martes, 8 de decembro de 2020

Día 3 de decembro Día Internacional das Persoas con Discapacidade e Axenda 2030

O día 3 de decembro foi declarado Día Internacional das Persoas con Discapacidade. E quixemos lembrar un precioso conto de Charo Pita que aparece no folleto de Biblioteca Inclusiva titulado: 

O palacio das sete xanelas



E seguindo os obxectivos da axenda 2030 de Desenvolvemento Sustentable, queremos, como biblioteca, contribuír ao acceso e oportunidades para todos e todas e onde cada quen atope o seu lugar de maneira inclusiva reducindo as desigualdades. 



Dentro do catálogo de libros que ofrece a nosa Bibliocrocaio, deixamos dous títulos que mercamos este curso e que vos animamos a ler, relacionado coa biblioteca inclusiva. Lembrade que temos unha zona con libros específicos de biblioteca inclusiva 




Ningún comentario: