domingo, 8 de maio de 2016

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

LUNS 9 DE MAIO:
VISITA A BIBLIOCROCAIO O ESCRITOR 
GUSTARÍALLE CAMBIAR O MUNDO , PERO COMO COMPROBOU QUE NON PODÍA, DECIDIU SER ESCRITOR, un pouco poeta...

De neno xogou moito, moito...pero tamén estudou e así de maior, cando coñeceu máis polo miúdo a cultura galega, fixo os libros de xogos e xoguetes que nós coñecemos e utilizamos o curso pasado no proxecto dos xogos tradicionais

Escribiu mooooitos libros para nenos e nenas e tamén para mozos. Os nenos e nenas de segundo de Primaria leron: 
Rosalía vai á escola, onde aprende a ler e a escribir. Un día acabóuselle o lapis, chegou á casa e díxolle ao pai: —Papá, tesme que mercar outro lapis. O novo lapis resultou ser moi distinto ao anterior. Que ten de especial ese lapis?
Pero tamén temos na Bibliocrocaio:
Para “Entender a maxia que se agocha nas palabras”,  xogos visuais, adiviñas, trabalinguas e máis posibilidades que a poesía pode ofrecer.

A forxa de Manuel ten unha xanela de vidros cadradiños e pequenos. Pegado a ela hai un banco ateigado de ferramentas: mazos, martelos, tenaces, alicates, parafusos, cravos… Ao outro lado da xanela o que hai son campos verdes e árbores verdes e montañas verdes...

Un verdadeiro xogo de poesía e ilustración. Sopra neste furadiño de Antón Cortizas e Leandro Lamas publicado por Edicións Embora. Troquelado para soprar, o libro tráenos rimas divertidas, breves, que convidan a  soprar polo burato. Porque... quen se resiste? Se ata podes facer voar un elefante! Fermosas ilustracións dun artista irrepetible.


Antón Cortizas recolle nestas composicións o evocador aroma dos vellos contos a través dunha forma poética, ou romance, de rica tradición popular.

Vaia tropa! é un libro de poesía do absurdo,  está pensado para ser lido de formas diversas. Hai poemas que terás que ler de esguello e noutros precisas usar un espello e así poder ler do verso o reflexo. Como non era cousa de poñer só letras alguén debuxou algunhas caretas. E como os debuxos están contrafeitos usarás o espello para velos con xeito. Trátase dun libro xogo, con sorpresas...
Para xogar coas cores....
Podedes atopar máis curiosidades sobre Antón Cortizas na páxina de documentación de escritores galegos:

venres, 29 de abril de 2016

Familias lectoras


Libros ao sol ! O venres próximo repetimos a experiencia que resultou moi grata para todos!





Páxina  de información:
Se facedes clic na imaxe poderedes acceder a  os recursos para traballar a Manuel María nas aulas
Moitas grazas aos que elaborades tantos recursos sobre  o escritor ao que se lle dedican as Letras Galegas este ano 2016
http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/dia-das-letras-galegas

xoves, 28 de abril de 2016

A Bibliocrocaio sae ao sol!


 Mañá venres de 13,30 a 14 horas, a Bibliocrocaio vai poñer á disposición das familias unha selección de libros que serán expostos na entrada do colexio para que  tamén vós poidades participar do préstamo si así o desexades e  mesmo disfrutar duns minutos de lectura relaxada mentres agardades polos vosos fillos e fillas.
Tedes un pouco de todo, libros de información, novelas, cómic, libros de cociña, de pedagoxía
e mesmo álbumes ilustrados e libros de contos para que contedes antes de durmir...
Se aínda así estiverades interesados nalgún outro non tedes máis que pedilo.
Vós mesmos podedes apuntar o préstamo!
O póximo venres debedes devolvelo, e podedes volver a levar outro xa que tamén volveremos a colocar a exposición.
Somos unha Biblioteca escolar ao servicio da Comunidade Educativa!
BOAS LECTURAS!

martes, 26 de abril de 2016

Día do LIBRO na Bibliocrocaio

Non perdades detalle da celebración do Día do LIBRO 2016 na Bibliocrocaio.
Fixemos moitas actividades, lemos contos aos máis pequenos, lembramos a Miguel de Cervantes
no catrocentos aniversario da súa morte e xogamos co seu libro máis universal " Don Quijote de la Mancha".
Pero sobre todo contamos contos, e fixémolo moi ben, xa que o público (nenas e nenos) que enchía a sala ( biblioteca) estivo completamente atento durante o tempo que durou o acto.
Parabéns aos contadores!

venres, 22 de abril de 2016

Contacontos sorpresa!!

Mirade as cariñas dos nenos e nenas de Infantil, disfrutaron moitísimo cun orixinal conto, contado por unha mamá, con final feliz, nunca mellor dito!
Grazas mami!
 Desde aquí animamos  a vir a contar os e as que aínda non viñestes , é unha experiencia que non debedes deixar pasar, os vosos fillos e fillas lembraranna sempre.


Movie Maker: Conto nai Brais - Diapositivas

A vaca que puxo un ovo, con texto de Andy Cutbill e ilustracións de Russell Ayto.
Unha vaca que quere facer algo diferente, para destacar entre as demais, e que pola súa simpatía e tristura é axudada polas súas amigas galiñas. Claro que a envexa non é boa conselleira e as súas "comadres" están seguras de que todo é unha gran mentira.
O final, sorprendente.