mércores, 18 de abril de 2012

Xa está na BIBLIOCROCAIO

Acaba de chegar da libraría para que poidades disfrutalo:


O cullarapo serve de fío condutor entre os poemas que viven neste libro. 80 páxinas cheas de poesía, de fermosas ilustracións e sobre todo de moita dozura. 
Os autores do libro: Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, conseguen achegar aos nenos e nenas temas como o respecto aos demais, os soños...
 Algúns xa o están disfrutando como Lucas e Sara:
                                  
Imaxe compartida da nosa ex-compi Marta do seu Blog http://elvuelodelasmariposas.com/

domingo, 15 de abril de 2012

A Nosa Hortiña

 Pasamos primeiro pola Bibliocrocaio e volvemos a ler:

E despois baixamos á horta, a donde por fin estes días de choiva chegou a primavera.
Despois dos días de calor nos que non podiamos plantar nada comezamos a preparar a terra para o traballo primaveral.
 Recollemosas fabas que medraron durante o inverno. E como medraron!!
Prantamos as cebolas: 
      E observamos ...As  ervellas están medrando:
       As acelgas  medraron moito coa chuvia:
 As cebolas que prantaran os pequenos de Infantil están así:
 Os allos tamén medran:
 O nabicol xa bota a súa flor que despois conterá a semente:
 A rúcula, para as ensaladas sae espontánea por todo o terreo:
As fresas comezan a saír: 
 E a nosa vermicomposteira no caseto dos trebellos da horta:
Temos unha horta ecolóxica!!
Así eran as primeiras ceboliñas que prantamos 

 A nosa horta ten as mellores vistas que podiamos desexar,
 por eso nos gusta tanto ira ela! 
 Mirade que fermosas están as árbores: a avelaira
 

xoves, 12 de abril de 2012

TESTEANDO: O TRIVIAL EDUCATIVO PARA NENOS

TESTEANDO, é unha ferramenta educativa, lúdica e gratuita pensada para profesores e estudantes. Consiste nun xogo de preguntas e respostas tipo test ou trivial, agrupadas por cursos e asignaturas. Durante o transcurso do xogo, o alumno pode facer uso de ata tres comodíns (50%, 2x1, A clase) para responder ás preguntas. É bastante divertido.

      A qué estas esperando para xogar?.

domingo, 8 de abril de 2012

Leer.es

leer.es pretende transmitir o entusiasmo pola lectura e animar á súa práctica, así como aportar materiales e consellos para os docentes e as familias

Leer es gozar de la compañía de un libro.
Leer es viajar sin prisas.
Leer es reír con la vista.
Leer es volver a ser joven.
Leer es compartir universos consagrados.
Leer es un acto de rebeldía.
Leer es revivir pasiones añejas.
Leer es rendir homenaje a la palabra.
Leer es perseguirse hasta el infinito.
Leer es hacer de la muerte un porvenir.
Leer es un acto prohibido.
Leer es entregarse a los sueños.
Leer es ser un poco rarito.
Leer es una práctica canibal.
Leer es un vicio prematuro.
Leer es altamente contagioso.
Leer es releer.
Leer es tomar caminos divergentes.
Leer es abrirse al futuro.
Leer es recorrer calles en libertad.
Leer es amar.
Leer es todo y es nada, porque leer es aquello que uno desee...


Xa podes ler aquí

 Os contos  de Hans Christian Andersen

sábado, 31 de marzo de 2012

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2012

                                       

O vindeiro 2 de abril celébrase en todo o mundo o
 Día Internacional do Libro Infantil.
 Celebramos ese día no maior número posible de poblacións de España. Por iso, convócase ás bibliotecas públicas e ás librarías a participar das actividades a prol do libro e da lectura infantil.



 Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro é o texto de Francisco Hinojosa, poeta, dramaturgo, narrador, editor e ensaísta mexicano, para a conmemoración . Cada ano, a International Board on Books for Young People encarga a unha das súas seccións a edición do cartel conmemorativo deste día no que se lembra o nacemento de Hans Christian Andersen. Nesta ocasión foi a sección Mexicana quen acolleu esta iniciativa, e velaquí  tamén o cartel que elaborou para a ocasión o ilustrador deste país, Juan Gedovius

HABIA UNHA VEZ UN CONTO QUE CONTABA O MUNDO ENTEIRO
Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro. Ese conto en realidade non era un só, senón moitos máis que comezaron a poboar o mundo coas súas historias de nenas desobedientes e lobos seductores, de zapatiños de cristal
  e príncipes namorados, de gatos inxeniosos e soldadiños de chumbo, de xigantes 
 bonachóns e fábricas de chocolate. Poboárono de palabras, de intelixencia, de imaxes, de personaxes extraordinarios.

 Permitíronlle rir, asombrarse, convivir. Cargárono de significados. E dende aquela eses contos continuaron multiplicándose para dicirnos mil e unha veces “Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro…”


Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos estamos exercitando a imaxinación, coma se fose necesario adestrala para mantela en forma. Algún día, seguramente sen que o saibamos, unha desas historias acudirá ás nosas vidas para ofrecernos solucións creativas aos obstáculos que se nos presenten no camiño.


Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos en voz alta tamén estamos repetindo un ritual moi antigo que cumpriu un papel fundamental na historia da civilización: facer comunidade. Ao redor deses contos reuníronse as culturas, as épocas e as xeracións para dicirnos que somos un só os xaponeses, os alemáns e os mexicanos; aqueles que viviron no século XVII e nós que lemos un conto en Internet; os avós, os pais e os fillos. Os contos énchennos por igual aos seres humanos, a pesar das nosas enormes diferencias, porque todos somos, no fondo, os seus protagonistas.


Ao contrario dos organismos vivos, que nacen, se reproducen e morren, os cuentos, que xorden colmados de fertilidade, poden ser inmortais. En especial aqueles de tradición popular que se adecúan ás circunstancias, ao contexto do presente no que son contados ou reescritos. Trátase de contos que, ao reproducilos ou escoitalos, os converten nos seus coautores.


E había unha vez, tamén, un país cheo de mitos, contos e lendas que viaxaron polos séculos, de boca en boca, para exhibir a súa idea da creación, para narrar a súa historia, para ofrecer a súa riqueza cultural, para excitar a curiosidade e encher de sorrisos os beizos. Era tamén un país no que poucos dos seus poboadores tiñan acceso aos libros. Pero esa é unha historia que xa empezou a cambiar.
 Hoxe os contos están chegando cada vez máis a recunchos afastados do meu país, México. E ao atoparse cos seus lectores están cumprindo co seu papel de facer comunidade, facer familia e facer individuos con maior posibilidade de ser felices.


Ilustracións de Gedovius




martes, 27 de marzo de 2012

FINA CASALDERREY VISITA A BIBLIOCROCAIO

 Hoxe recibimos no cole á escritora Fina Casalderrey. Foi para nós alumnos e profesorado un momento desexado, agardado e máxico. Non nos decepcionou, durante hora e media engaiolounos coas súas metáforas, coas súas historias reais e inventadas.
 






 Desde nadal lemos e traballamos os seus libros, non só os "recomendados",  todos os que os nenos e nenas demandaban xa que ten tantos, de todas as temáticas e para todas idades que había onde escoller.
Fixemos murais, exposición dos libros, traballos escritos e contamos por clases a biografía aos máis pequenos, a profe de música está preparando un LIM sobre a súa obra que pronto vos ofreceremos.







Todo estivo compensado polas fermosas palabras que nos adicou , charla amena chea de lembranzas dese pasado de mestra que está comezando.
Os alumnos e profes do CEIP Eduardo Pondal de Vigo desexámosche  BOA SORTE e dicímosche:
           MOITAS GRAZAS POR ESTAR CONNOSCO FINA!!

FINA CASALDERREY VISITA A BIBLIOCROCAIO on PhotoPeach