xoves, 18 de outubro de 2018

Cadro colectivo


                                 
Agasallo para a Comunidade de Montes de Valladares pola colaboración cos coles na plantación que imos realizas na sída do venres 19. Cada alumno que participa deixou a súa pegada aquí temos algúns dos nosos facendo hoxe a nosa parte:
Mañá levaremos postas as osas fermosas camisetas:





mércores, 17 de outubro de 2018

Defendamos o noso monte!

Árbore
...Serán as súas follas
 os versos dun poema
e acudirán os paxaros
co son das súas baladas.
Os feixes das raíces,
que medran baixo terra,
irán, fura que fura,
buscar auga agochada,
e nacerán mil flores
coa danza das abellas
e o sol fará o seu niño
nos versos da enramada.
           Ana  Mª Fernández
Esto sucederá sempre e cando non suceda estoutro:
Por iso o Ceip Eduardo Pondal, o Ceip Escultor Acuña,o Ceip Sobreira,o Ceip Xosefa Alonso (Matamá), o Ceip A Paz (Coruxo), o Ceip A. R. Castelao (Navia), o Ceip O Pombal, o Ceip de Candeán e o IES de VAlladares, participaremos  o próximo venres 19 nunha plantación nos terreos de Sobreira-Valladares que resultaron queimados hai un ano por estas datas. Coa axuda inestimable da Comunidade de montes de Valladares faremos a plantación no monte queimado e despois achegarémonos ata o Monte dos Pozos, no que está a árbore da foto de arriba, monte que tamén ardeu por completo. Alí faremos unha cadea arredor do lago e cantaremos a canción de María Fumaça: "Ven comigo ven". Despois por xentileza de Gadis repartiremos plátanos e auga e teremos a actuación de Ce , Orquesta Pantasma, César Freiría, músico animador que vive nesa zona afectada.

Acompañarános, como non, o alcalde de Vigo, e teremos a tele, os xornais, uns drons que grabarán todo o acto..., levaremos as oito nogueiras que conseguimos xerminar o curso pasado e que prenderon na nosa horta para plantalas.
É para nós e para o proxecto da Biblio Crocaio , unha honra participar nesta actividade
que quedará na memoria dos nenos e nenas como símbolo de respecto e agarimo polo noso monte e pola natureza . 
Respectemos a natureza, non prendamos lume no monte, plantemos árbores nos que van vivir moitos outros seres vivos que axudarán a conservar o ecosistema e a proporcionar aire limpo as xeneración que veñen detrás.
Agardamos que o tempo acompañe e disfrutar moito desta mañá! 


domingo, 14 de outubro de 2018

Cartel anual das bibliotecas escolares

POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación,  propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar. Nuria Díaz foi a ilustradora convidada a interpretar este lema e a compoñer este fermoso cartel que, en breve, estará xa en todos os centros educativos galegos. 
Crocaio sempre está rodeado de poemas  e aquí trae outro para que saibades que a Biblio Crocaio repasará durante este curso moita poesía relacionada coa natureza.
Xa comezaramos cos Versos do bosque de Carlos Reviejo e aquí nos trae os
Entra e le unha selección.





venres, 12 de outubro de 2018

CONTACONTOS: Bea Campos inaugura o curso de Contamos co bosque

Grazas ao programa IMPÓRTANOS  de Contos solidarios, o alumnado de infantil, 1º,2º e 3º puideron  disfrutar dos contos de : Bea Campos






martes, 9 de outubro de 2018

Mañá abrimos a Biblio Crocaio antes da súa inauguración para a contacontos BEA CAMPOS

Pegadas de conto
Historias que deixan pegadas nos nenos e nenas que veñen escoitalas
Usando a literatura para traballar os contidos da aula
 Impórtanos é unha campaña de sensibilización promovida polo “Consello Municipal de
Cooperación Internacional e Solidariedade” que ten como obxectivo principal
a consecución dun mundo máis xusto e sustentable
Bea Campos compartirá cos nenos e nenas de Infantil, 1º, 2º e 3º os seguintes contos:




Fermosos contos que promoven unha reflexión sobre o mundo e o noso arredor.
A desfrutar cos contos de Bea Campos!

luns, 1 de outubro de 2018

Contamos co bosque

CROCAIO ESTÁ MOI ATAREFADO PREPARANDO TODO PARA COMEZAR MOI PRONTO CO NOVO PROXECTO QUE SERÁ :
                          CONTAMOS CO BOSQUE!!
Coñecer mellor os nosos bosques, coidalos, reciclar papel para consumir menos árbores, evitar os lumes no monte, coidar e coñecer os animais e as plantas da nosa contorna, serán os obxectivos máis destacados do proxecto deste curso. 
Así que estaremos rodeados de natureza que coidaremos e respectaremos.
E como non, aquí tedes un libro marabilloso que Crocaio nos recomenda porque foi 
Seleccionado como “Mejor Libro Español para Niños y Jóvenes en 2015 por la International Federation of Library Associations and Institutions (IFLA)”

          VERSOS DEL BOSQUE

Poemas de Carlos Reviejo. Editorial SM
Trinta poemas resoan no bosque, desde "el Amanecer" a la "Canción nocturna",  de Carlos Reviejo ilustrados por colores de Jesús Gabán. As estrofas recollen momentos da vida do bosque, sons, sensacións, ecos dos seus habitantes, das estacións,  tamén dos contos e dos personaxes de ficción que os atravesan. Uns poemas recordan ritmos da tradición oral, outros trazan outros estilos.
“Huele el bosque…
a  Caperucitas…
Huele a cuentos de hadas”


Máis:

venres, 21 de setembro de 2018

Xa podes ver aos teus heroes en acción!

Agora en cine : Los futbolísimos de Roberto Santiago





ROBERTO SANTIAGO
escritor madrileño que convertiu a súa colección  nunha das máis lidas e vendidas da literatura infantil, xa traducida a varias linguas e desde 2018 en cine.