O noso Meco GARDABOSQUES estivo moi atento a todo oque sucedía hoxe no bosque do CEIP EDUARDO PONDAL, no que lobos, raposos, mouchos, caracois, formigas, osos e demais fauna fixeron entre todas unha festa superdivertida na que os papis e mamis colaboraron cunha gran merenda final con doces típicos do entroido que houbo a fartar..., moitas grazas a todos pola colaboración e participación na festa.
venres, 1 de marzo de 2019
luns, 25 de febreiro de 2019
Ledicia na Biblio Crocaio
A escritora Ledicia Costas volve despois de catro anos a visitarnos, alumnas que estaban en segundo e que agora están en sexto, puideron traer os seus libros, xa lidos, para seren asinados. Escarlatina, Esmeraldina , A vida secreta das mulleres planta, pero sobre todo firmou e falou das Peripecias de Estravaganzza, a protagonista dumnha das súas novelas para público destas idades.
As peripecias de Extravaganza foi o libro comentado:
Foi un placer terte connós, volve cando queiras. Moitas grazas!!
domingo, 24 de febreiro de 2019
Ledicia Costas
O LUNS 25 de febreiro teremos con nós NA BIBLIO CROCAIO á escritora viguesa LEDICIA COSTAS, as aulas de 5º e 6º len e traballan o seu libro As peripecias de Estravaganzza Pérez
Ledicia Costas é unha escritora viguesa licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo. Empezou a escribir desde moi nova.
Coa novela “A balada dos unicornios” gaña o Premio Lazarillo 2017, converténdose na única autora galega en lograr en dúas ocasións este galardón.
Nos últimos anos recibiu importantes recoñecementos, coma o Premio Merlín de literatura infantil, pola súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta.
Por ese mesmo libro, o Ministerio de Cultura concedeulle o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2015. Ademais, Escarlatina entrou a formar parte da prestixiosa Lista de Honra do Ibby no Congreso Internacional celebrado en Auckland, Nova Zelanda, no 2016.
O seu libro de relatos sobre a II Guerra Mundial Un animal chamado néboa, recibiu por unanimidade o Premio Losada Diéguez de creación literaria 2016.
Coa novela de aventuras Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta conseguiu o Premio Lazarillo de creación literaria do 2015, o Premio Fervenzas Literarias á mellor obra de literatura xuvenil do ano 2016 e oPremio ao mello libro do ano na categoría Infantil e Xuvenil, na II Gala do Libro Galego.
A súa primeira novela publicada foi Unha estrela no vento (Edicións Xerais 2000), libro que escribiu cando era unha adolescente e que actualmente vai pola 17ª edición.
Nicoletta Ceccoli é unha das súas ilustradoras preferidas, por eso vos deixo este vídeo para que apreciedes o tipo de imaxes que poboan o seu maxín de escritora:
Poemas musicados de Rosalía na Biblio Crocaio para lembrala no seu día
Ambiente de escoita musical e de respecto pola figura de Rosalía de Castro no seu día.
Despois do traballo de aula, xuntámonos para un acto colectivo no que cada curso foi recitando ou cantando o seu poema de homenaxe despois de escoitar a súa biografía narrada polo alumnado de 6º curso.
3 e 4 anos: O Moucho4º-3º: Negra Sombra
5º: Onde hai homes hai pesares
5 anis:Adios ríos adios fontes
6º: Un repoludo gaiteiro
E coñecemos a lámina de Abi Castillo que nos gustou moito, moito!
mércores, 20 de febreiro de 2019
xoves, 14 de febreiro de 2019
Mamás contadoras
Eva, a mamá de Lucas de Infantil de tres anos veunos visitar xa dúas veces para contar dous estupendos contos aos nenos e nenas da aula de infantil. Moitas grazas mami, volve cando queiras!
Animádevos máis mamis, papis, avoas, avós...
Sempre seredes ben recibidos, e contaredes cun público excepcional e agradecido, podedes contarnos contos, experiencias, fantasías, ou ler contos da Biblio Crocaio!!
Animádevos máis mamis, papis, avoas, avós...
Sempre seredes ben recibidos, e contaredes cun público excepcional e agradecido, podedes contarnos contos, experiencias, fantasías, ou ler contos da Biblio Crocaio!!
martes, 12 de febreiro de 2019
CONTO : UN SEGREDO NO BOSQUE
Para escoitar, ler e contar o día 14 de febreiro:
UN SEGREDO NO BOSQUE da editorial OQO, escrito por Javier Sobrino e ilustrado por Elena Odriozola
Mirade que versión tan chula fixeron os nenos e nenas do CPI Cabo da Area:
UN SEGREDO NO BOSQUE da editorial OQO, escrito por Javier Sobrino e ilustrado por Elena Odriozola
Mirade que versión tan chula fixeron os nenos e nenas do CPI Cabo da Area:
E logo, ti tamén neste día 14 de febreiro: dillo!
A muller na Ciencia
Acaba de saír Pioneiras 2
de Xerais
Galegas que abriron camiño.
Coincidindo co día das mulleres na ciencia xa podemos disfrutar da lectura do segubdo tomo de Pioneiras.
Son fotógrafas, arquitectas, mestras, políticas, actrices, astrónomas, aviadoras... O segundo volume de «Pioneiras. Galegas que abriron camiño» fala de máis mulleres donas de si; galegas que foron capaces de desviarse do vieiro que a sociedade do momento lles reservaba e faceren grandes contribucións sociais e conquistas de dereitos que legan ás novas xeracións.
As súas ilustradoras merecen unha mención, son Anaïr Rodríguez e Abi Castillo.
https://www.xerais.gal/autores.php?tipo=ilustradores&id=100129353
sábado, 9 de febreiro de 2019
24 de febreiro Día de Rosalía de Castro
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro. (Preme na foto para saber máis da súa vida e obra)
Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor.
Para a edición de 2019 Ana Romaní é a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, que terá lugar o propio domingo 24 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela.
Para o ensino , propón que, despois de facer un repaso da figura literaria da Autora, e dalgunhas lecturas
que dean conta da pluralidade significativa da súa obra, para o venres 22 de
febreiro a realización dunha Mani-FESTA-acción simbólica arredor de versos escollidos:
Cad titoría elixe uns versos de Rosalía que recitaremos nun acto na súa homenaxe na Biblio Crocaio
Estas son os poemas que recitaremos por aula e ao rematar, entre todos entonaremos este Maio longo, que nos canta Uxía:
xoves, 31 de xaneiro de 2019
Día da Paz e a non violencia
Lembramos a figura do pacifista e activista pola non violencia Gandhi
Cantamos o Rap pola paz:
Lemos entre todos desexos de paz e frases de Gandhi sobre a non violencia:
Lemos os poemas que nos agasallou o cole de Candeán:
Agasallo do cole de Carballal:
Cantamos o Rap pola paz:
Lemos entre todos desexos de paz e frases de Gandhi sobre a non violencia:
Agasallo do cole de Carballal:
Video agasallo aos coles de Candeán e Carballal, proxecto colaborativo:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)