sábado, 14 de novembro de 2020

13 de novembro Día das Librarías

Este venres 13 de novembro celebramos o Día das Librarías, baixo o lema E ti, de que librería ves sendo?



Este ano 5º e 6º de primaria acercáronnos virtualmente a dúas librarías de Vigo.

5º de primaria investigou sobre a Libraría Solidaria Aida de Vigo.

Esta libraría vende libros doados moi económicos de segunda man. Cos beneficios financian proxectos de cooperación.








6º de primaria fixo unha entrevista a Gonzalo da libraría Cartabón de Vigo. Nesta libraría todos os anos mercamos libros para a nosa Bibliocrocaio. Gonzalo, o libreiro, leva 35 anos traballando nela e como di el:

 Cada día gústame máis, é a adicción de cada día

O alumnado de 6º de primaria fixo un traballo previo de elaboración de preguntas para a entrevista a Gonzalo. O día seguinte, a través da plataforma de videoconferencia Falemos da Xunta, fixéronlle a entrevista. O alumnado quedou encantado e moi agradecido por aceptar a invitación e participar nesta entrevista online. Foi unha experiencia moi gratificante.

Aquí vos deixamos un vídeo con fotos desta entrevista online e o pdf coas respostas de Gonzalo.











mércores, 11 de novembro de 2020

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas 2020

Este mes celébrase o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. 



O texto elexido este ano como Manifesto ven da man de Xurxo Mariño Alonso, profesor, investigador e divulgador científico: "... é unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran."


Desde a Bibliocrocaio queremos animarvos a participar neste mes traballando con experimentos sinxelos ou pequenas investigacións que despois exporemos neste blog.

Crocaio quere deixarvos esta montaxe con algúns dos libros en galego que temos na biblioteca, relacionados coa ciencia. 

Ánimo, esperamos as vosas aportacións!


martes, 3 de novembro de 2020

Samaín 2020

O venres celebramos o Samaín, parte presencial e parte virtual, pero aí estabamos. Infantil e primaria fixo distintas actividades e aquí vos deixamos algunhas delas.

Traballamos libros como os Contos de encantamentos, Un fantasma con asma e a obra de teatro Indo para Samaín.









Algúns viron na biblioteca a película Coco, sempre respectando o protocolo da Bibliocrocaio.



Tamén comezamos a levar as primeiras mochilas viaxeiras e facer o préstamo de libros. Á volta deixamos todo en corentena uns días.



E como non, vestidos para o día, e ata con merendas que daban medo, eso si, sen compartir. Este ano as calacús virtuais. 









venres, 30 de outubro de 2020

Inauguración da Bibliocrocaio. Xa levamos dez cursos co PLAMBE.

O sábado día 24 de outubro celebrouse o Día das Bibliotecas Escolares, co lema deste curso Bibliotecas. sempre ao teu carón.


As bibliotecas escolares de Galicia seguindo esta liña propuso o lema Xeografías lectoras na biblioteca escolar.

Este curso, debido á situación sanitaria actual fixemos a inauguración da nosa biblioteca de forma virtual. Todas as aulas viron nas súas pizarras dúas proxeccións elaboradas polos alumnos e alumnas:

O alumnado de 6º de primaria elaborou un vídeo coa normativa da biblioteca en base ao protocolo deste ano.


Todas as clases felicitaron a Crocaio polo seu 10 aniversario. 

Xa levamos 10 cursos co PLAMBE



Por último vimos algúns vídeos sobre o tema da proxecto que levaremos a cabo neste curso 

Inventos de conto 

Repartimos, como noutros cursos, as mochilas viaxeiras, as cestas para biblioteca de aula, os carnés, un pequeno regaliño de parte de Crocaio...











venres, 23 de outubro de 2020

Actividades Día das Escritoras

Este luns celebramos o Día das Escritoras. Aquí vos deixamos algunhas das actividades feitas en educación infantil e primaria para este día.                      

En educación infantil lemos o conto Corre, corre cabaciña de Eva Mejuto e despois de coñecela fixeron un debuxo; en 1º e 2º de primaria traballaron o poema A lingua, do libro Cantan os nenos, da escritora Helena Villar ;  en 3º e 4º de primaria leron algúns fragmentos das escritoras que máis coñecían e indagaron nas súas vidas e obras; 5º de primaria biografías e recitados de Silvia Penas, Rosalía de Castro, Concepción Arenal e Yolanda Castro e en 6º de primaria traballaron con lecturas de varios libros de poesías de escritoras galegas, facendo debuxos e escritos.


luns, 19 de outubro de 2020

Día das Escritoras 2020

Hoxe celebramos o Día das Escritoras baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres".

Traballaremos obras de escritoras galegas e faremos unha recompilación das actividades feitas que vos amosaremos noutra entrada.




Mentras vos deixamos aquí un par de curiosidades sobre mulleres escritoras.

Sabedes quen foi a primeira muller escritora da historia?

Enheduanna

Fai 50 séculos na antiga Mesopotamia naceu unha muller chamada Enheduanna, é a poetisa máis antiga do mundo, considerada a primeira escritora da historia; así como a primeira música, xa que nos chegaron os seus himnos escritos. Foi a primeira escritora ao escribir en primeira persoa e firmar a súa obra.
Neste vídeo tedes máis información.



E a primeira escritora profesional?

Christine de Pizán

Naceu en Venecia no ano 1364. Foi a primeira escritora profesional e precursora do feminismo na Baixa Idade Media. A escritura era o seu traballo. Escribiu historias de amor e temas de filosofía, política, historia ou o dereito da muller na sociedade.



Por último deixarvos un fragmento do libro de poemas escollidos de Li Qingzhao do século XI, considerada a máis grande poeta china de todos os tempos (traducidos por Pilar González España).













domingo, 18 de outubro de 2020

Miguel Delibes

Onte día 17 de outubro celebrouse o centenario do nacemento do escritor Miguel Delibes. 

Ao longo da súa vida recibiu o Premio Nadal de Novela (1947), Premio da Crítica (1953), Premio Príncipe de Asturias (1982), Premio Nacional de las Letras Españolas (1991) e o Premio Cervantes (1994).

Foi nomeado membro da Real Academia de la Lengua no ano 1973.

Faleceu o 12 de marzo de 2010.

Se queredes acercarvos aos seus libros, tedes aquí algúns títulos que recollen a voz de personaxes infantís.