luns, 1 de maio de 2017

MARTES 2: Contacontos Iago López

Iago López , o autor de O cociñeiro Martiño, que foi lectura de nadal en E. Infantil , estará mañá martes na Biblio Crocaio, ás 10.30 h.
                                                         
Presentará e asinará os libros aos nenos e nenas e pasaremos un momento divertido escoitando as aventuras de Martiño.
 O cociñeiro lémbranos que para conseguir algo que non temos moi doado o mellor é a perseverancia; a constancia e o traballo son os mellores amigos  para conseguir os nosos soños.

venres, 28 de abril de 2017

5º e 6º vistan o CIFP Manuel Antonio de Vigo

Dentro do programa Eduemprende da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, os cursos de 5º e 6º visitaron hoxe o CIFP Manuel Antonio de Vigo.
Recibidos polo Orientador do Centro, visitamos en primeiro lugar o viveiro de empresas, unhas oficinas nas que nacen e se desenvolven nos seus primeiros pasos as empresas que crean os novos emprendedores que saen do Centro.
Alí recibimos o agasallo que nos gustou moito, unha mochila e un pen drive de 4G para cada un.
A continuación pasamos a unha sala na que nos agardaba o emprendedor Manuel Montes, que nos mostrou moitas ideas creativas.
A visita ás instalacións foi moi interesante, visitamos a aula de téxtil, na que  nos recibiu unha unha mestra pero nese momento non había alumnos. Pasamos á sala de formación dos protésicos dentais , e alí disfrutamos un montón coa amabilidade dos alumnos e alumnas que nos deixaron o seu asiento para manipular os seus aparatos e nos fixeron unha demostración de como facer un molde dental.
No obradoiro de pastelería, no que a visita foi moi rápida porque estaban moi atarefados agasalláronnos cun cangrexo de hoxaldre e chocolate recén feito.

E por último visitamos a súa espectacular biblioteca.
Todo esto podédelo ver nas imaxes do vídeo:

María Carrera : Contacontos

luns, 24 de abril de 2017

LER CONTA MOITO

 A festa do LIBRO remata este vindeiro mércores 26 coa 
contacontos MARÍA CARRERA, do grupo teatral
"Pinga teatro" que vai representar para o alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º a obra 
"O recuncho dos contos"

SERÁ NA BIBLIO CROCAIO ás 10 h.
Por xentileza da editorial SM