mércores, 14 de novembro de 2012

Benvidos ao Mundo : Antía e Diego

A profe Marisol está moi leda porque todo saiu moi ben e xa ten na casa aos seus bebés xemelgos: Antía e Diego nacidos hai uns días e que pronto revolucionarán a súa casa,terá que cantarlles moitos arrolos
 para poder durmilos , como este:


Crocaio non  esquece a Gabriel, o irmán maior, que tamén está moi feliz, para el este video de Caillou :



E para lerlles aos tres, Crocaio recoméndalles estes fermosos contos:
CONTOS DE RATIÑOS
-Papá, xa estamos todos na cama -dixeron os ratiños-. Anda, cóntanos un conto.
-Farei algo mellor -dixo o Papá-. Contareivos sete contos, un para cada un...



domingo, 11 de novembro de 2012

Xornadas de Bibliotecas

 Educar para unha lectura comprensiva e crítica dos medios de comunicación social na actualidade.

Este ano, a BIBLIOCROCAIO estivo representada por tres membros do noso Equipo, asistimos o venres pola tarde e todo o día do sábado,  aprendemos moitas cousas novas e tamén levamos a grata sorpresa de reencontrármonos con profes que pasaron outros anos polo cole como a profe Josefa e a profe Mª José.

 Compartimos  as experiencias que se están a facer nas  bibliotecas escolares galegas, grazas ó traballo desinteresado, gratuíto e, moitas veces, fóra do horario laboral, dos profesores e profesoras que constitúen os Equipos de Biblioteca Escolar.
Houbo ponencias moi interesantes como as de Fabio Tropea e Tiscar Lara , rematamos con Luís González da Fundación Germán Sánchez Ruipérez de Salamanca.
 Profes de toda Galicia falaron sobre proxectos do seu cole, prensa, cómic, videoxogos, contos etc..

Déixovos o enlace ao traballo que coñecemos gracias á ponencia da editora, periodista e autora Eva Mejuto, curtas sobre contos da editorial OQO  que moitos coles presentaron a concurso e que todos mereceron o premio. NÓS TAMÉN CREAMOS.Concurso de curtas en colaboración coa RTVG.
Marabillosos traballos!




Agradecer ás persoas que fixeron posible estas fantásticas Xornadas e agardar que fagan moitas máis.

xoves, 8 de novembro de 2012

IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Os días 9 e 10 de novembro de 2012 terán lugar, en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos), as IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA, cita anual do colectivo de profesores e profesoras comprometidos coa biblioteca escolar e a lectura nos centros públicos galegos. 

domingo, 4 de novembro de 2012

O noso Samaín

Samain 2012. Cabazas, libros, castañas... on PhotoPeach

 E xa pasaramos polo túnel do medo!!!
Magosto 2012. CEIP Eduardo Pondal.Vigo on PhotoPeach
CADA LIBRO TEN UNHA SORPRESA. A VER SE AS ATOPAS TODAS!!




Exposición libros de medo

sábado, 27 de outubro de 2012

24 de Outubro, Día Das Bibliotecas

Así foi o noso día grande:
 Bibliocrocaio 2012-2013-24 de Outubro : Día das Bibliotecas on PhotoPeach


 **No mural que situamos na entrada da biblio colocamos debuxos das vivendas
do alumnado feitas en colaboración cas familias.
**Na entrada  colocamos fotos de recunchos do barrio para facer unha caza do tesouro.
**Noutra parede as fotos dos servizos do barrio.
**A réplica en cartón -pedra  (feita pola profe Isabel), do Peto de ánimas,o máis destacado
e coñecido do barrio está na entrada do colexio.

**Na primeira planta os debuxos das vivendas dos demais alumnos, forman o barrio,
coas rúas principais e os principais destinos dos arredores: aeroport, zoo, centro...
**Fixemos unha exposición de novidades que todo o alumnado puido tocar e desordenar
(por un día...).
**A Bibliocrocaio está decorada con fotos do noso alumnado, fotos do nome das rúas do barrio
e tamén fotos antigas aportadas polas familias.
**Foron pasando por cursos a recoller os carnés,as  carpetas e bolsas cos agasallos: pegatinas,
globos, marcapáxinas...e viron na pantalla dous contos :
Os Bolechas queren saber como é unha Biblioteca 
e
O incrible neno comelibros, do Blog
Despois do recreo asistimos ao contacontos Iago López, por xentileza de Xerais .
 Toda unha festa!!!
O noso agradecemento ás familias pola súa colaboración.
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2012

Bibliocrocaio:LIBROS DO TRINQUE Otubro 2012 on PhotoPeach



luns, 22 de outubro de 2012

Mércores 24: Festa na Bibliocrocaio

Unha  árbore, una  escola, un barrio...

