xoves, 16 de febreiro de 2017

Proposta da AELG para a celebración do Día de Rosalía

24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro
 ROSALÍATE !

"O  lema da proposta #RosalíaTe  pode desenvolverse a través de actividades que permitan a cada alumna ou alumno converterse na Rosalía de Castro da que se sinta máis próxima/o. Para isto, despois de facer un repaso da figura literaria da autora, e dalgunhas lecturas que dean conta da pluralidade significativa das súa obra, propoñemos para o venres 17 de febreiro que cada alumna/o elabore unha máscara de Rosalía de Castro

 Esta iniciativa pretende, ademais, que unha vez feito este traballo, o alumnado o comparta coa súa familia e, particularmente, cos seus maiores (sexan familiares, veciñas e veciños…). Para isto faríanse fotos do alumnado caracterizado de Rosalía acompañado das súas persoas maiores, portando entre ambos un pequeno cartel cun verso rosaliano da escolla da alumna ou alumno. 


 A documentación gráfica sería subida á rede polo centro de ensino antes do 24 de febreiro, coa etiqueta #RosalíaTe. Desde a AELG, convidamos á comunidade educativa a que se implique de forma activa nesta festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo.

Mais ó que ben quixo un día. Rosalía de Castro

Mais ó que ben quixo un día,
si a querer ten afición,
sempre lle queda unha mágoa
dentro do seu corasón.

I

Aló nas tardes serenas,
aló nas tardes caladas,
fanse máis duras as penas
que nas brandas alboradas.

Aló nas tardes sombrisas,
aló nas tardes escuras,
fanse máis cortas as risas,
máis negras as desventuras.

Que non hai sera tranquila
para quen remorsos garda,
e máis presto se aniquila
canto máis á noite agarda.

II

Eu ben sei destos secretos
que se esconden nas entrañas,
que rebolen sempre inquietos
baixo mil formas extrañas.

Eu ben sei destes tormentos
que consomen e dovoran,
dos que fan xemer os ventos,
dos que morden cando choran.

........................

I anque hora sorrindo canto,
anque hora canto con brío,
tanto chorei, chorei tanto
como as auguiñas de un río.

Tiven en pasados días
fondas penas e pesares,
e chorei bágoas tan frías
como as auguiñas dos mares.

Tiven tan fondos amores
e tan fondas amarguras,
que eran fonte de dolores
nacida entre penas duras.

III

Ora río, ora contento
vou polas eiras cantando,
vendo de onda vén o vento
cando vou levar o gando.

Ora con grande sosiego
durmo na beira das fontes,
durmo na beira dos regos,
durmo na punta dos montes.

Mais ó que ben quixo un día
si a querer ten afición,
sempre lle queda unha mágoa
dentro do seu corasón.

    Rosalía de Castro . Cantares Gallegos. 



mércores, 15 de febreiro de 2017

Visita de Tamara Echegoyen

Inesquecible a visita desta deportista de élite que deixará pegada no alumnado, para competir de maneira sana, para non renderse ata conseguir os  obxectivos propostos,para que a lectura estea presente ao longo da vida.
Un exemplo a seguir.

luns, 13 de febreiro de 2017

Támara D. Echegoyen

Foi  campiona de Europa en 2000 e 2004, e campiona do
mundo en 2001, 2002 y 2005 da clase Vaurien.1

Visitamos o auditorio Mar de Vigo para entrevistar a

Iago Aspas, por xentileza de Faro da Escola.
Eramos moitos coles, uns 1.200 nenos e nenas, que ordenadamente fomos subindo ao escenario a facerlle ao xogador do Celta de Vigo as preguntas que levabamos preparadas.
Ao tempo Luis Dávila, o debuxante, facía unha caricatura e o chiste do día e un redactor escribía a entrevista que podíamos seguir pola gran pantalla.
Gustounos moito. Do noso cole tocoulle por sorteo a Mamadou e a Sabela subir ao escenario.