luns, 19 de decembro de 2022

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

 Aquí ensinámosvos as últimas adquisicións para a nosa biblioteca que xa podedes desfrutar delas no cole ou para levar para casa en préstamo. 


"Todo lo que brilla" é un libro precioso, co que sorprenderse da cantidade de elementos tanto naturais coma artificiais que nos rodean que emiten brillo. 






" Rato en fuga" é un libro poemado en maiúscula e rimado, xenial para vai encantar aos máis peques do cole. 



Engadimos un título do prolífico e aclamado David Walliams que de seguro vos vai a encantar.



Un cómic para os maiores do cole, un canto ao respeto, a amizade e a diversidade, coa mistura perfecta de aventura e misterio.




Engadimos a nosa biblioteca a saga "Hearstopper" que tantos fans ten para os maiores do cole. E non é para menos, ben merecida que a ten! Agardando xa a que editen o tomo 5 en castelán! 



Con "Heartstopper" e "Snapdragon" creamos unha nova sección na nosa biblioteca que xa precisaba ter o seu propio oco. Ademais engadimos outra nova sección de adolescencia e sexualidade que tamén precisaba o seu recunchiño polo cole. 


"Cuéntamelo todo" xorde tras centos de obradoiros de sexualidade levados a cabo polos autoras nos coles. Trátase dun libro no que se dan respostas claras ás preguntas máis comúns dos nenos/as.



Porque un libro sobre a regla tamén pode ser un súper ventas cando está ben escrito e ben explicado. Un libro útil que pode aclarar as dúbidas ou as inquedanzas dos nosos alumnos/as e/ou das súas familias.  




É importante coñecernos a nós mesmos/as, para poder así coidarnos e respetarnos. É importante ter fontes seguras e fiables que nos expliquen os cambios que xorden na adolescencia, para ter ferramentas que nos axuden nesta etapa tan especial. 


venres, 16 de decembro de 2022

Charla Club Peña Trevinca

 Hoxe visitáronnos Lois e Cristina do Club Peña Trevinca para falarnos de montaña, de grandes deportistas referentes neste mundillo;  de seguridade  cando saímos a pacticar deporte neste ambiente; de equipación actual e no pasado para afrontar as saídas e tamén, nos falaron de respeto e coidado a natureza cando practicamos deporte na natureza. Tamén nos falaron dos moitos deportes que podemos facer con eles no seu club, tanto para adultos, coma para nenos/as e familias. Foi unha gozada escoitalos e telos polo cole e queremos darlles as grazas outra vez pola visita. Aos peques encantoulles ademais que lles deixaran probarse todo o material que trouxeron para ensinar. Aquí tendes algunhas fotos da súa visita. 

https://trevinca.es/










martes, 13 de decembro de 2022

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

 


Engadimos dous títulos máis á colección de Kitty que temos na biblioteca! 





Engadimos os episodios 7 e 8, e 9 e 10 de Animalotes que xa nos pedírades en varias ocasións! 




Engadimos tamén, despois de ler as vosas peticións, dous números máis da colección de Perrock Holmes!




O debuxo kawaii está de moda! Con este libro e paso a paso, poderedes facer debuxos moi chulos. De seguro que vos vai encantar. 





Na sección de poesía tamén hai novidades, Neste caso poderedes desfrutar destes preciosos haikus con este libro recén editado.  





E por último, o libro que moitos e moitas estábades esperando. Xa temos o libro que faltaba da colección La casa del árbol.