luns, 14 de abril de 2014

XOGOS PARA APRENDER ARTE

Divertida montaxe para promocionar a canción pero atrévete a chegar ata o final porque
 SEGURO QUE COÑECES ALGÚN DESTES CADROS!:
Premendo nas meninas entras na páxina para practicar estes días as manualidades:

/

COLORES COLORES da editorial KOKINOS, estupendo libro que atoparás doadamente nos recunchos de arte de calquer librería ou biblioteca, fíxate que estupenda portada:
Xoga agora coas cores  da Tate Galery, o museo de arte contemporánea de Londres, un xogo superfácil para colorear:
Pero si queres quedar máis perto aqui tes un xogo de memoria que nos propón o Museo do Prado de Madrid:
·El jardín de las delicias:
El jardín de las delicias é  unha das obras máis coñecidas do pintor holandés Hieronymus Bosch (El Bosco). É un tríptico pintado ao óleo sobre táboa de 220 x 389 cm a táboa central e 220 x 97 cada unha das dúas  laterais (pintadas nos dous lados) que se poden pechar sobre aquela.

venres, 4 de abril de 2014

A escritora viguesa Alicia Borrás visitou a Bibliocrocaio

E compartiu con nenos e nenas de Educación Infantil e de 1º curso uns momentos de cancións, risas, apertas...todo o que poideron xogar co seu libro. 
Un encontro agardado que levaban preparando coa lectura do nseu libro " O señor corpo quere xogar".
Alicia Borrás propón aos máis pequenos con este libro, descubrir as partes do corpo e as súas funcións.
Despois de falar, recitar, cantar e bailar todos coas rimas do seu libro, sacou ao seu peluche o pato Pico e con el falounos das partes do corpo dun ave , diferentes do corpo humano.
A continuación asinou exemplares da súa obra facendo en  cada libro un dibuxo diferente. Asinou tamén no libro de visitas da Biblio.
Só nos queda dicirlle: MOITAS GRAZAS,  ALICIA, PASÁMOLO MOI BEN!!

mércores, 2 de abril de 2014

Qu é o AUTISMO?

Tamén había globos na BIBLIOCROCAIO
Presta moita atención a este entretido capítulo de Caillou no que se explic COMO SE SINTE UNHA PERSOA AUTISTA:


PARA AXUDARLLE A COMPRENDER : TARXETAS VISUAIS:

martes, 1 de abril de 2014

Hoxe, 2 de abril, día do libro infantil e xuvenil

Para este día que mellor que a canción  que nos fala do libro como fondo das imaxes da lectura compartida  do 1º Ciclo do mes de marzo
Aprendete a  letra da canción de Pablo Díaz: UN LIBRO, é superfácil! Dí así:

Un libro está sempre comigo
e así pode ser o meu amigo.

Hai que ter un libro a carón da cama
 para poder ler toda a semana,

E nas bibliotecas pódennos prestar 
os fermosos libros que nos fan soñar 

 Un libro está sempre comigo 
e así pode ser o meu amigo...

Lectura compartida 1º Ciclo con E. Infantil. Marzo 2014 on PhotoPeach


CROCAIO prestounos, para ensinarvos hoxe, un dos seus libros preferidos:


 VAMOS A BUSCAR UN TESORO  de Janosch. Alfaguara editorial.
Este está en castelán e xa ten moitos anos!
 E  é a historia dun pequeno oso e dun pequeno tigre que buscaban a felicidade. Eles pensaban que a felicidade era ser ricos para poder comprar todo o que quixeran. Así, decidiron buscar un tesouro.

Pero... dun xeito sinxelo, compartindo as súas cousas cos amigos, disfrutando das pequenas cousas da vida, pequeno oso e pequeno tigre encontraron a felicidade escoitando como 
cantaban os paxaros na súa casa.

Tamén o tedes en galego en Kalandaka:
.

 Si queredes  coñecer mellor a Janosh, oautor deste maravilloso libro fai click aquí. Google 

Tamén temos as aventuras dos seus personaxes no seguinte video que está en inglés pero ten abaixo a
traducción  así tamén practicades ....

domingo, 30 de marzo de 2014

2 de abril: Día Internacional do Libro infantil e xuvenil

 DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
 Dende o ano 1967 vense conmemorando o Día Internacional do Libro Infantil, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés HANS CHRISTIAN ANDERSEN, autor, entre outros contos, de O parruliño feo, A sireniña, A pequena vendedora de mixtos, O traxe novo do emperador.
Celébrase para inspirar amor pola lectura e para chamar a atención sobre os libros para nenos
Preme na imaxe do cartel que realizou Niamh Sharkey e poderás ler a Carta aos nenos do mundo que escribiu Siobhán Parkinson.