xoves, 17 de novembro de 2022

Charla de Nacho, guía de montaña.

Hoxe tivemos unha charla dentro do noso proxecto de montañas, Cabuxas do Pondal. Veu visitarnos ao cole, Nacho, un guía de montaña que desenvolve o seu traballo dende a nosa cidade, Vigo. 

Na charla, os alumnos e alumnas puideron ver un vídeo resumo da súa ascensión ao Aconcagua mentres nos explicaba e daba un montón de datos, consellos, informacións e experiencias. Os peques puideron facer todas as preguntas que lles ían xurdindo. Tamén nos trouxo un montón de material de montaña e explicounos a súa utilidade. Entre todos montamos unha mochila para un día de montaña e tamén nos contou como fai montañismo con persoas con dificultade visual. 

A verdade é que o alumnado estivo moi activo, fixeron moitas preguntas e amosáronse moi interesados. Falaunos de seguridade, de aclimatación, campamentos base, roupa de abrigo, piolets, crampóns, mapas e compases, helicópteros, comida, auga, como desconxelar xeo, walkie talkies...e un montón de cousas máis que fixeron que a charla fose moi interesante e completa. 

Agradecemos moito a súa visita. Podes volver cando queiras!


Aquí tendes a súa web por se queredes acercarvos ao seu mundo e planificar algunha aventura de montaña  ou anotarvos a algunha das actividades que ten preparadas para os próximos meses. 

Guía de Montaña - Nacho Pequeno

Aquí tendes o seu perfil de Facebook: (9) Nachopequeno Guía de Montaña | Facebook













































NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Aquí van novidades que acabamos de incluir no noso catálogo da Bibliocrocaio para desfrute do nosos alumnado e familias.




Un preciosa álbum ilustrado que nos recorda a importancia de rodearse de persoas que nos animen e crean en nós, e da capacidade de enfrontarnos aos nosos soños e retos. 






No buzón de peticións da biblioteca había varias desideratas para facernos con este libro que conta con moitos fans. Agora temos a vosa disposición a última edición. Montóns e montóns de info para ler e desfrutar.












Un libro con pop ups desplegables para coñecer a algúns dos animais de montaña.  





Un libro informativo que fará as delicias dos máis e máis interesadas no Everest. Montóns de información, debuxos, gráficos, explicados de forma sinxela para os nenos e nenas. 






As historias de Ariol son cercanas ás vivencias dos nenos, como se relaciona cos seus compañeiros de colexio, cos pais dos amigos,etc. Son historias moi divertidas e cun punto gamberro pero á vez, cheas de valores coma a amizade, a solidaridade e o compañerismo. 






E por último, un libro de gran formato e con fotografías reais que sempre é un éxito. Un libro que fai un recorrido polas cores dos animais.



Xa están dispoñibles na Bibliocrocaio para que poidades desfrutar deles alí mesmo ou levalos de préstamo para casa!

mércores, 16 de novembro de 2022

MAGOSTO

Castañas asadas, choripán, xogos tradicionais, concerto de pandereteiras do barrio, bailes, cancións, photocall!! Menuda mañá máis bonita e especial puidemos desfrutar coa compañía das familias no cole. 











Cabuxiñas do Pondal!! Seguide desfrutando deste marabilloso outono!!!




venres, 11 de novembro de 2022

11 de novembro. Día das librarías

 

Hoxe é o día das librarías. Esos recunchos que son tan importantes para nós, para as bibliotecas, onde podemos seleccionar os mellores libros para os nosos e as nosas peques. 


Ilustración da marabillosa ilustradora Esther Gili.