luns, 24 de decembro de 2018

LECTURAS PARA PEDIR EN NADAL

A BIBLIO CROCAIO do Ceip Eduardo Pondal de Vigo deséxavos 
BO NADAL  E PRÓSPERO ANINOVO!
GUÍA DE LECTURA PARA ESTE NADAL 2018.
POLO NADAL PIDE LIBROS!
Fai clic en cada libro e atoparás máis información!

                                              














Xogo de cartas para aprender os nomes das árbores autóctonas galegas:
                                                   

FESTA DE NADAL 2018

CHEGOU PAPÁ NOEL
CANTAMOS PANXOLIÑAS E CANTOS DE REIS


DIRIXIDIS POLO PROFE DE MÚSICA CÁNDIDO

E A CONTINUACIÓN CHOCOLATADA !
COA PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS NA ELABORACIÓN  DE POSTRES

MOITAS GRAZAS A TODAS ÁS FAMILIAS POLA FABULOSA COLABORACIÓN!
E POLA TARDE  ALUMNADO VOLUNTARIO NO FESTIVAL DE NADAL DA ESCOLA INFANTIL DE SAMPAIO


FIXÉMOLO XENIAL! MOITAS GRAZAS POLA PARTICIPACIÓN!
Pronto teredes algún vídeo...


domingo, 16 de decembro de 2018

Paraísos baixo o lixo nos ríos de Chapela

O xoves 13 de decembro a Biblio Crocaio acolleu a charla :
Paraísos baixo o lixo"
Un representante da asociación de veciños de Chapela que participou na limpeza dos ríos Maceiras, Fondón e Pugariño, que discorren polos montes de Chapela e van desembocar na praia de Arealonga, veu a explicar como o lixo se acumulaba nas súas beiras, e  entre os veciños conseguiron sanealas e deixar  á vista moitos muiños antigos que se deixaron de utilizar pero que se conservan en bo estado
 Estes regatos poden apreciarse se percorremos a "Senda da auga", unha  fermosa senda chairiña  que ten 47 Km e que nos leva por Chapela, Redondela..., sempre mirando o mar, e que moitos de nós coñecemos porque nos queda moi perto do noso barrio.
A finalidade da charla foi mentalizar ao alumnado da necesidade de poñer en valor o monte que nos rodea e que fagamos uso e disfrute del e non tiremos alí o noso lixo.

 Estrutura e funcionamento dun muiño de auga
 Funcionamento dun muiño de man.


 Batidas de limpeza dos veciños para sanear os seus montes
 Fauna autóctona e única desta zona