                           Aprender a convivir,
              é importante para calquera nena ou neno,
               para instruirse e saber comportarse.
                   Ademáis é imprescindible
         para poder analizar, criticar, protestar, propoñer,
                debatir segundo as reglas da democracia,
               e ser un ciudadano do mundo  capaz de ver
                        o bosque máis alá das árbores
                               Do libro: Yo seré los ojos dela tierra de Alain Serres.Edelvives

Coñecedes este edificio?
E esta magnífica ábore?
Seguro que si porque están no noso BARRIO, son a Asociación de Veciños e un magnífico ciprés do Parque baixo o que nenos e nenas do barrio xogan a diario.
E este é outro dos edificios máis importantes do BARRIO:
o noso cole: CEIP Eduardo Pondal

Sampaio: Un barrio para ler e medrar.
Dicía Agustín Fernández Paz que “Semella cousa de maxia que os libros garden
tantas maravillas no seu interior:
 a emoción do inesquecible primeiro bico,
a voz pausada e sabia do ancián...”.
 Pero cantas historias máxicas gardan
os camiños do noso BARRIO?
 Durante este curso a nosa Biblioteca será fonte de difusión de historias  e investigacións relacionadas co noso barrio.
                                    
Lembrámosvos que un ano máis estamos seleccionados
 para formar parte dos centros PLAMBE: Plan de Mellora
 das Bibliotecas Escolares.
Convidámosvos a coñecer e a 
participar da BIBLIOCROCAIO.
 O mércores 24 de outubro inauguramos.
Pola Biblio iredes pasando todos os
 cursos, alí  veredes a exposición
 de libros novos,relacionados co tema
 do proxecto e ademais 
 .recibiredes un agasallo
.recolleredes o carné
.comezará  a Mochila Viaxeira
.Veredes dous contos :
          -Os Bolechas queren saber como é unha Biblioteca
 e
           -O neno comelibros.
      Despois do recreo teremos 
para todo o colea actuación do
  CONTACONTOS:
 Iago López, por xentileza de 
edicións Xerais.

Crocaio agarda que o pasedes moi ben!!

domingo, 21 de outubro de 2012

Caillou rato de Biblioteca

 Preparándonos para a gran festa da nosa Biblioteca Crocaio propónnos ver este divertido capítulo de Caillou:

domingo, 14 de outubro de 2012

Xogos de outono

Na Bibliocrocaio andamos moi ocupados preparando a inauguración, faltan pouquiños días para comezar a levar libros en préstamo, Crocaio está algo preocupado porque quería saír a facerlle fotos as rúas do barrio pero non deixa de chover... 
Algúns nenos e nenas xa fixeron o debuxo da súa casa, pronto os veredes na decoración da Biblio porque este ano imos a explorar o noso barrio: Sampaio, e a coñecelo moi , moi ben.
Compartiremos  coas familias o noso proxecto:
          Sampaio: un barrio para ler e medrar 

Pero, de quen é esta casa?

 E estoutra?
 Ademais se premes nela poderás xogar e aprender:
La Casa de Dora
 é un xogo superdivertido e educativo para nenos e nenas  especialmente a partir dos 3 anos. Dora é unha nena que fala  español e inglés enséñanos a súa casa e o que fai en cada cuarto.
  • PATIO: No patio hai un xardín onde poderás plantar varias sementes velas medrar.
  • SÁ DE ESTAR: Aqui atoparás un caixon con instrumentos para compoñer a melodía que máis che guste.
  • DORMITORIO: Un xogo no armario, no que poderás  vestir a Dora cos traxes que máis che gusten; e o outro é un bingo.
  • COCIÑA: Axudaremos a Dora e ao seu pai a cociñar unhas receitas riquísimas.
Só tes que utilizar o botón esquerdo do rato cando ao pasar por algún obxecto do cuarto se ilumine. Dora nomeará obxectos en español e inglés.

Agardamos que vos guste!!

Pero despois de xogar podedes imprimir estas casas e colorealas .
 De quen son?. Facil eh??