mércores, 12 de abril de 2023

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN.

Como sabedes, encántanos contar coa participación das familias nos diferentes proxectos do colexio e gústannos moito as vosas visitas. E a ilusión que lles fai aos peques vervos por aquí!

Agora queremos proporvos que de forma voluntaria , algún membro da vosa familia (nai, avoa, tía, curmán, etc) ou amizade, veña á nosa biblioteca a contar un conto, historia, teatrillo...o que se vos ocorra!

Pode ser para a clase dos vosos fillos ou fillas, ou podemos amplialo se vos apetece a algún curso máis que vós consideredes oportuno. 

Podedes vir acompañadas/os ou sós, ou incluso membros de diferentes familias podedes facer un grupo para vir. Tamén podedes preparalo cos vosos peques. Non hai regras! Vós decidides como queredes facelo!

O horario da actividade tamén quedaría a vosa dispoñibilidade, pero sería dentro do horario lectivo.  Só tendes que avisar á vosa titora para coordinar a data e a hora. 

Animádevos a participar. As portas da Bibliocrocaio ábrense para vós! 





mércores, 29 de marzo de 2023

NOVIDADES NA BIBLIOTECA


Nesta ocasión as novidades son todas álbumes ilustrados. 




Margarita del Mazo, autora de "O Rebaño", fainos reflexionar sobre esas ovellas ás que facemos saltar todos os días para quedar durmidos. E se algunha non quere saltar máis?







A ver como resolve  Dina ese enfado?





Tres amigos competindo por ser o monstruo máis feo do mundo. Quen o conseguirá?




Una pipa mala que xa se está a aburrir de ser sempre a mala.





Axudaremos a Lola a buscar o arco da vello. Conseguirémolo?




Unha noite non te podes ir a durmir porque na túa cama hai unha vaca. E ti que farías?



 

luns, 27 de marzo de 2023

2ª edición de Artistas do Pondal

 Que experiencia tan bonita! Grazas aos nosos e ás nosas artistas por deixarnos desfrutar da súa arte inda que só fora por uns minutiños. E grazas ás familias por apoialos e darlle coraxe para enfrentarse a un público! Unha aprendizaxe incrible. Aquí algunhas fotos dalgúns instantes vividos. 
























venres, 24 de marzo de 2023

NOVIDADES NA BIBLIOTECA




Un libro precioso de Andrea Maceiras que  mestura aventura, natureza e sentimentos.








ElHematocrítico xa ten moitos exemplares na nosa bilioteca. Incluimos a última aventura da Axente Riciños!








"Rima que te rima" é un libro que non poderás parar de ler! 









Fóra estereotipos!!! Un libro estupendo para deixar atrás esas cousas que se din , que se presupoñen ou que se esperan.








Con este libro podemos acompañar aos peques cando teñen que despedirse da súa mascota.