mércores, 27 de novembro de 2013

Compartir lecturas, contar contos, medrar xuntos...

“El papá que no sabía contar cuentos“, de Pepe Monteserín e Miguel Tanco. Publicado na editorial Pintar y pintar.
Non todos somos capaces de facelo todo ben, nin tenemos os mesmos puntos fortes e debilidades. Eso non implica que ninguén sexa mellor ou peor que o resto. Cada un é como é, e iso, está ben.

Para pais/nais  que a diario aprenden a:
-recuperar o pracer de estar cos fillos e fillas,
-gozar mirando e observándoos,
-escoitando e atendendo as súas demandas,.
-compartindo vivencias
-falando e medrando xuntos.
Grandes obxectivos, que malia que todos pensemos que son inherentes ao rol de pai ou nai, hai que desenvolvelos e exercitalos, pero non todo o mundo sabe como facelo.
http://www.cuentosinteractivos.org/

Gústanos sempre recomendar publicacións que xiran arredor dos pais e dos contos. (Imaxe Leandro Lamas),
 http://lecturanarede.blogspot.com.es/

http://www.crtvg.es/infantil/contos

http://paracantarecontar.blogspot.com.es/

 http://www.cuentosinteractivos.org/

http://www.cesarsalgado.net/contos/

E para ler con eles este fermoso conto:
Roger Olmos: El cuadro más bonito del mundo
miro

O libro escrito por Miquel Obiols é  moi interesante polas ilustracións feitas por Roger Olmos, e polo  tema, que aborda a aventura da historia.
 Un libro que axuda aos nenos a achergarse a arte, a ter curiosidade polo mundo das pinturas, das cores e das obras do pintor catalán, Joan Miró.Presenta o mundo das cores de Miró dunha maneira moi divertida.
  Este tipo de libros que fomentan a arte son moi importantes na vida dun neno.
O estilo de Miquel Obiols fai ver este álbum moitas veces, rir, disfrutar cada páxina.

luns, 25 de novembro de 2013

Artur e Clementina

 Este foi o conto deste luns 25 " Día internacional para o fin a violencia contra as mulleres "

 " ... - Que te aburriches!- berraba Artur indignado- Só os parvos se aburren"
"... A Clementina dáballe vergoña ser tan parva"
" ... _ Que vas tocar ti a frauta! Estou seguro que non vas ser capaz"
" ... - Pero que che pasa agora? outra idea ridícula. Non pensarás que es artista? Vaia parvada"
"...non vaia ser o demo que Artur se farte de ter unha esposa tan burra.Esforzareime por falar o menos posible"
"... -Que farías ti sen min?- dicíalle el.

...CANDO UNHA MAÑÁ DE PRIMAVERA CLEMENTINA DECIDIU QUE A SÚA VIDA NON PODÍA SEGUIR ASÍ.
...AS CRÍTICAS DE ARTUR XA TANTO LLE TIÑAN...
...E UN DÍA AO REGRESAR ARTUR ATOPOU A CASA BALEIRA.

sábado, 23 de novembro de 2013

25 de novembro: Día internacional polo fin da violencia contra as mulleres

http://www.unwomen.org/es/news/in-focus/end-violence-against-women
Pinta o mundo de laranxa en 16 días
 A campaña do Secretario General das Nacións Unidas ÚNETE para poñer fin á violencia contra as mulleres proclamou o 25 de cada mes Día Laranxa.
http://www.un.org/es/women/endviolence/orangeday.shtml
 Entre outras actividades, nese día invítasenos a levar algunha prenda ou un lazo desa cor para resaltar o chamamento a erradicar a violencia contra a muller sen reservas, equívocos ou demora.

 Este ano a campaña ÚNETE extende ese Día Laranja a 16 días de activismo contra a violencia baseada no xénero, desde o 25 de novembro en que se conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, ata o 10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos. 
http://issuu.com/euducandoenigualdad/docs/pequediccionarioigualdad/1?e=0 
a) A violencia física, sexual e sicolóxica que se produza na familia, incluidos os malos tratos, o abuso sexual das nenas no fogar, a violencia relacionada coa dote, a violación polo marido, a mutilación xenital feminina e outras prácticas tradicionais nocivas para a muller, os actos de violencia perpetrados por outros membros da  familia e la violencia relacionada coa explotación...

Reflexiona sobre o tema  despois de ver este conto:

Leremos tamén:
Adela Turín comenzou a publicar en Italia a colección «Dalla parte delle bambine»,  editada en España co  título «A favor de las niñas». É unha escritora de referencia para temas de igualdade. 
 La historia de los bonobos con gafas, de Adela Turín y Nella Bosnia.Editado por Kalandraka.
O bonobos vivían nun bosque de manglares mascando baias, gromos e sementes que as bonobas recollían para todos. Un día deciden que os catro bonobos máis guapos deben marchar a instruirse e aprender idiomas.
 A súa volta, enseñan a todos o que aprenderon e as bonobas, que quedan fora do xogo desta aprendizaxe, abandonan o lugar  instalándose noutro bosque. ¿Qué farán entón os bonobos?...

