luns, 10 de outubro de 2022

LECTURAS INTER AULAS

Unha día a semana os grupos de cole xúntanse para facer a lectura da hora de ler de forma conxunta.

Este primeiro trimestre, 5º e 6º está indo a ler con 1º; 4º vai con 6º de Infantil e;  2º e 3º de primaria vai cos máis peques do cole, 4º e 5º de Infantil. 

Son momentos moi importantes para os peques que os agardan con ilusión, e con múltiples beneficios para os nenos e as nenas. 

Toca o timbre e piden 5 minutiños máis!










CONTACONTOS

Alumnos de 4º de Educación Primaria estiveron de xira polo cole presentando o seu grande espectáculo de títeres. E con grande éxito! Títeres, que por certo, elaboraron eles con axuda das familias.



 


venres, 7 de outubro de 2022

BIBLIOTECA NOS RECREOS

 Este curso, aos luns e aos xoves, o alumnado poderá acercarse ata a biblioteca e desfrutar de todos os recursos que nela se atopan. Este xoves 6 de outubro foi o primeiro día. Ademais, contamos co alumnado axudante de biblioteca de 5º e 6º de Primaria para axudar nas tarefas propias da biblioteca escolar: organizar os materiais, propor suxerencias, arranxar libros do "Hospital de libros", facer préstamos e devolucións, etc.











luns, 3 de outubro de 2022

INAUGURACIÓN BIBLIOTECA CURSO 2022 - 2023

    O luns 3 de outubro inauguramos a biblioteca para este curso 2022-2023. Foi unha celebración especial xa que facía moito, moito tempo que non nos xuntabamos todos as nenas e nenos do cole na biblioteca. E xa tiñamos moitas ganas!

O proxecto deste curso son as montañas! Puxémoslle de título "Cabuxas do Pondal". 



E para arrincar, cada aula "apadriñou" unha montaña. E prepararon un traballiño para presentar aos demais grupos. A verdade é que o fixeron xenial. Foi un bo comezo, cabuxiñas!


Aquí tendes un vídeo cunha mostra dos traballos que expuseron.

Ademais, decoramos as portas das aulas e aproveitamos para ir de visita polo cole para velas e aprender inda máis. Aquí tendes unhas fotos nas que alumnas de 4º nos contan un montón de datos que agocha a súa porta sobre o Etna. 




E de seguro que queredes ver como quedaron as outras portas de aula. Pois aquí vai.












E iso non é todo! As cabuxiñas do Pondal tamén tiveron tempo de facer un mural para decorar a entrada á biblioteca e que quedou así de bonito.



De seguro que nos agardan un montón de tarefas interesantes este curso!














venres, 24 de xuño de 2022

O curso 2021/2022 chega ao seu fin

Todas as viaxes teñen unha final e ata aquí chegou a nosa. Unha viaxe cargada de ciencia, de experimentos, de ficción e de moita ciencia e ficción. Tomar conciencia de moitas das cousas que nos rodean era o noso obxectivo e pódese dicir que foi totalmente acadado. 
Voltaremos en setembro con moitas ganas, paixón e sobre todo ilusión.

Felices vacacións!


xoves, 23 de xuño de 2022

Recomendacións lectoras para o verán

 O último día de curso todo o alumnado levou para as súas casas o tríptico de verán coas recomendacións lectoras que Crocaio vos fai como todos os anos.

Desfrutade do verán en compañía dun libro para que sigades soñando!





Voluntariado Lector: esencial na Bibliocrocaio

Por aquí deixámosvos unhas fotografías do acto da entrega dos agasallos e diplomas para o voluntariado lector do CEIP Eduardo Pondal. Arpoveitamos para volver a darlles as grazas por todo o seu esforzo e traballo durante o curso. Parabéns!




domingo, 19 de xuño de 2022

Rosalía de Castro, unha das protagonistas da nosa excursión de Fin de Curso

O pasado 9 de xuño todo o alumnado do CEIP Eduardo Pondal visitou a casa museo de Rosalía de Castro. No ano 1947 creouse o Patronato de Rosalía de Castro co fin de recuperar a Casa da Matanza. Esta foi restaurada no ano 1971 co obxectivo de dar a coñecer a figura e obra da escritora. O alumnado disfrutou do seu interior e do seu xardíns ao mesmo tempo que gozaba da paz que transmite este lugar. Por suposto, adquirimos novos exemplares que forman xa parte da Bibliocrocaio e que moi pronto vos ensinaremos.




A continuación deixámosvos un vídeo que resume toda a xornada no que se inclúe a visita á casa de Rosalía e á catedral de Santiago. Esperamos que vos guste. 

Recoñecemento ao voluntariado lector do noso centro

 A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades recoñeceu hai uns días o traballo de10 centros de Infantil e Primaria en materia voluntariado de lectura, iniciativa integrada nos programas de voluntariado da Consellería de Política Social e Mocidade. 

O obxectivo é premiar bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades e fomentan o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar. Entre eses centro, o CEIP Eduardo Pondal foi galardoado cun dos premios polo gran labor que fixeron os alumnos de quinto e sexto de Educación Primaria durante o presente curso. 

Dende aquí queremos agradecerlles todo o seu traballo na Bibliocrocaio. O seu premio disfrutouno todo o centro cunha xirnada de xogos feitos por Xandobela (asociación de educación e dinamización cultural). Por aquí deixámosvos unha mostra do ben que a o pasamos.

sábado, 18 de xuño de 2022

ONCE de Marta Castro

Como vos dixemos na anterior entrada, este luns Marta Castro, nai de Teo de 5 anos, contounos a historia que ela mesma escribiu.

"ONCE"

Moitas grazas Marta por este conto feito con tanto amor!



Este é o conto manuscrito por ela





mércores, 8 de xuño de 2022

"ONCE"

O próximo luns teremos unha visita moi especial. Marta Castro, nai de Teo, alumno da aula de 5 anos, contaralles unha historia moi especial onde o protagonista será o propio alumnado.

"ONCE"

Aquí vos deixamos un adianto en palabras de Marta Castro

“ONCE”conta a historia dun grupo de amigos que deseñan e constrúen  con ferramentas especiais un novo planeta

“ONCE”  é unha historia de amor propio, esperanza e creatividade,  un relato que reivindica a singularidade humana, o valor personal e a maxia da infancia.

Marta Castro Varela

Escritora de xénero, articulista e divulgadora de vida consciente


                                                         Marta Castro Varela