domingo, 23 de febreiro de 2014

24 de febreiro Día de Rosalía e comeza a semana do Entroido!

 A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, facilitounos a ligazón á segunda parte do vídeo "Todas con Rosalía", promovido por esta Asociación para a celebración do Día de Rosalía no centro.
Un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida a Rosalía nun novo vídeo colectivo no que teñen cabida palabras e músicas de mulleres, nenas, mozas e vellas. Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos e para todos nós, falando dos que aquí e agora sofren, seguindo o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente.
As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola cineasta Raquel Rei. Participan, entre moitas outras, Marta Dacosta, María Canosa, Concha Blanco, Mercedes Leobalde, Berta Roca, Fina Casalderrey, Isabel Risco, Lorena Souto, Pilar García Negro...


Comeza o entroido, non esquezas, o luns : Unha flor!!

xoves, 20 de febreiro de 2014

Venres 21 Biblioteca Neira Vilas en Vigo. Presenta:

ONCE UPON A TIME: Contacontos en inglés
  Once upon a time... Así comezan os contos en inglés, iniciativa da biblioteca Neira Vilas en colaboración coa Escola Oficial de Idiomas de Vigo, coa que propoñen aos máis pequenos unha divertida tarde de contos en inglés. Acompañados de Ana Sánchez e María Estévez, achegan a estupendas historias, grazas ás que ademais aprendemos novo vocabulario, tanto en inglés como 
en galego. Próxima sesión: venres 21 de febreiro ás 19.00h




E no cole estamos preparando o Día de Rosalía que celebraremos o próximo luns 24, aniversario do seu nacemento. Escoitade a fermosa canción que a cantante galega Uxía canta do seu disco: Rosalía pequeniña

Rosalia_pequeninha_capa.jpgRosalía de Castro

 
E déixovos o comezo   de un dos seus poemas como este inverno non para de chover, xa ela dícía:

Como chove miudiño,
 
como miudiño chove;

 
como chove miudiño 


pola banda de Laíño,

 
pola banda de Lestrove. 


Misteriosa regadeira 


fino orballo no chan pousa

 
con feitiña curvadeira, 


remollando na ribeira

 
frol por frol, chousa por chousa. 


Semellando leve gasa 


que sotil o vento move

 
en frotantes ondas pasa

 
refrescando canto abrasa, 


o que o sol ardente crobe...


sábado, 15 de febreiro de 2014

Aprender arte xogando

Entra no xogo do Museo Thysen Bornemisza de Madrid e xoga ao XOGO DAS MIRADAS, poderás aprender moito das obras de arte da súa coleccións permanente, e si entras na súa páxina verás toda a información que desexes.
http://assets.educathyssen.org/juegos/juegomiradas/juego.htm

Aprende agora facendo moitas veces estoutro xogo, ata que non teñas fallos:  El Arte y sus lenguajes on PhotoPeach