xoves, 26 de xaneiro de 2023

Colaboración coa Protectora Os Biosbardos

Levamos xa uns días coa colaboración iniciada coa Protectora de animais Os biosbardos e encántanos a vosa participación. Pais, nais, alumnos, e calquera persoa da comunidade educativa e do centro e do barrio pode colaborar! Só tes que traer algún material para donar á protectora, e a cambio, podes levar libros do expurgo da biblioteca. Pasarvos polo cole para participar! Sede benvidos!

Animámosvos a que vos pasedes polo seu sitio web pars ver outras formas de colaborar e ver o seu gran traballo.













E na biblioteca, para préstamo para casa, tendes libros para prender máis sobre estes incribles animais.





 

martes, 24 de xaneiro de 2023

Contacontos

Sesión de contacontos de alumnado de 4º de primaria para os seus compañeiros/as de Infantil. 




 

luns, 23 de xaneiro de 2023

Novidades na bilioteca


Un libro de gran formato precioso no que apoiarnos no noso proxecto de Horta Escolar. Cheíño de ideas, de propostas, adaptado a nosa nosa contorna, aos nosos cultivos máis tradicionais. Explica dende o principio como levar a cabo unha horta, e logo vai estación por estación do ano, propoñendo as sementes e plantas máis axeitadas segundo a época do ano. E todo, acompañado cunhas bonitas ilustracións. 









Un libro para resolver dúbidas e deixar claro aspectos da adolescencia que poden resultar de interese. 





Adèle é sarcástica, irónica, malvada, mordaz, e cunha autoconfianza que xa quereriamos para nós mesmos e mesmas. Humor negro descarado! Sería una amiga xenial para Mércores Addams! Fixémonos para a nosa bilioteca con 3 tomos das súas historias. 







venres, 20 de xaneiro de 2023

Momentos da biblioteca nos recreos.

Aos luns e aos xoves, e supervisado e organizado polo alumnado voluntario de biblioteca de 5º e 6º, ábrese a biblioteca nos recreos, para lectura libre, préstamos de libros para casa, para xogar. Un espazo de diversión, coñecemento, de divulgación e de experimentación.











 

mércores, 18 de xaneiro de 2023

Novidades na biblioteca

 


Engadimos un título novo de Ariol que tiña varias desideratas dos alumnos. Unha colección que está gustando moito!


E engadimos outros dous titulos a nova sección da bilioteca para os máis maiores do cole e as familias. Cunha linguaxe cercana e clara,  con contidos esenciais, importantes, axeitados e oportunos.