mércores, 21 de marzo de 2018

Os bibliotecarios voluntarios agasallaron poemas

En infantil fixeron selección de poemas e copiaron un para cada neno e nena
1º curso recibiron "A pombiña branca " do libro Fafarraios da escritora Gloria Sánchez, 2º,3º e 4º "A primavera" de Helena Villar Janeiro e 5º e 6º "La paloma" de Rafael Alberti.


Non quedou ninguén sin un poema!


A PRIMAVERA tamén viaxa!

A PRIMAVERA
Unha mañá de cedo
ergueuse a primavera
buscando para o pelo
as flores da lileira.

Para atopar xardíns
púxose de camiño
e avisou aos paxaros
de que fixesen niños.
Tamén buscaba rosas
nos recantos floridos
cando agardan por maio
que está durmido.

-Cabaliño do demo,
Cadeliña de frade,
   Canto tempo queda 
ata a cidade?
-Un río, dúas pontes,
tres soutos, catro serras,
  cinco bosques moi mestos 
e seis mil leiras.


Fermosos poemas para ler todos os días , memorizar, cantar, recitar e xogar. 
Na Biblio Crocaio!

luns, 19 de marzo de 2018

Día mundial da poesía

Selección de lecturas de poesía para este 21 de marzo:
 Día mundial da poesía. 
 Crocaio recoméndache                                                     
                                 Unha poesía
                                  cada día!

                      




Que leva a andoriña 
na maleta?
Diñeiro e pasaporte,
cahqueta negra,
lentes de sol,
paraugas,
camisón.

Pasta de dentes
non.
Aínda sendo  peixe
parece outro animal
ten nome de mamífero...
é o cabaliño de mar!
                No armario máis pequeno
teño tres gatos,
    un canciño de seda
e dez lagartos.
  Durmen de día
         e polas notes traman
    mil ousadías!
O Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, Antonio García Teijeiro, recolle en Caderno de fume unha morea de poemas cargados de emoción. 
Caderno de fume,
en ti escribirei
os ventos das noites
e non durmirei.
Caderno de fume,
eu vouche contar
mentiras, segredos,
que debes gardar.

 Pepablo Patinho propón unha morea de poemas cunha protagonista común. 
Temas como as guerras, as fronteiras entre os pobos, o egocentrismo excesivo ou as diferenzas sociais están presentes nos versos de Lúa.

A estación do tren
O tren viaxa todo o ano
de estación en estación
na primavera entre flores
no verán con gran calor
no outono por follas secas
no inverno hai calefacción

E moooitos máis...Vén á Biblio Crocaio!

domingo, 18 de marzo de 2018

Robótica e pensamento

 Asistentes á charla o ponente de robótica o día 14 de marzo na Biblio Crocaio.
Todo un éxito! O monitor que formou ao profesorado impartiu tamén unha charla para os pais e mais interesados e a asistencia, interés polo tema e atención foron excelentes!

 Espazo de robótica cos MBOT na Biblio Crocaio

Moitas grazas papis e mamis  polo voso interés por unha actividade que comeza a funcionar este ano.

Investigación sobre A emigración

luns, 12 de marzo de 2018

A golpe de luns!

 Hoxe iniciamos as actividades de Faro da escola e asistimos no auditorio Cidade de Vigo xunto con outros moitos coles, á presentación do programa FARO DA ESCOLA
Entre todos elaboramos unha entrevista a dous personaxes de actualidade:  o monologuista de Salceda de Caselas David Amor e  a actriz viguesa Celia Freijeiro, cada cole fíxolles unha pregunta á que moi amablemente responderon.
Un xornalista anotaba as respostas e o debuxante Luis Dávila facía as súas caricaturas a un tempo.
Angel e Pelayo preguntaron a David  a súa opinión sobre a igualdade de xénero no deporte.
A partir de agora toca o traballo de xornalistas nas aulas, para sacar adiante o noso FARO DA ESCOLA



MOCHILA VIOLETA EN QUINTO:


Anuncimos para o mércores 14 unha charla na BIBLIO CROCAIO para pais e nais que o desexen:

mércores, 7 de marzo de 2018

Voluntarios Lectores no CENTRO DE MAIORES AGARIMO

Hoxe o alumnado Voluntario na Biblio Crocaio visitamos o Centro de Maiores Agarimo da Avd. do Aeroporto, para realizar unha lectura de poemas de Rosalía de Castro e ler o conto  
Las princesas también se tiran pedos
Foi unha actividade moi interesante para todos. Compartimos lecturas e un ratiño de charla e despois visitamos as instalacións do centro acompañados polo seu amable persoal e polo seu director
.

domingo, 4 de marzo de 2018

8 de marzo Día Internacional da MULLER

O día Internacional da Muller,conmemora a loita da muller pola súa participación en igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. 
En España o 8 de marzo ten tamén un significado especial, pois a partir dese día a muller puido acceder ao Ensino Superior e igualdade de condicións que o home, pouco despois de que Emilia Pardo Bazán fora nomeada conselleira de Instrucción publica. 
As cousas cambiaron moito desde entón pero a loita polas mesmas oportunidades para homes e mulleres continúa.
.........................
....................................

xoves, 1 de marzo de 2018

O escritor Anxo Moure visita a Biblio Crocaio



O escritor, contacontos, autor de "A xacia Luviñas", "O carballo con botas" visitou hoxe a Biblio Crocaio e fixonos disfrutar coas súas historias do Miño, da natureza, das árbores e dos animais.
Os nenos e nenas de Infantil , 1º e 2º pasárono xenial!
Moitas grazas Anxo! 
Si lembrades, a cita era para onte, pero non puido saír da súa casa a causa da neve, xa que vive nun pequeno pobo de Lugo desde o que hoxe veu en autobús e despois subiu andando ata o cole porque, como moi bo ecoloxista que é, só se desplaza en transporte público!

Tedes máis información no blog dos peques