martes, 22 de novembro de 2022

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

"A casa enmeigada" é un clásico que vén editado en galego pola editorial patasdepeixe con moitos pop ups. 





Xa chegaron á Bibliocrocaio o tomo 2 e o tomo 3 do manga "Yotsuba".





Grazas á doazón dunha familia temos un novo número de Isadora Moon que xa ten lista de espera. Grazas Alice!





E xa temos pola biblioteca os tomos 3 e 4 de Astro - ratón e Bombillita, unha colección de cómics que está sendo un éxito. A verdade é que son xeniais!



luns, 21 de novembro de 2022

OS CUMES MÁIS ALTOS DO PLANETA. OS SETE CUMES.

 Seguimos a realizar tarefas relacionadas co noso proxecto "Cabuxas do Pondal".Varias clases colaboraron na realización de dous murais. Por una banda, os cumes máis altos do planeta. E por outra banda, os 7 cumes, os máis altos de cada continente. 


Despois, e en equipos, cumprimentaron unha ficha de información que implicaba ler os mapas e interpretar as gráficas. 

As nosa cabuxiñas están converténdose en auténticas expertas nas montañas!












venres, 18 de novembro de 2022

ARTISTAS DO PONDAL

Este curso propoñémosvos un novo proxecto ao que denominamos " Artistas do Pondal". 

Incluimos aquí o cartel que colocamos polos corredores do cole que de seguro xa vistes polo cole.

 A idea é que se vos apetece , de forma individual ou en grupo, preparedes unha pequena actuación coa temática que queirades.

 Esa actuación debe primeiro pasar o casting da vosa clase, sendo os teus propios compañeiros e compañeiras os que vos indiquen cando estades listos para participar na gran actuación final, que farase na biblioteca, ao final do 1º trimestre, e tendo de público a todo o alumnado do colexio. 

Preguntádelle á vosa titora cando van ser os castings nas vosas aulas!
Animádevos a participar e así desfrutar dun momento especial!



 

xoves, 17 de novembro de 2022

Charla de Nacho, guía de montaña.

Hoxe tivemos unha charla dentro do noso proxecto de montañas, Cabuxas do Pondal. Veu visitarnos ao cole, Nacho, un guía de montaña que desenvolve o seu traballo dende a nosa cidade, Vigo. 

Na charla, os alumnos e alumnas puideron ver un vídeo resumo da súa ascensión ao Aconcagua mentres nos explicaba e daba un montón de datos, consellos, informacións e experiencias. Os peques puideron facer todas as preguntas que lles ían xurdindo. Tamén nos trouxo un montón de material de montaña e explicounos a súa utilidade. Entre todos montamos unha mochila para un día de montaña e tamén nos contou como fai montañismo con persoas con dificultade visual. 

A verdade é que o alumnado estivo moi activo, fixeron moitas preguntas e amosáronse moi interesados. Falaunos de seguridade, de aclimatación, campamentos base, roupa de abrigo, piolets, crampóns, mapas e compases, helicópteros, comida, auga, como desconxelar xeo, walkie talkies...e un montón de cousas máis que fixeron que a charla fose moi interesante e completa. 

Agradecemos moito a súa visita. Podes volver cando queiras!


Aquí tendes a súa web por se queredes acercarvos ao seu mundo e planificar algunha aventura de montaña  ou anotarvos a algunha das actividades que ten preparadas para os próximos meses. 

Guía de Montaña - Nacho Pequeno

Aquí tendes o seu perfil de Facebook: (9) Nachopequeno Guía de Montaña | Facebook