Este curso, aos luns e aos xoves, o alumnado poderá acercarse ata a biblioteca e desfrutar de todos os recursos que nela se atopan. Este xoves 6 de outubro foi o primeiro día. Ademais, contamos co alumnado axudante de biblioteca de 5º e 6º de Primaria para axudar nas tarefas propias da biblioteca escolar: organizar os materiais, propor suxerencias, arranxar libros do "Hospital de libros", facer préstamos e devolucións, etc.
venres, 7 de outubro de 2022
luns, 3 de outubro de 2022
INAUGURACIÓN BIBLIOTECA CURSO 2022 - 2023
O luns 3 de outubro inauguramos a biblioteca para este curso 2022-2023. Foi unha celebración especial xa que facía moito, moito tempo que non nos xuntabamos todos as nenas e nenos do cole na biblioteca. E xa tiñamos moitas ganas!
O proxecto deste curso son as montañas! Puxémoslle de título "Cabuxas do Pondal".
E para arrincar, cada aula "apadriñou" unha montaña. E prepararon un traballiño para presentar aos demais grupos. A verdade é que o fixeron xenial. Foi un bo comezo, cabuxiñas!
venres, 24 de xuño de 2022
O curso 2021/2022 chega ao seu fin
xoves, 23 de xuño de 2022
Recomendacións lectoras para o verán
O último día de curso todo o alumnado levou para as súas casas o tríptico de verán coas recomendacións lectoras que Crocaio vos fai como todos os anos.
Desfrutade do verán en compañía dun libro para que sigades soñando!
Voluntariado Lector: esencial na Bibliocrocaio
Por aquí deixámosvos unhas fotografías do acto da entrega dos agasallos e diplomas para o voluntariado lector do CEIP Eduardo Pondal. Arpoveitamos para volver a darlles as grazas por todo o seu esforzo e traballo durante o curso. Parabéns!
domingo, 19 de xuño de 2022
Rosalía de Castro, unha das protagonistas da nosa excursión de Fin de Curso
O pasado 9 de xuño todo o alumnado do CEIP Eduardo Pondal visitou a casa museo de Rosalía de Castro. No ano 1947 creouse o Patronato de Rosalía de Castro co fin de recuperar a Casa da Matanza. Esta foi restaurada no ano 1971 co obxectivo de dar a coñecer a figura e obra da escritora. O alumnado disfrutou do seu interior e do seu xardíns ao mesmo tempo que gozaba da paz que transmite este lugar. Por suposto, adquirimos novos exemplares que forman xa parte da Bibliocrocaio e que moi pronto vos ensinaremos.
Recoñecemento ao voluntariado lector do noso centro
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades recoñeceu hai uns días o traballo de10 centros de Infantil e Primaria en materia voluntariado de lectura, iniciativa integrada nos programas de voluntariado da Consellería de Política Social e Mocidade.
O obxectivo é premiar bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades e fomentan o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar. Entre eses centro, o CEIP Eduardo Pondal foi galardoado cun dos premios polo gran labor que fixeron os alumnos de quinto e sexto de Educación Primaria durante o presente curso.
Dende aquí queremos agradecerlles todo o seu traballo na Bibliocrocaio. O seu premio disfrutouno todo o centro cunha xirnada de xogos feitos por Xandobela (asociación de educación e dinamización cultural). Por aquí deixámosvos unha mostra do ben que a o pasamos.