Cada 10 de dicembro, celebramos o Día dos Dereitos Humanos, coincidiendo coa data na que se adoptou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, en 1948.
Este ano, é o 70 aniversario da declaración, un documento histórico que proclamou os dereitos inalienables inherentes a todos os seres humanos, sin importar a súa raza, cor, relixión, sexo, idioma, opinións políticas ou de outra índole, a orixe nacional ou social, propiedades, lugar de nacimento nn ningunha outra condición.
Os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º : asistimos o pasado xoves á representación teatral Catro monos, ofrecida polo grupo: A tropa de trapo, cunha orixinal e creativa posta en escea foi contando catro contos de monos nos que a colaboración, a tolerancia, a amizade e escoitar aos demais foron os valores traballados polos personaxes. Dentro da campaña "IMPÓRTANOS" do Concello de Vigo destinada a ofrecer actividades para concienciar aos máis pequenos no respecto, na solidariedade, na tolerancia e creatividade ofrece aos centros de ensino e asociacións culturais actividades de teatro, cine, contacontos, esxposicións que promoven eses valores.
As mulleres tamén pintan: 25 N FRIDA KHALO:Melany,Aitana e Mara
MARÍA BLANCHARD : Ainhoa, Sabela e Inés
Montserrat Gudiol: Candela, Manuel e Samuel
MARUJA MALLO: Natalia e Gerardo
Temos outras mulleres ilustradoras para preparar en PPT, por ex: Purita Campos, Asun Balzola, Mónica Carretero, Ana Juan, Enma Ríos, Paula Bonet, Noemí Villamuza, Ana Albero, Ana Llenas... entre outras, que fan cousas así:
Samuel e Manuel contan a primeiro e segundo toda a verdade sobre OS ANIMAIS DO BOSQUE
Baía Edicións
O raposo fai todas as fins de semana a súa andaina en familia?
Para descubrir a verdade sobre algúns dos animais que habitan os bosques. Un libro lúdico que mestura divertidas ilustracións con magníficas fotos para aprender divertíndose.
O Distrito Forestal
XVIII (Vigo-Baixo Miño) ofreceunos a charla medioambiental
“O
Monte vivo”,
co fin de impulsar unha participación activa e responsable dos
escolares na protección do medio ambiente natural fronte aos incendios
forestais e darlles a coñecer a importancia da función produtiva, ambiental e
social do monte, fomentando así o seu respecto pola natureza.
Dirixida ao alumnado de 5º e/ou 6º curso de educación primaria, actividade relacionada co programa do mesmo nome do Plan Proxecta para o que fomos seleccionados.
O monte vivo. Consellería do Medio Rural. Dirección xeral de Ordenación forestal.
Participación dos escolares na protección do medio natural fronte aos incendios forestais.
Criterios de selección:
Distribución territorial equitativa de acordo coa organización dos distritos forestais
Centros educativos no medio rural.
Centros educativos en Zonas de Alto Risco de incendio (ZAR)
O programa priorizará proxectos que consigan o obxectivo de incrementar a concienciación da poboación fronte aos incendios.
Obxectivo xeral
O obxectivo do programa é fomentar a participación activa e responsable dos escolares na protección do medio natural fronte aos incendios forestais, permitindo que tomen conciencia dos valores dos bosques, o seu uso sostible, e a contribución á protección da biodiversidade.
O programa centrarase en incrementar a concienciación sobre os incendios forestais e a súa influencia sobre o equilibrio ecolóxico, as perdas que supón en canto a diminución da biodiversidade, da capacidade produtiva do monte, da calidade das augas, do ocio,...