Agasallo para a Comunidade de Montes de Valladares pola colaboración cos coles na plantación que imos realizas na sída do venres 19. Cada alumno que participa deixou a súa pegada aquí temos algúns dos nosos facendo hoxe a nosa parte:
Por iso o Ceip Eduardo Pondal, o Ceip Escultor Acuña,o Ceip Sobreira,o Ceip Xosefa Alonso (Matamá), o Ceip A Paz (Coruxo), o Ceip A. R. Castelao (Navia), o Ceip O Pombal, o Ceip de Candeán e o IES de VAlladares, participaremos o próximo venres 19 nunha plantación nos terreos de Sobreira-Valladares que resultaron queimados hai un ano por estas datas. Coa axuda inestimable da Comunidade de montes de Valladares faremos a plantación no monte queimado e despois achegarémonos ata o Monte dos Pozos, no que está a árbore da foto de arriba, monte que tamén ardeu por completo.Alí faremos unha cadea arredor do lago e cantaremos a canción de María Fumaça: "Ven comigo ven". Despois por xentileza de Gadis repartiremos plátanos e auga e teremos a actuación de Ce , Orquesta Pantasma, César Freiría, músico animador que vive nesa zona afectada.
Acompañarános, como non, o alcalde de Vigo, e teremos a tele, os xornais, uns drons que grabarán todo o acto..., levaremos as oito nogueiras que conseguimos xerminar o curso pasado e que prenderon na nosa horta para plantalas.
É para nós e para o proxecto da Biblio Crocaio , unha honra participar nesta actividade
que quedará na memoria dos nenos e nenas como símbolo de respecto e agarimo polo noso monte e pola natureza .
Respectemos a natureza, non prendamos lume no monte, plantemos árbores nos que van vivir moitos outros seres vivos que axudarán a conservar o ecosistema e a proporcionar aire limpo as xeneración que veñen detrás.
Agardamos que o tempo acompañe e disfrutar moito desta mañá!
POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar. Nuria Díaz foi a ilustradora convidada a interpretar este lema e a compoñer este fermoso cartel que, en breve, estará xa en todos os centros educativos galegos.
Crocaio sempre está rodeado de poemas e aquí trae outro para que saibades que a Biblio Crocaio repasará durante este curso moita poesía relacionada coa natureza.
Pegadas de conto Historias que deixan pegadas nos nenos e nenas que veñen escoitalas Usando a literatura para traballar os contidos da aula Impórtanos é unha campaña de sensibilización promovida polo “Consello Municipal de
Cooperación Internacional e Solidariedade” que ten como obxectivo principal
a consecución dun mundo máis xusto e sustentable Bea Campos compartirá cos nenos e nenas de Infantil, 1º, 2º e 3º os seguintes contos:
Fermosos contos que promoven unha reflexión sobre o mundo e o noso arredor.
CROCAIO ESTÁ MOI ATAREFADO PREPARANDO TODO PARA COMEZAR MOI PRONTO CO NOVO PROXECTO QUE SERÁ : CONTAMOS CO BOSQUE!! Coñecer mellor os nosos bosques, coidalos, reciclar papel para consumir menos árbores, evitar os lumes no monte, coidar e coñecer os animais e as plantas da nosa contorna, serán os obxectivos máis destacados do proxecto deste curso. Así que estaremos rodeados de natureza que coidaremos e respectaremos. E como non, aquí tedes un libro marabilloso que Crocaio nos recomenda porque foi
Seleccionado como “Mejor Libro Español para Niños y Jóvenes en 2015 por la International Federation of Library Associations and Institutions (IFLA)”
VERSOS DEL BOSQUE
Poemas de Carlos Reviejo. Editorial SM
Trinta poemas resoan no bosque, desde "el Amanecer" a la "Canción nocturna", de Carlos Reviejo ilustrados por colores de Jesús Gabán. As estrofas recollen momentos da vida do bosque, sons, sensacións, ecos dos seus habitantes, das estacións, tamén dos contos e dos personaxes de ficción que os atravesan. Uns poemas recordan ritmos da tradición oral, outros trazan outros estilos.
escritor madrileño que convertiu a súa colección nunha das máis lidas e vendidas da literatura infantil, xa traducida a varias linguas e desde 2018 en cine.