mércores, 22 de novembro de 2017

Obradoiro de igualdade: 2º, 4º e 6º cursos

A Biblio Crocaio acolleu hoxe o obradoiro:
Camiña con nós pola IGUALDADE
que nos ofrece a Concellería de Igualdade do Concello de vigo

Mulleres e homes xuntos damos un paso adiante pola igualdade: os mesmos dereitos e as mesmas oportunidades. 
Reflexionamos sobre os avances en igualdade durante todo o século XX, desde 1900 ata hoxe, o voto da muller, a muller e a patria potestade , a muller na universidade , a separación por sexos na educación, as mulleres xuízas, pilotos de avión ou conductoras de autobuses e camións. Falamos dos estereotipos que temos que recoñecer para poder superar porque os homes tamén choran e as mulleres tamén son fortes, valientes e tenaces e porque non existen xoguetes de nenos e xoguetes de nenas , só xoguetes e rematamos con este vídeo
que aparece na páxina:
http://www.farmaceuticosmundi.org/farmamundi/index.php?opcion=noticias&noticia=1195
que nos alerta sobre as desigualdades sociais hoxendía. 
Moitas grazas Elsa polo teu fabuloso Obradoiro de IGUALDADE.

mércores, 15 de novembro de 2017

Novembro mes da CIENCIA

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
Recompilación de materiais de ciencia en galego:

                                             
Libros, vídeos, experimentos e moitos máis materiais para traballar CIENCIA en galego:
                                            

         https://www.pinterest.es/bescolaresgal/ciencia-en-galego-nas-bibliotecas-libros-informati/

mércores, 8 de novembro de 2017

Os BOMBEIROS visitan a Biblio Crocaio

Dentro do programa Vigo Educa en Seguridade do Concello de Vigo, dous bombeiros do parque de Vigo impartiron unha charla sobre seguridade ao alumnado de 5º e 6º e informáronnos da súa próxima xornada de portas abertas o día 27 de Novembro, para recoller o posible para o Banco de Alimentos de Vigo.
Tratan de que o alumnado difunda a información recollida hoxe nas súas casas para que chegue ao maior número de persoas. Con ese fin tamén agasallaron á Biblio con cinco exemplares do libro Os Bolechas van ao parque de Bombeiros, para que os maiores o conten nas aulas dos pequenos, cousa que faremos moi pronto.




 Tamén visitaron a aula de 4 e 5 anos que está realizando un proxecto sobre o lume , os bombeiros...
Moitas grazas pola vosa amabilidade!

A escritora viguesa LEDICIA COSTAS premiada por segunda vez co Premio LAZARILLO

Ledicia Costas: PREMIO LAZARILLO 2017 DE CREACIÓN LITERARIA  coa obra presentada baixo o lema "Plumas e unicornios" que será publicada en Xerais co título "A balada do unicornio"

É a segunda vez que gana este premio, xa que o recibiu  en 2015 por  "A vida secreta das mulleres planta"
Premio otorgado pola OEPLI: Organización Española para el libro infantil y juvenil, Ministerio de Cultura, que tamén ganaron outros escritores galegos como Marcos Calveiro, María Solar, Agustín Fdz. Paz, X. A. Neira Cruz, An Alfaya...
                        Moitos parabéns Ledicia!!!
Aquí a tedes no 2015 cando visitou a Biblio Crocaio:

luns, 6 de novembro de 2017

Preparamos O MAGOSTO

ACTIVIDADES SOBRE O MAGOSTO, preme na imaxe e terás máis:

CONTO:
Os nenos e nenas do C.E.E. Terra de Ferrol, ilustrando e gravando o conto de :"A castaña Catarina" atopado no libro "O MAGOSTO" do Colectivo "Ollo de Sapo", colección IR INDO. Actividade realizada polo equipo da Biblioteca e de Normalización Lingüística. Montaxe do video: Patricia Galdo.


POEMA                                 
Co seu ouro vello, mol, 
o ourizo ouricieiro 
toma o sol 
no bico dun castiñeiro.

 Tal un señor moi mandón: 
no bico dun castiñeiro
 o ourizón toma o seu sol 
moi riseiro. 

O ourizo está moi ledo
 coa súa casa ben pechada 
-ouh, que medo!-
 de espiñas toda cercada. 

Quer botar unha risada 
e os seus dentes arregaña 
case un nada: 
e xa fuxiu a castaña...! 

                             Manuel María «Os soños na gaiola»

Tres CASTAÑAS POLO CHAN cantada por SUSA HERRERA, para aprender a letra rapidiño...






E TODO ESTO PARA LER!!

venres, 3 de novembro de 2017

25 outubro - 1 novembro: Semana Mundial da Alfabetización en Medios e Información (AMI) a proposta da UNESCO- II

Compartimos a proposta do IES DE PORTO DO SON arredor dos diccionarios, unha biblioteca con longa traxectoria no traballo de formación para as competencias informacionais e mediáticas do seu alumnado, tal e como se pode ver nesta entrada dos seu blogue.

martes, 31 de outubro de 2017

E por fin Samaín

Se queres saber todo sobre os  verdadeiros vampiros o libro deste Samaín é:
Pero tamén podes pasar un rato divertido coas aventuras do Pequeno Vampiro, tamén en película.

 E si quedache con ganas de máis aquí tes outros estupendos libros de MOITO MEDO...
Elixe o teu!
Enlaza co blog dos máis pequenos:
                                    Samaín en Infantil 3 anos                      Samaín 4 e 5 anos

 

6º xa son CIBEREXPERTOS

Rematamos o curso de formación de dez horas de duración e o alumnado de 6º curso xa é CIBEREXPERTOS.
Xa sabemos de identidade dixital, netiqueta, grooming, sexting, contrasinais seguras, adicción a internet e móbiles...Agora sentímonos máis seguros. Escoitamos moitos exemplos  reais de casos, de problemas, da man de Luis, o policía nacional que nos acompañou estes dez días e coa axuda dun Power Point nos ía introducindo temas moi interesantes, despois faciamos un test cada día e o derradeiro día foi un examen para lembrar todo aprendido. Moi interesante!

Moitas grazas Luis pola túa amabilidade!

mércores, 25 de outubro de 2017

Fertival de Cine de Ourense, premio ao mellor guión: CEIP EDUARDO PONDAL DE VIGO!!

  Aquí tedes o momento no que nomeaban ao cole para recibir o premio no festival de cine de Ourense. A curta "Árbores no camiño", realizada polas profes e nenos e nenas de Educación Infantil hai dous cursos foi premiada ao mellor guión , nada menos que entre 74 traballos  presentados. 
Que emoción!
Recollemos o premio:
:


Podedes ver máis fotos na montaxe feita pola profe Ángeles Formoso: