O venres celebramos o Samaín, parte presencial e parte virtual, pero aí estabamos. Infantil e primaria fixo distintas actividades e aquí vos deixamos algunhas delas.
Traballamos libros como os Contos de encantamentos, Un fantasma con asma e a obra de teatro Indo para Samaín.
Algúns viron na biblioteca a película Coco, sempre respectando o protocolo da Bibliocrocaio.
Tamén comezamos a levar as primeiras mochilas viaxeiras e facer o préstamo de libros. Á volta deixamos todo en corentena uns días.
E como non, vestidos para o día, e ata con merendas que daban medo, eso si, sen compartir. Este ano as calacús virtuais.
O
sábado día 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas Escolares, co lema
deste curso Bibliotecas. sempre ao teu carón.
As
bibliotecas escolares de Galicia seguindo esta liña propuso o lema Xeografías
lectoras na biblioteca escolar.
Este
curso, debido á situación sanitaria actual fixemos a inauguración da nosa
biblioteca de forma virtual. Todas as aulas viron nas súas pizarras dúas
proxeccións elaboradas polos alumnos e alumnas:
O
alumnado de 6º de primaria elaborou un vídeo coa normativa da biblioteca en
base ao protocolo deste ano.
Todas
as clases felicitaron a Crocaio polo seu 10 aniversario.
Xa levamos 10
cursos co PLAMBE
Por
último vimos algúns vídeos sobre o tema da proxecto que levaremos a cabo neste
curso
Inventos
de conto
Repartimos,
como noutros cursos, as mochilas viaxeiras, as cestas para biblioteca de aula,
os carnés, un pequeno regaliño de parte de Crocaio...
Este luns celebramos o Día das Escritoras. Aquí vos deixamos algunhas
das actividades feitas en educación infantil e primaria para este día.
En
educación infantil lemos o conto Corre, corre cabaciña de Eva
Mejuto e despois de coñecela fixeron un debuxo; en 1º e 2º de primaria
traballaron o poema A lingua, do libro Cantan os nenos, da escritora Helena Villar ; en 3º e 4º de primaria leron algúns
fragmentos das escritoras que máis coñecían e indagaron nas súas vidas e obras; 5º de primaria biografías e recitados de Silvia Penas, Rosalía de Castro,
Concepción Arenal e Yolanda Castro e en 6º de primaria traballaron con lecturas de
varios libros de poesías de escritoras galegas, facendo debuxos e escritos.
Hoxe celebramos o Día das Escritoras baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres".
Traballaremos obras de escritoras galegas e faremos unha recompilación das actividades feitas que vos amosaremos noutra entrada.
Mentras vos deixamos aquí un par de curiosidades sobre mulleres escritoras.
Sabedes quen foi a primeira muller escritora da historia?
Enheduanna
Fai 50 séculos na antiga Mesopotamia naceu unha muller chamada Enheduanna, é a poetisa máis antiga do mundo, considerada a primeira escritora da historia; así como a primeira música, xa que nos chegaron os seus himnos escritos. Foi a primeira escritora ao escribir en primeira persoa e firmar a súa obra. Neste vídeo tedes máis información.
E a primeira escritora profesional?
Christine de Pizán
Naceu en Venecia no ano 1364. Foi a primeira escritora profesional e precursora do feminismo na Baixa Idade Media. A escritura era o seu traballo. Escribiu historias de amor e temas de filosofía, política, historia ou o dereito da muller na sociedade.
Por último deixarvos un fragmento do libro de poemas escollidos de Li Qingzhao do século XI, considerada a máis grande poeta china de todos os tempos (traducidos por Pilar González España).
Onte día 17 de outubro celebrouse o centenario do nacemento do escritor Miguel Delibes.
Ao longo da súa vida recibiu o Premio Nadal de Novela (1947), Premio da Crítica (1953), Premio Príncipe de Asturias (1982), Premio Nacional de las Letras Españolas (1991) e o Premio Cervantes (1994).
Foi nomeado membro da Real Academia de la Lengua no ano 1973.
Faleceu o 12 de marzo de 2010.
Se queredes acercarvos aos seus libros, tedes aquí algúns títulos que recollen a voz de personaxes infantís.
Rowlandson publica “Los viajes del doctor Syntax”, tal vez o primeiro cómic ou aventura seriada da historia en ter resonancia, e nesa época fan a súa aparición os bocadillos parlantes. A primeira novela gráfica publícase en Suiza. Inspirado en Rowlandson e animado por Goethe, o suizo Rudolph Töpfer publica en 1837 “Las aventuras de Obadiah Oldbuck”, un libro de corenta páxinas con varios debuxos en cada páxina e os textos ao pé dos mesmos. Séguelle o poeta e artista alemán Wilhelm Bush, que en 1859 publica as primeiras caricaturas nun periódico, o Fliegende Blátter, e unha famosa historieta titulada Max y Moritz. En 1867 aparece Ally Sloper, o primeiro personaxe de historieta inglés, creado por Charles Ross.
Sen embargo, según os canons, o primeiro cómic moderno publicado no mundo, foi The Yellow Kid (O chico amarelo), o 16 de febrero de 1896 no diario The World de Nueva York.
A razón é que foi entón cando comezouse a usar a expresión “cómic” para definir a historieta en si.
Aínda que algo enmascarad@s pola situación na que vivimos, Crocaio quere darvos a benvida neste inicio de curso 2020-21.
Preparade as vosas mentes para inventar e crear a través dos libros.
Este ano o tema da biblioteca xirará en torno aos inventos. Investigaremos e buscaremos quen inventou a bombilla, a radio, o teléfono... e podedes crear os vosos propios inventos.
Non queremos despedir este curso sen deixarvos un resumo dalgunhas das actividades do 2019-20 e agradecer ao voluntariado de 5º e 6º de primaria o seu labor na biblioteca, tanto física como virtualmente. E moita sorte para @s de 6º que xa remataron a primaria. Grazas a tod@s.
Tamén fixemos unha pequena montaxe para a que foi coordinadora da Bibliocrocaio durante dez anos, Ángeles Saco, nos que traballou tanto pola nosa biblioteca e á que lle estamos tan agradecid@s. Esperamos que nos visites moitas veces.
María e Miguel gustan dos contos que o seu avó Nicolás inventa para eles. Un día pregúntanlle en que se inspira para crealos. El dilles que saen do seu cerebro e que sería capaz de inventar tantas historias como pelos ten na cabeza. Os nenos non perderán a ocasión de retalo para seguir gozando das súas narracións.
Banda deseñada:
Primeiros lectores
Familias:
A través de fotografías, ilustraciones y códigos QR con vídeos realizados especialmente para este libro, pasearemos por los paisajes que decoran con sus colores y caprichosas formas los fondos dela Ría de Vigo e iremos conociendo a los habitantes que allí nos encontramos.