mércores, 21 de marzo de 2018
Os bibliotecarios voluntarios agasallaron poemas
En infantil fixeron selección de poemas e copiaron un para cada neno e nena
1º curso recibiron "A pombiña branca " do libro Fafarraios da escritora Gloria Sánchez, 2º,3º e 4º "A primavera" de Helena Villar Janeiro e 5º e 6º "La paloma" de Rafael Alberti.
1º curso recibiron "A pombiña branca " do libro Fafarraios da escritora Gloria Sánchez, 2º,3º e 4º "A primavera" de Helena Villar Janeiro e 5º e 6º "La paloma" de Rafael Alberti.
Non quedou ninguén sin un poema!
A PRIMAVERA tamén viaxa!
A PRIMAVERA
Unha mañá de cedo
ergueuse a primavera
buscando para o pelo
as flores da lileira.
Para atopar xardíns
púxose de camiño
e avisou aos paxaros
de que fixesen niños.
Tamén buscaba rosas
nos recantos floridos
cando agardan por maio
que está durmido.
-Cabaliño do demo,
Cadeliña de frade,
Canto tempo queda
ata a cidade?
-Un río, dúas pontes,
tres soutos, catro serras,
cinco bosques moi mestos
e seis mil leiras.
Fermosos poemas para ler todos os días , memorizar, cantar, recitar e xogar.
Na Biblio Crocaio!
luns, 19 de marzo de 2018
Día mundial da poesía
Selección de lecturas de poesía para este 21 de marzo:
Unha poesía
cada día!
E moooitos máis...Vén á Biblio Crocaio!
Día mundial da poesía.
Crocaio recoméndache Unha poesía
cada día!
Que leva a andoriña
na maleta?
Diñeiro e pasaporte,
cahqueta negra,
lentes de sol,
paraugas,
camisón.
Pasta de dentes
non.
Aínda sendo peixe
parece outro animal
ten nome de mamífero...
é o cabaliño de mar!
No armario máis pequeno
teño tres gatos,
un canciño de seda
e dez lagartos.
Durmen de día
e polas notes traman
mil ousadías!
O Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, Antonio García Teijeiro, recolle en Caderno de fume unha morea de poemas cargados de emoción.
Caderno de fume,
en ti escribirei
os ventos das noites
e non durmirei.
Caderno de fume,
eu vouche contar
mentiras, segredos,
que debes gardar.
Pepablo Patinho propón unha morea de poemas cunha protagonista común.
Temas como as guerras, as fronteiras entre os pobos, o egocentrismo excesivo ou as diferenzas sociais están presentes nos versos de Lúa.
A estación do tren
O tren viaxa todo o ano
de estación en estación
na primavera entre flores
no verán con gran calor
no outono por follas secas
no inverno hai calefacción
domingo, 18 de marzo de 2018
Robótica e pensamento
Asistentes á charla o ponente de robótica o día 14 de marzo na Biblio Crocaio.
Todo un éxito! O monitor que formou ao profesorado impartiu tamén unha charla para os pais e mais interesados e a asistencia, interés polo tema e atención foron excelentes!
Espazo de robótica cos MBOT na Biblio Crocaio
Moitas grazas papis e mamis polo voso interés por unha actividade que comeza a funcionar este ano.

mércores, 14 de marzo de 2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)