luns, 21 de novembro de 2016

luns, 14 de novembro de 2016

Taller de lectura!!

Actividade de lectura conxunta na Biblioteca, uns len a outros os seus libros preferidos, practican lectura, escoita, comprensión e expresión e coñecen moitos libros nunha soa sesión!
 E preparan, practican na casa a súa lectura. 
Utilizan a biblioteca de aula, do centro ou da súa casa e poñen moito empeño en facelo moi ben!

Unha vez ao mes, imos preparando xa a de decembro, será o luns día 12.


sábado, 12 de novembro de 2016

A volta ao mundo en 80 días! Julio Verne

Película  superdivertida e moi entretida, baseada na novela de Julio Verne.
Os protagonistas van percorrendo o mundo dando a volta enteira en oitenta días  por unha aposta. Gañarán ou perderán esa aposta? 
Aproveita o domingo para vela!
Máis pelis na páxina deste blog"Películas":
E tamén na páxina do proxecto:

mércores, 9 de novembro de 2016

Mañá visitaremos a Biblioteca pública de Vigo "Juan Compañel".

Mañá , os cursos de 4º, 5º e 6º , visitaremos a Biblioteca Pública de Vigo "Juan Compañel", que está na Rúa Joaquín Yáñez, no medio do casco vello de Vigo. 
Podes facer unha visita virtual premendo na imaxe:

Comezamos este curso os Obradoiros de Igualdade para Infantil, 2º, 4º e 6º cursos.

 En sexto de primaria, Elsa,
 a monitora explicounos como foi a vida da matemática galega María Wonenburguer,
 que nacida a comezos do século vinte,
non gozou de iguais oportunidades na súa carreira polo feito de ser muller.
Neste mes de novembro celébrase o Mes da Ciencia en Galego. Esta é a nosa pequena homenaxe.

Para saber máis escoitamos con atención este  interesantísimo vídeo sobre María Wonenburguer:
“Camiña Con Nós pola Igualdade” é un programa educativo promovido pola Concellería de
Igualdade do Concello de Vigo. Destinado á sensibilización e formación na igualdade de oportunidades de nenas e nenos.

 O alumnado  é  moi  receptivo;  trátase  dunha  etapa  educativa  idónea  para  traballar  a  igualdade de xénero.

  O  programa  elaborado,  e  impartido  por  dúas  pedagogas  que,  ten  como  base  o  traballo  feito  nas  edicións anteriores, e dende unha perspectiva de xénero, desenvolven catro obradoiros temáticos
para cada etapa  educativa. Neles, a  través  dunha metodoloxía lúdica e  participativa,  búscase promover a igualdade entre  homes e mulleres.