mércores, 11 de abril de 2018
A alpinista e exploradora Chus Lago cóntanos as súas viaxes aos POLOS!!
Charla para toda a Primaria da alpinista Chus Lago na Biblio Crocaio.
Falounos dos avances da tecnoloxía dende hai uns anos e mostrounos a evolución das gafas para protexerse da radiación da luz na neve. Fixo un pouco de historia da conquista dos polos polo home e falounos das fazañas de grandes exploradores, dos primeiros que se atreverosn a internarse nos desertos de xeo.
Roald Amundsen, explorador noruego que dirixiu a expedición á Antartida que acadou por vez primeira o Polo Sur. Formou pqarte da primeira expedición que
sobrevoou o Polo Norte.
Mostrounos na esfera terrestre os puntos dos polos nos que estivo.Foi unha charla moi amena que se nos fixo moi curta, ainda que durou unha hora e quedáronnos moitas preguntas por facer.
luns, 9 de abril de 2018
O SALÓN DO LIBRO de PONTEVEDRA achéganos a México
DO 6 AO 29 DE ABRIL no Pazo da cultura de Pontevedra
Cremos que os libros son unha ferramenta fundamental
para promover a igualdade e o respecto, para entender,
cuestionar e transformar o mundo que nos rodea. Apostamos
pola lectura como unha maneira de coñecer e valorar a nosa
identidade, a nosa cultura, pero tamén para achegarnos a
outras realidades.
México é, nesta XIX edición, país convidado. Catorce persoas
que cruzan o Atlántico para traernos o mellor das súas letras,
da súa arte, promoción lectora, produción editorial, que
nos farán coñecer unha cultura ancestral cunha inmensa
riqueza lingüística e, como non podían faltar, as cores,
aromas e sabores dunha gastronomía que é xa Patrimonio da
Humanidade.Programa do Salón
http://www.salondolibro.gal/web2017/wp-content/uploads/2018/03/Programa_salon_2018_web.pdf
Contos que cruzan océanos, Bea Campos, Alondra Ramírez e María Guiexhooba
Libros de cartón, María Guiexhooba
Árbore ten nome de muller Anxo Moure
•OBRADOIRO Máscaras mexicanas Amanda Mijangos
A lectura é un arma cargada de futuro: a poesía Acompañamento musical: Su Garrido Alonso Antonio García Teijeiro
•OBRADOIRO 5 minutos de poesía María Lado. Auga Editora
•CONCERTO Radio Bule Bule Paco Nogueiras
•TEATRO O secuestro da Bibliotecaria Sarabela Teatro
E moito máis. Consulta a programación e achégate a Pontevedra ao XIX Salón do libro.
mércores, 4 de abril de 2018
Visita da deportista CHUS LAGO
O vindeiro día 10 de abril visitará a Biblio Crocaio a alpinista viguesa Chus Lago
Converteuse, no ano 1999, na segunda muller española en escalar o Everest, despois de Araceli Segarra.
En 2009 acadou o POLO SUR despois de 59 días de travesía en solitario a través da Antartida.
Ten varios libros publicados sobre as súas experiencias:
Traballa polo medio ambiente no Concello de Vigo, pero seguro que ten máis proxectos que nos contará na entrevista que entre todo o alumnado lle faremos na Biblio Crocaio e que publicaremos no Faro da Escola.
Converteuse, no ano 1999, na segunda muller española en escalar o Everest, despois de Araceli Segarra.
En 2009 acadou o POLO SUR despois de 59 días de travesía en solitario a través da Antartida.
Ten varios libros publicados sobre as súas experiencias:
Traballa polo medio ambiente no Concello de Vigo, pero seguro que ten máis proxectos que nos contará na entrevista que entre todo o alumnado lle faremos na Biblio Crocaio e que publicaremos no Faro da Escola.
Traballos magníficos relacionados con países aos que viaxar
Creativos de cuarto presentaron traballos de investigación e manualidades coma estes de Breogan sobre Venecia e Exipto.
Noraboa polo teu bo traballo Breogán!
Están expostos na Biblio Crocaio.
Visita a AQUALIA
Aqualia é a compañía de servicios públicos de auga de Vigo, onte visitamos as súas instalacións na Rúa Cantabria en Vigo. Alí puidemos escoitar unha charla na que nos lembraron o ciclo da auga cun vídeo e participamos nun xogo para coñecer o uso responsable que facemos da auga.
Despois saímos ao exterior a coñecer as súas instalacións e alí vimos a boca do túnel polo que entra a auga directamente da presa de Eiras, travesando a famosa "Ruta da auga", un sendeiro moi coñecido para nós porque o percorremos camiñando ou en bici, xa que é moi chan e vai ata máis alá de Redondela .
Despois explicáronnos o proceso de decantación polo que recollen toda a suciedade que trae a auga e os posteriores procesos para que a auga chegue ao noso fogar perfectamente limpa. Vimos un inmenso depósito e comprendimos canta auga se gasta diariamente na nosa cidade!!
Despois mostráronnos o museo no que ademais de máquinas, contadores antigos etc. teñen rochas que extraeron das excavacións dos túneis polos que pasaron. Tamén nos agasallaron cuns dvd para a biblioteca e unha gorra a cada un!
Tamén nos lembraron que este mesmo día se inauguraba a nova depuradora de augas residuais do Lagares en Vigo que é unha importante obra para a nosa cidade:
Na Biblio Crocaio temos moitos libros que nos falan das mil formas da auga por exemplo Versos de auga de ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO, poeta que nos visitou e que está nomeado "Vigués distinguido ", entregado hoxe de mans do noso alcalde, e que tamén recolleu a escritora LEDICIA COSTAS.
A nosa noraboa a estes escritores moi coñecidos das nosas bibliotecas!!
OBRADOIRO DE IGUALDADE NA BIBLIO CROCAIO
Recibimos á monitora do Concello de Vigo de igualdade, Elsa, para dar por rematadas as sesións do obradoiro de igualdade deste curso 2017-18.
Camiña con nós pola Igualdade é un programa educativo elaborado dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, dirixido ao alumnado de Educación Infantil e 2º,4º e 6º de Primaria
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)