domingo, 17 de novembro de 2013

Para ler cos fill@s:

  Crocaio vén de recibir entre outras novidades o seguinte e recomendable libro para ler cos teus fillos e fillas:
Curioso e instructivo este libro de Anaya co que aprenderemos moito sobre as obras de arte e os pintores máis famosos.
A arte ten  moito en común cos nenos e nenas, si non, que lle pregunten a María, a nena que descubriu as pinturas da cova de Altamira. 
Este libro fala de pintura para que os cativos poidan entender e gozar con ela.
Os seus autores  guíannos nun percorrido por diferentes cadros que forman parte da historia da pintura, pasando por artistas como Leonardo da Vinci, Van Gogh, Kandinsky, Dalí ou Picasso, cos que o lector se achega ao mundo da arte.
A Gioconda, Os cazadores na  neve, As Meninas.... son algunhas das moitas obras reseñadas no libro, onde se explican  as técnicas de realización dos mesmos, experimentos para intentar imitar algunha das obras, e unha pequena historia dos acontecementos que rodean a cada cadro.Con divertidos debuxos e fotografías.

De Juan Ramón Brotóns e Ximena Maier.


Tamén recomendamos para 3º ciclo:

martes, 12 de novembro de 2013

Obradoiro de Plastilina

Aquí tedes unha copia do famoso cadro de Velazquez Las Meninas, feito en plastilina.Se premedes nel veredes as fotos do obradoiro de Plastilina que tiveron Os peques de Sampaio hoxe na aula de 4 e 5 anos.
E agora outras versións sorprendentes das Meninas:
 Unha Menina de Pablo Picasso:
 Unha das moitas versións que fixo o gran pintor Pablo Picasso, que sentía fascinación polo cadro de Velázquez!
 As Meninas de Salvador Dalí, moi surrealistas!!

Esta é a orixinal:

venres, 8 de novembro de 2013

Papis e mamis: Charla moi importante o vindeiro luns ás cinco. Na BIBLIO CROCAIO. Mirade na columna da dereita.

Actividades desta semana nunhas pouquiñas  fotos, máis adiante con máis tempo , Crocaio preparará as montaxes nas que saídes tod@s, pero aquí está un resume:
Visita ao IFEVI : Os dinosaurios











Contacontos para primaria, Marta González, por xentileza da Editorial SM contounos o conto do valente ollomol Molito:
Magosto e exposición de fabulosos calacús:
Ponte as pilas agora para resolver este xogo de LIM sobre o magosto. Escolle ben o teu ciclo!!
http://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/MAGOSTO/magosto.html

luns, 4 de novembro de 2013

Os dinosaurios

Mañá mércores,  iremos a ver os Dinosaurios en 3D no IFEVI de Vigo.
 Veremos máis de 200 dinosaurios animatrónicos, 50 de tamaño real, recrearán a era Mesozoica nun percorrido no que se mistura o lúdico co educativo e que está dividido en varios apartados: area interactiva, areneiro, mesas de debuxo, zona de excavación, dinosaurios interactivos, dino shop, dino ride e, por último, dino foto.
 Mentres tanto, vaite preparando con este xogo e con este libro: https://www.cajastur.es/clubdoblea/diviertete/juegos/losdinosaurios.htmhttps://www.cajastur.es/clubdoblea/diviertete/juegos/losdinosaurios.html
Neste libro interactivo desvelarás  o mundo dos dinosaurios. Todas as curiosidades destes grandes e antigos animais son analizadas neste libro, con  rodas que xiran, ventás que se abren e solapas que se desplegan.

domingo, 3 de novembro de 2013

O pai do Xabarín, Miguelanxo Prado, gaña o premio nacional de banda deseñada 2013
Miguel Anxo Prado ven de recibir o Premio Nacional do Cómic por Ardalén.
O xurado destaca o seu carácter poético e a mestría técnica no uso das cores.
Visita a súa páxina web e atoparás miles de debuxos e de historias.http://www.miguelanxoprado.com/
 Noaraboa.
Aquí tedes un dos clips do Xabarín debuxado por Miguelanxo Prado. Escoitade a mensaxe!

 
O leite mola! (Xabarín & Xababanda) from Xeración Son Goku on Vimeo.

domingo, 27 de outubro de 2013

Día da BIBLIOTECA

Un día moi especial foi o que vivimos o venres 25 no cole: a festa da BIBLIO CROCAIO.
 Dámos moitas grazas a PEPE CARREIRO pola amabilidade e a paciencia que mostrou, debuxando e falando cos nosos nenos e nenas e compartindo con todos nós este día.
Os seus libros formaban parte da exposición do corredor.
As NOVIDADES tamén estaban expostas.
Así estivemos de atentos.
 

Os nenos e nenas de tres anos pasárono moi ben.

E chegou o momento das interminables firmas con debuxo e dedicatoria para tod@s. 


As Mochilas viaxeiras en marcha, con libros de PEPE CARREIRO e tamén un libro especial de PINTURA en cada unha.
  Sobraron pegatinas de cadros así que cando veñades a coller libro levaredes unha de agasallo.