" Despistado", unha historía chea de tenrura.
martes, 11 de outubro de 2022
NOVIDADES NA BIBLIOTECA
luns, 10 de outubro de 2022
LECTURAS INTER AULAS
Unha día a semana os grupos de cole xúntanse para facer a lectura da hora de ler de forma conxunta.
Este primeiro trimestre, 5º e 6º está indo a ler con 1º; 4º vai con 6º de Infantil e; 2º e 3º de primaria vai cos máis peques do cole, 4º e 5º de Infantil.
Son momentos moi importantes para os peques que os agardan con ilusión, e con múltiples beneficios para os nenos e as nenas.
Toca o timbre e piden 5 minutiños máis!
CONTACONTOS
Alumnos de 4º de Educación Primaria estiveron de xira polo cole presentando o seu grande espectáculo de títeres. E con grande éxito! Títeres, que por certo, elaboraron eles con axuda das familias.
venres, 7 de outubro de 2022
BIBLIOTECA NOS RECREOS
Este curso, aos luns e aos xoves, o alumnado poderá acercarse ata a biblioteca e desfrutar de todos os recursos que nela se atopan. Este xoves 6 de outubro foi o primeiro día. Ademais, contamos co alumnado axudante de biblioteca de 5º e 6º de Primaria para axudar nas tarefas propias da biblioteca escolar: organizar os materiais, propor suxerencias, arranxar libros do "Hospital de libros", facer préstamos e devolucións, etc.
luns, 3 de outubro de 2022
INAUGURACIÓN BIBLIOTECA CURSO 2022 - 2023
O luns 3 de outubro inauguramos a biblioteca para este curso 2022-2023. Foi unha celebración especial xa que facía moito, moito tempo que non nos xuntabamos todos as nenas e nenos do cole na biblioteca. E xa tiñamos moitas ganas!
O proxecto deste curso son as montañas! Puxémoslle de título "Cabuxas do Pondal".
E para arrincar, cada aula "apadriñou" unha montaña. E prepararon un traballiño para presentar aos demais grupos. A verdade é que o fixeron xenial. Foi un bo comezo, cabuxiñas!