E por último as recomendacións lectoras de todas as aulas:
luns, 29 de abril de 2019
Lecturas compartidas e poemas para a festa dos libros
Recitamos na Biblio estes poemas da lingua castelá:
venres, 26 de abril de 2019
Poema de Marilar Aleixandre para o Día do libro
Marcapáxinas para conmemorar este día 23 de abril de 2019.
A poeta, narradora, profesora e académicaMarilar Aleixandre, xenerosamente cedeu un poema para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, sobre a lectura como unha viaxe ao fondo das preguntas. Un texto que convida a reflexionar sobre a importancia da lectura como revulsivo para interrogar, cuestionar, dubidar, aprender, enfocar, repensar e nunca conformarse.
xoves, 25 de abril de 2019
Hoxe, páxina Web do FARO de Vigo
Onte a xornalista do Faro de Vigo Marta Clavero visitou a Biblio Crocaio e nela entrevistou a algúns alunos e alumnas para recoller as súas impresións sobre o momento político de eleccións xerais que vivimos.
facede clic na foto para ir directamernte a ver o vídeo no que Zaida, Pablo, Xian e Mara dan opinións sobre este momento como verdadeiros profesionais.
Bo traballo!
facede clic na foto para ir directamernte a ver o vídeo no que Zaida, Pablo, Xian e Mara dan opinións sobre este momento como verdadeiros profesionais.
Bo traballo!
Un momento da entrevista.
martes, 23 de abril de 2019
Día do Libro: FESTA dos LIBROS
`
Suxerencias de lectura dia do libro 2019-ceip eduardo pondal de vigo de crocaio
O día mundial do LIBRO celébrase cada 23 de abril porque conmemora o falecemento de tres escritores, todos no mesmo día do ano 1616.
-Miguel de Cervantes
-William Shakespeare
-Garcilaso de la Vega
A CONFERENCA Xeral da UNESCO aprobou proclamar o 23 de abril de cada ano "Día Mundial do LIBRO e dos Dereitos de AUTOR", esto último ten como fin respectar a propiedade intelectual.
A Biblio Crocaio acollerá actividades para celebrar ese día como:
-Recital de poesías da lingua castelá
-Recomendacións de lecturas, vídeo, dalgúns alumnos e alumnas do cole
-Padriños e madriñas lectores, sairemos aos patios a ler uns a outros durante a hora de ler, previamente collemos un ou dous libros na Biblio para lerlles aos máis pequenos.
-Faremos exposición de libros, novidades e libros curiosos que podemos aportar entre todos.
-Levaremos a casa o boletín de lecturas recomendadas elaborado polo Equipo da Biblioteca para que coñezades libros e música recomendados.
Coñece mellor a Cervantes e a súa obra:

Agora atrévete con este xogo:
Tamén podes consultar na Biblio
luns, 22 de abril de 2019
Día da TERRA
Ese puntiño á dereita é o planeta TERRA.A foto foi tomada pola senda espacial Cassini no mes de xullo pasado, a 1440 millóns de quilómetros da Terra. Podemos ver a Saturno e os seus aneis.
Nove relatos, dos cinco continentes, que son en realidade nove leccións de ecoloxía que nos convidan a respectar a natureza, o ceo, a terra, o mar, os animais e as plantas e ao mesmo tempo transmiten unha especie de sabiduría ancestral.
mércores, 17 de abril de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)