1798-1870) era un seminarista que logo chegaría a ser Capelán da Colexiata de Iria.
Descoñécese cantos anos estivo Rosalía en Ortoño, probablemente ata os doce que é cando pasa a vivir en Padrón coa súa tía Teresa Martínez Viojo, onde Teresa de Castro se fai cargo dela e pasan a vivir logo a Santiago. Alí estuda música e debuxo na "Sociedad de Amigos del País". Nesa mesma época participa activamente no "Liceo de la Juventud", instalada no antiguo convento de San Agustín. Rosalía tiña grandes dotes de actriz e sábese que en 1854 representa no Liceo o papel principal de Rosmunda, drama de Gil y Zárate, con gran éxito. No Liceo toma contacto coa vida intelectual de Santiago e coñece a Pondal e Aurelio Aguirre. Este último exerceu gran influencia en Rosalía e que se revela sobre todo en La flor, o primeiro libro de Rosalía. Tamén hai unha poesía de Aguirre dedicada a Rosalía daquela época.
En 1856 Rosalía trasládase a Madrid, onde vive na casa dunha prima da súa nai, María Josefa Carmen García-Lugín y Castro. Publica a colección de versos La flor, en castelán. Murguía, que por entonces tamén residía en Madrid, escribe un artigo moi favorable, mesmo alentador, en La Iberia, aínda que con obxeccións á pouca madurez dalgunhas composicións. A raíz deste suceso coñécense e casan o dez de outubro de 1858 en Madrid, na igrexa de San Ildefonso. Trasládanse a vivir a Santiago e ó ano seguinte teñen a primeira filla, Alejandra (1859-1937) dez anos maior que o máis vello dos seus seis irmáns. Vivirán en distintos lugares según o destino de Murguía: A Coruña, Madrid, A Mancha, Extremadura e Simancas (onde Murguía é nomeado xefe do "Arquivo de Simancas", despois da Revolución de Setembro), é ahí onde Rosalía escribiu a maioría dos poemas de Follas Novas. En 1862 morre a súa nai. Son anos nos que pasan apuros económicos, a vida non é doada para eles.
En 1863 apareceu (en Vigo) o seu primeiro grande libro "Cantares Gallegos" , sen dúbida a base de todo o rexurdimento literario e non literario da Nosa Terra, recollendo o tímido labor doutros como Pintos ou Añón e o fito que significaron os xogos frorais da Cruña (1861) e o seu "Album de la Caridad" (1862); o 17 de maio daquel ano firma Rosalía a adicatoria da obra pra Fernán Caballero, data adoptada, co gallo do seu centenario, como Día das Letras Galegas (1963).Na década de 1860-70, ferida pola saudade, escribe boa parte de Cantares Gallegos e a maioría das súas novelas.
"Vigo está vencellada ó nacemento da literatura galega, porque 'Cantares gallegos'
é o primeiro libro en galego".
En 1873 nace na Coruña, Amara que finará en 1921. O 20 de marzo de 1875 nace en Santiago Adriano Honorato Alejandro, que morrerá ó caer dunha mesa o 4 de novembro de 1876 en en 1877 nace, morta, Valentina.
Os derradeiros anos da súa vida pásaos en Padrón, na súa casa de A Matanza (hoxe Casa Museo de Rosalía). Alí remata Follas Novas e escribe En las orillas del Sar.
En Padrón atopábase a casa solariega dos Castro, o pazo de A Arretén, que por aquel entonces xa non pertencía á familia. Rosalía evócaa nun poema de Cantares Gallegos, Como chove miudiño, así como a figura do seu avó, José de Castro Salgado, que Rosalía non chegou a coñecer. Rosalía tiña interese en publicar Historia de mi abuelo, pero nin chega a editarse, nin o orixinal chega ata nós, probablemente desaparecido na queima de papeis que ordenou facer á súa filla Alejandra antes de morrer.
Rosalía nunca foi unha muller forte e en 1885 agrávase o cancro que padecía, por iso decide pasar unha tempada en Carril, na ría de Arousa, xa que antes de morrer quería ve-lo mar.
Ós 48 anos, o día 15 de xullo de 1885, morre en Padrón, donde levaba tempo morando, na casa da Matanza que hoxe está convertida en museo.
Foi enterrada no cemiterio da Adina, na igrexa parroquial de Iria, á que ela cantara nuns preciosos versos de Follas Novas.
O 25 de maio de 1891 os seus restos foron trasladados á igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago, ó Panteón de Galegos Ilustres, onde repousa na actualidade.
A OBRA DE ROSALÍA
Rosalía escribiu en galego e en castelán, en prosa e en verso. A súa obra está profundamente marcada polas circunstancias que rodearon a súa vida, apuros económicos, desgracias familiares e saúde delicada.
En galego escribiu os libros de poemas Cantares gallegos (1863) e Follas novas (1880). En castelán e en verso, La flor (1857), A mi madre(1863) e En las orillas del Sar (1884). En castelán escribiu tamén a novela romántica El caballero de las botas azules (1867).
En Cantares gallegos, Rosalía de Castro trata de dignifica-la imaxe de Galicia, conta os costumes do pobo e defende o galego. Moitos poemas son glosas de cantigas populares. Denuncia a miseria e a emigración masiva a que estaban obrigados os galegos, sen deixar de verte-los seus sentimentos e vivencias persoais.
Follas novas é unha obra profundamente intimista, reflexo dos sentimentos persoais de Rosalía: soidade, dor e desasosego. Con poesía de acento universal, Rosalía recorre o camiño do particularismo e do universalismo, para transcende-las vivencias estéticas e dar unha visión radical da vida e preguntarse polo sentido mesmo da existencia humana.
A poetisa folclórica de Cantares gallegos transfórmase en poetisa filosófica en Follas novas, onde se amosa como un xenio da literatura universal pola súa poesía metafísica.
Fonte consultada: Magazine "La ría de Vigo", 2001.
ir a: rosalía de castro
http://www.galespa.com.ar/
Ningún comentario:
Publicar un comentario