xoves, 12 de novembro de 2015

Festa do magosto 2015

 A CASTAÑA: teatro lido , polos alumnos e alumnas de 5º e 6º:
 As CANTAREIRAS de SAMPAIO :
 Moitas grazas  por animar a nosa festa.
       Fantásticas!
 Castañas, chourizos e xogos para todos: avoas, avós mamis e pais., curmáns...
 Pasámolo moi ben. Como debe ser  en todo magosto!

Moitas grazas tamén ás mamis "castañeiras"

mércores, 11 de novembro de 2015

Gran festa do Magosto, día 12 de novembro

Festa de convivencia coas familias, abriremos as portas ás 11.45, para todo@s @s que queirades compartir con nós esta festa de MAGOSTO.
Haberá castañas asadas, chourizos á brasa con pan, auga e sobre todo moitos xogos para tod@s!
Animádevos!
Así fomos preparando nas aulas as actividades:



Aprendemos un poema de Manuel María:
 O ourizo
Co seu ouro vello, mol,
O ourizo ouriceiro
Toma o sol
No bico dun castiñeiro.

Tal un señor moi mandón:
                                No bico dun castiñeiro                                   
O ourizón
Toma o sol moi riseiro.

O ourizo está moi ledo
Coa súa casa ben pechada
-Ouh, que medo!-
De espiñas ben cercada.

Quere botar una risada
E os seus dentes arregaña
Case un nada:
E xa fuxiu a castaña!

                                              Manuel MaríaOs soños na gaiola.

Escribimos outros contos con estas mesmas imaxes:

Na Biblio Crocaio podemos ler:

xoves, 5 de novembro de 2015

COMO SE COLOCAN OS LIBROS NUNHA BIBLIOTECA


Repasamos con este xogo LIM do ceip de Pedrouzos (Brión) a ordenación dunha biblioteca , para saber colocar no seu sitio os libros que devolvemos:

mércores, 4 de novembro de 2015

Texto do científico Jorge Mira Pérez   con motivo da celebración do Mes da Ciencia
 "Para un humano primitivo, un cadro de Picasso só sería un trapo, untado con graxas de cores, e un libro de Rosalía de Castro, un montón de papeis con manchas negras. Para nós iso xa non é así, por mor da educación que recibimos, que nos fai posible percibir beleza nesas obras.
 O universo tamén posúe, unhas leis que o gobernan, unha beleza extraordinaria. Pero non é doado percibila: vai agromando ao longo da historia, grazas ao traballo de brillantes heroes e, ademais, está agochada para aquela persoa non formada cientificamente. O descubrimento desa beleza foi un feito clave na vida das persoas que máis tarde decidiron traballar na ciencia. Marabilláronse con ela e comprenderon que tanto descubrila como crear con base nela son o meirande reto intelectual e unha fonte de pracer diferente.
Afortunadamente, con ese proceso de descubrimento e creación melloraron as nosas condicións de vida. Un dos signos máis evidentes do avance humano é o seu progreso científico e tecnolóxico. Cando un neno pequeno descobre algo que lle encanta, enseguida corre a dicirlles aos seus pais: “Mirade isto!”.
Ese mesmo instinto é o que lanza a moitos científicos a divulgaren o seu coñecemento, a intentar que os que os rodean vexan o mesmo que eles ven. Ocorre, porén, que ás veces transmitir ese coñecemento non é trivial. Cómpre, polo tanto, un esforzo de axeitada tradución da ciencia para poderllo contar á maior cantidade de persoas. Nese proceso, a lingua, como soporte das ideas, xogará un papel fundamental.
O galego, tanto pola riqueza que lle dá o seu milenio de historia, como pola súa condición de porta aberta a centos de millóns de persoas da lusofonía, é vehículo esencial para transportar masivamente a ciencia e o labor dos moitos científicos de excelencia que temos en Galicia.

Prezadas bibliotecas públicas e bibliotecas escolares de Galicia: grazas por vos converterdes nas prazas públicas nas que isto se fará posible ao longo do mes de novembro".
Recopilación de materiais de ciencia en galego
Na Biblio Crocaio:


Xoga con este pasapalabra de ciencias naturais:




xoves, 29 de outubro de 2015

Samaín: Contacontos de medo!

