sábado, 20 de xaneiro de 2018
30 de Xaneiro Día escolar pola Paz e a non violencia
O día 16 de xaneiro Martin Luther King cumpliría 89 anos, pero morreu asasinado en 1968 cando a súa loita pola igualdade de negros e brancos era recollida e respaldada por millóns de persoas en Norteamérica.
A súa mensaxe foi merecedora do Premio Nobel da Paz de 1964, sendo recoñecido como o principal militante da NON VIOLENCIA contra a discriminación racial e contra a lexislación americana que a permitía.
Crocaio preséntavos un libro no que a protagonista é unha muller negra Rosa Parks, que representa a loita polos dereitos os negros:
A canción que cantaremos no día da paz, todos xuntos será:
E para comprobar como é de grande o mundo e tamén como hai nenos e nenas que loitan duramente polo dereito a ter unha educación, unha formación que lle permita ter as mesmas oportunidades veremos este documental que conta os perigros e adversidades que atopan cada día estes nenos e nenas só para poder ir á escola.
É algo longa pero moi entretida e sobre todo conmovedora porque nos fai pensar nas desigualdades que existen según onde un nace.
martes, 16 de xaneiro de 2018
Crocaio viaxou en busca da palabra PAZ e chegou a estes países...
Preparamos o Día da PAZ Escolar e a non violencia
Tamén con estes bocetos de marcapáxinas
Tamén con estes bocetos de marcapáxinas
venres, 12 de xaneiro de 2018
Visitamos o aeroporto de Peinador
xoves, 11 de xaneiro de 2018
mércores, 10 de xaneiro de 2018
Visita a exposición Pergameo Vindel
O martes día 9 de febreiro , os cursos de 5º e 6º visitamos o Museo do Mar, na Avenida Atlántida de Vigo para ver oa exposición do Pergameo Vindel que estará ata o mes de marzo.
Estupenda visita guiada na que, despois de visitar por libre as diversas salas do museo, unha guía nos acompañou pola sala do pergameo e nos foi informando da historia dos obxectos medievais que, ademais do pergameo, forman a exposición.
luns, 8 de xaneiro de 2018
Visitamos o Museo do Mar para coñecer o PERGAMEO VINDEL
O pergamino ou pergameo Vindel é un texto copiado a finais do século XIII ou comezos do XIV que contén as sete cantigas de amigo de MARTÍN CÓDAX, con notación musical todas menos unha.
O comerciante de libros antigos Pedro Vindel atopouno por casualidade servindo de forro a un libro de Cicerón.
Exponse no Museo do Mar ata o mes de marzo.
O texto e a música das cantigas eran compostas polos trobadores e entregadas en follas soltas aos xograres para que as interpretaran.
Os trobadores eran poetas que compoñían nas cortes os seus poemas entre os séculos XI ao XIII
O comerciante de libros antigos Pedro Vindel atopouno por casualidade servindo de forro a un libro de Cicerón.
Exponse no Museo do Mar ata o mes de marzo.
O texto e a música das cantigas eran compostas polos trobadores e entregadas en follas soltas aos xograres para que as interpretaran.
Os trobadores eran poetas que compoñían nas cortes os seus poemas entre os séculos XI ao XIII
ONDAS DO MAR DE VIGO é un dos poemas máis coñecidos.
- Ondas do mar de Vigo,
- se vistes meu amigo?
- E ai Deus, se verrá cedo!
- Ondas do mar levado,
- se vistes meu amado?
- E ai Deus, se verrá cedo!
- Se vistes meu amigo,
- o por que eu sospiro?
- E ai Deus, se verrá cedo!
- Se vistes meu amado,
- por que ei gran coidado?
- E ai Deus, se verrá cedo!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)