luns, 13 de maio de 2019

A formiga fóra do carreiro

A formiga quería vivir novas experiencias, estaba aburrida da mesma rutina de sempre, andar no carreiro buscando comida coas súas irmáns e por iso marcha en busca do seu destino...No camiño atóp cunha araña famenta que a quere papar pero ela non sabe que a araña é un mal bicho e para que non se achegue á súa arañeira é advertida polas moscas aviadoras e as pulgas malabaristas do gran circo das estrelas...¿Atopará a formiga o seu destino? ¿Volverá ao carreiro onde tiña a comida asegurada?¿Será papada pola araña famenta?
Este é o argumento da obriña de teatro que o alumnado de 5º e 6º representou con gran acerto hoxe no auditorio do Concello de Vigo.repetiremos función no festival de fin de curso para todas as familias.




 Compartimos función e puidemos admirar as obras que prepararon os coles Javier Sensat e Pintor Laxeiro:
 E como no recibimos  noraboa do Señor Alcalde  Abel Caballero:
 E recibimos cadanseu diploma:
 Parabéns rapaces e rapazas!!

domingo, 12 de maio de 2019

A FORMIGA FÓRA DO CARREIRO. Teatro. Actores, actrices e banda sonora alumnado de 5º e 6º

Ensaio na AAVV de Sampaio:
     XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR 
"A formiga fóra do carreiro" de RAQUEL CASTRO, publicada por Galaxia neste ano 2018 é a obra de teatro que o alumnado de 5º e 6º adaptamos para representar o luns 13  no auditorio do Concello de Vigo na Praza do Rei.
 Os compañeiros de Primaria asistirán de público así como pais e nais con invitación.
Acompañaremos a obra coa música en directo de flautas e xilófono. Música baseada na canción de Zeca Afonso: A formiga no carreiro que vén sendo a banda sonora desta obriña de teatro da escritora e mestra de secundaria Raquel Castro




Ánimo e sorte rapaces e rapazas!

Investiga e resolve estes puzzles

Lugares máxicos de Galicia
Fragas do Eume: A Coruña
                                       
      Bosque encantado:Cangas-Aldán. Pontevedra
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/cangas/bosqueencantado/

O carballo de  Montemaior-Laracha A Coruña
/www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/a-laracha/2017/11/24/carballo-outeiro-montemaior-opta-arbore-senlleira-galicia/0003_201711C24C4995.htm


Ribeira Sacra: entre Lugo e Ourense
 https://www.rusticae.es/viajes/la-ribeira-sacra


 Mosteiros Medievais da Ribeira Sacra: San Estevo de Ribas de Sil

martes, 7 de maio de 2019

David Rodríguez García, músico, exalumno do cole visitounos coa súa marimba



Mestre do Conservatorio Superios de Música de Vigo, especializado en percusión, o seu instrumento é a marimba, trouxo á Biblio a súa primeira marimba aínda que ten outra moito máis grande. Tivémoslle que axudar entre todos para transportala. Ofreceu un pequeno  pero marabilloso concerto didáctico a todo o alumnado. Ao rematar  o alumnado de 5º e 6º fíixolle unha entrevista que poderemos ler no noso "Faro da escola".

 Moitas grazas David pola túa amabilidade e interés, demostrando que ademais de grandísimo músico que estudou no ensino público, eres unha gran persona que sabe compartir e que chega aos maiores e máis pequenos coa linguaxe integradora da música.



Fomos mariscar!


venres, 3 de maio de 2019

Visita ao CIFP Manuel Antonio

A visita do alumnado de 5º e 6º ao CIFP Manuel Antonio de Vigo comezou pola magnífica biblioteca do
centro na que había unha exposición homenaxe ao poeta Manuel Antonio.
Dentro do programa ATRÉVETE da Xunta de Galicia, este programa que se desenvolve no marco do Plan eduemprende, vai dirixido a fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado no espíritu emprendedor.







luns, 29 de abril de 2019

Lecturas compartidas e poemas para a festa dos libros

         Recitamos na Biblio estes poemas da lingua castelá:








E por último as recomendacións lectoras de todas as aulas:




venres, 26 de abril de 2019

Poema de Marilar Aleixandre para o Día do libro

Marcapáxinas para conmemorar este día 23 de abril de 2019.
A poeta, narradora, profesora e académicaMarilar Aleixandre,  xenerosamente cedeu un poema para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, sobre a lectura como unha viaxe ao fondo das preguntas. Un texto que convida  a reflexionar sobre a importancia da lectura como revulsivo para interrogar, cuestionar, dubidar, aprender, enfocar, repensar e nunca conformarse.


xoves, 25 de abril de 2019

Hoxe, páxina Web do FARO de Vigo

Onte  a xornalista do Faro de Vigo Marta Clavero visitou a Biblio Crocaio e nela entrevistou a algúns alunos e alumnas para recoller as súas impresións sobre o momento político de eleccións xerais que vivimos.
facede clic na foto para ir directamernte a ver o vídeo no que Zaida, Pablo, Xian e Mara dan opinións sobre este momento como verdadeiros profesionais.
Bo traballo!


Un momento da entrevista.

martes, 23 de abril de 2019

Día do Libro: FESTA dos LIBROS




`
Suxerencias de lectura dia do libro 2019-ceip eduardo pondal de vigo de crocaio

O día mundial do LIBRO celébrase cada 23 de abril porque conmemora o falecemento de tres escritores, todos no mesmo día do ano 1616.
-Miguel de Cervantes
-William Shakespeare
-Garcilaso de la Vega
A CONFERENCA Xeral da UNESCO aprobou  proclamar o 23 de abril de cada ano "Día Mundial do LIBRO e dos Dereitos de AUTOR", esto último ten como fin respectar a propiedade intelectual.
A Biblio Crocaio acollerá actividades para celebrar ese día como: 
-Recital de poesías da lingua castelá
-Recomendacións de lecturas, vídeo, dalgúns alumnos e alumnas do cole
-Padriños e madriñas lectores, sairemos aos patios a ler uns a outros durante a hora de ler, previamente collemos un ou dous libros na Biblio para lerlles aos máis pequenos.
-Faremos exposición de libros, novidades e libros curiosos que podemos aportar entre todos.
-Levaremos a casa o boletín de lecturas recomendadas elaborado polo Equipo da Biblioteca para que coñezades libros e música recomendados.
Coñece mellor a Cervantes e a súa obra:


Agora atrévete con este xogo:



Tamén podes consultar na Biblio





luns, 22 de abril de 2019

Día da TERRA



Día da Terra: unha chamada para protexer o noso planeta da contaminación e sobrexplotación dos recursos naturais

Ese puntiño  á dereita é o planeta TERRA.A foto foi tomada pola senda espacial Cassini no mes de xullo pasado,  a 1440  millóns de quilómetros da Terra. Podemos ver a Saturno e os seus aneis.

Nove relatos, dos cinco continentes, que son en realidade nove leccións de ecoloxía que nos convidan a respectar a natureza, o ceo, a terra, o mar, os animais e as plantas e ao mesmo tempo transmiten unha especie de sabiduría ancestral.