venres, 5 de xuño de 2026

5 de xuño. Día Mundial do Medio Ambiente

O día 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. No noso colexio estamos a realizar distintas actividades en torno a esta data.

Ademais das actividades que facemos ao longo do curso, como reciclado de papel e plástico en distintos colectores, horta ecolóxica, redución de residuos... dende o EDLG e a Horta solicitaron ás familias a súa colaboración para facer flores con retais de roupa e decorar o patio.




A Bibliocrocaio, no expositor do corredor, colocou algúns libros relacionados coa temática para concienciar no coidado do noso planeta.

Ademais recibimos do Concello de Vigo estes libros que traballamos e limos nas clase.





En 3º de primaria parte do alumnado fixo un proxecto sobre a contaminación e como podemos coidar o medio ambiente. 


En 1º e 2º traballaron a reciclaxe e a súa importancia e, con axuda de 3º, fixeron magníficas capas con restos de tea e convertíronse en super patrulleiros. 




En inglés viron vídeos e fixeron sopa de letras relacionada coa temática.




Manualidade en infantil. Polbo galego.

En infantil, dentro do PDI da Bibliocrocaio "Comeza a viaxe", estivemos a traballar Galicia. 

Esta semana fixemos un polbo galego entre todo o alumnado de infantil.

Así de simpático quedou:







xoves, 4 de xuño de 2026

Colaboración familias. Nai de Teo (4º de primaria)

Hoxe tivemos o pracer de desfrutar de novo da visita de Marta, nai de Teo de 4º de primaria, cun conto escrito por ela mesma titulado "Euxenia" e que contou ao alumnado de infantil. 

Unha preciosa historia!!

Moitas grazas Marta!!







Cómic manga de Emma, André e Antwan.

Emma, André e Antwan de 4º de primaria, estiveron durante os últimos meses elaborando un cómic manga con toda a ilusión e tamén esforzo. 

Deixámosvos aquí algunhas das páxinas do mesmo e que encuadernaremos para a nosa Bibliocrocaio.

Moitas grazas nen@s polo voso traballo!!













martes, 2 de xuño de 2026

Colaboración familias. Nai de Aldán.

 Hoxe a nai de Aldán veu como contacontos cun precioso libro:

"A araña moi ocupada"

Depois xogamos cunhas tarxetas para saber onde viven os animais.

Grazas mami!









luns, 1 de xuño de 2026

Colaboración familias. Pai de Adriana.

Hoxe tivemos a visita de Guille, o pai de Adriana. Veu contar a infantil uns preciosos contos:

"El pollo Pepe y los números"

" La sirenita"

"Adivina cuánto te quiero"

" O coelliño branco"

E para rematar trouxo u xogo de equilibrio moi divertido onde participamos todos e todas.