Despois de pasar polo túnel do medo e disfrutar do recreo do Samaín, chegou a hora le ler con contos de medo e coa colaboración dos primeiros pais e mamis contadores!
Parabéns a todos! pasámolo moi ben cos vosos contos!





Agardamos máis voluntarios para lerlles contos, contarlles historias, facer poesía ou teatro na

luns, 26 de outubro de 2015

No Samaín

Novas actividades dos Bolechas no Samaín
E aquí moitos recursos para o Samaín da Biblioteca Mestres Goldar de Vigo
Preme para escribir o teu CONTO DE MEDO:

venres, 23 de outubro de 2015

24 de outubro Día das BIBLIOTECAS

A Biblio Crocaio estivo hoxe de festa.
Celebramos o Día das Bibliotecas poñendo en marcha a nosa para este curso 2015-2016.
É o momento de abrir as nosas portas a familias, compañeiros e compañeiras, nenos e nenas; e poñer en marcha as actividades do noso proxecto anual: CANTOS CONTOS COÑECES E CONTAS?
Hoxe na nosa festa houbo moitos contos:
Brancaneves:
Peter Pan
 Carapuchiña:
  As fabas máxicas
 O patiño feo e Os tres porquiños:
 Pinocho:
 Crocaio repartiu os carnés, as cestas de libros, as maletas viaxeiras e algúns libros de agasallo ás aulas:





Escoitamos  parte do  precioso poema de Ana Mª Fernández que agora tedes aquí completo:

Érase unha vez un conto
que non se quixo contar,
rebelde,curto, poeta,
que escapou da biblioteca,
sen levar una maleta,
só a maxia da súa letra,
e botouse a a camiñar,

porque xa non tiña gana
de que chegasen as fadas,
nin as bruxas tan malvadas,
nin o lobo,
o elefante,
nin o mago máis parlante,
nin o dragón,
nin a espada,
nin a princesa,
nin…¡nada!
¡Só quería viaxar!

E montou primeiro en globo,
En tren, barco e bicicleta,
Deu tres voltas ao planeta,
Sen volver a vista atrás.

Érase una vez un conto,
Rebelde, curto, poeta,
Que aprendeu deste planeta
A poñer amor na letra
Para volverse a contar.


Ana Mª Fernández . Tres voltas ao planeta

A  Asociación Española de Amigos del Libro Infantil  celebra este día como homenaxe ao labor que desempeñan os bibliotecari@s.
Cada ano  encargase a un escritor e a un ilustrador, a redacción do pregón e el dieseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas de España.
Este ano o autor seleccionado é Diego ArboledaPremio Nacional de Literatura Infantil 2014 e a ilustradora Leticia Ruiz Fernández.

Día de la biblioteca 2015


xoves, 22 de outubro de 2015

Inauguración da Biblio Crocaio

Cantos contos coñeces e contas?

Bota ben a conta porque cando remate o curso tes que saber contar moitos máis, porque este ano temos como proxecto " Os contos "
Contaremos, escribiremos , escoitaremos, representaremos....moooitos contos!!
Lembra pensar  sobre Cantos contos sabes contar?...Xa veremos
De momento vai  aprendendo  a contar Garavanciño:

sábado, 17 de outubro de 2015

Para o Samaín

Moitos traballiños orixinais para facer este Samaín!
Compárten con nós: O CEIP Galán, de Oseiro-Arteixo, e o CEIP Milladoiro, de Malpica de Bergantiños, actividades de comprensión lectora e de plástica.



xoves, 8 de outubro de 2015

A bruxa regañadentes

Un dos personaxes máis temidos dos contos son AS BRUXAS, aquí tedes unha delas para ir pasando lista aos PERSONAXES dos contos de medo agora que nos achegamos ao Samaín:

luns, 5 de outubro de 2015

Ledicia Costas , Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo seu libro


Parabéns Ledicia!
 Aínda soan as túas palabras na Biblio Crocaio.
Premio ben merecido!
A escritora Ledicia Costas 
 edición 2015 pola súa novela 
Escarlatina, a cociñeira defunta
O xurado premiou a súa obra por ser «unha obra extraordinaria, humorística e rompedora no contexto da literatura infantil e jxuvenil actual que destaca tamén pola súa fácil lectura, polo humor escalofriante, e pola habilidade para desmitificar o mundo da morte».