sábado, 14 de xaneiro de 2023

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Engadimos novos libros na nosa biblioteca! Catro álbumes ilustrados e unha serie de libros poema con cancións.



Xa temos na Bibliocrocaio máis libros de Susanna Isern, así que engadimos esta nova historia, que ademais, conta coas ilustracións de David Sierra que tanto gustan aos peques. 




"Petra" busca o seu lugar no mundo! Un álbum precioso. 



E seguimos con outro libro bonito, cunhas ilustracións incribles e evocadoras. 



Unha historia que nos fala da importancia de como e con quen recorres o camiño, desfrutando do proceso, desfrutando da vida, dos seus momentos, das persoas que nos imos atopando. 




A colección de libros poemados de Combel sempre son un bo acerto. Ademais inclúen un código QR que abre directamente unha canción co texto. 













venres, 23 de decembro de 2022

Benvida ao inverno e ao novo ano 2023

 Cabuxiñas do Pondal, desfrutade desta nova estación. Damos a benvida ao inverno! Abrigádevos! 

E nestas vacacións diremos adeus ao vello ano 2022, e dámoslle a benvida ao aninovo 2023. Desfrutade destes días de descanso! 






mércores, 21 de decembro de 2022

ARTISTAS DO PONDAL

 A bibliocrocaio abriu hoxe as súas portas como escenario dalgúns dos talentos que temos no noso cole. Foi unha xornada especial porque non hai nada máis bonito que nunha biblioteca teñan cabida tantas artes e tantas formas de expresión. Houbo aplausos, titubeos, nervios, ganas, risas... e moita arte. Grandes, os artistas do Pondal! 


Andrés e Eire bailáronnos "No se habla de Bruno".



Erik tocou Piano de Nadal.

Martina deleitounos cunha peza de ballet, "Dunha vez".


Hugo cantou e tocou a pandereta, A Ribeirana de Seixedo, e a Xota de Celeiros. Estivo acompañado cantando por Mario, Thiago, Laura, Gael, Xiana e Ainhoa.

Antón, David e Darío cantaron "Despechá" acompañados bailando de Martina, Lara, Leire e Enma.

Desfrutamos con Julia da Danza da fada do azucre de Tchaikovski.

Ares tocou "La Leçon de musique" coa frauta travesera.

Ariana bailou co seu estilo jazz flamenco.

Inés tocou coa súa viola " Concerto de Seizt".


Xian á guitarra eléctrica, Ainhoa á voz, e Ares á percusión, interpretaron "Photograph" de Ed Sheeran, versionada ao castelán.

Naim cantounos "Back Home".


Grazas artistas polo espectáculo! E grazas ás familias polo seu apoio para que puideran actuar. 

luns, 19 de decembro de 2022

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

 Aquí ensinámosvos as últimas adquisicións para a nosa biblioteca que xa podedes desfrutar delas no cole ou para levar para casa en préstamo. 


"Todo lo que brilla" é un libro precioso, co que sorprenderse da cantidade de elementos tanto naturais coma artificiais que nos rodean que emiten brillo. 






" Rato en fuga" é un libro poemado en maiúscula e rimado, xenial para vai encantar aos máis peques do cole. 



Engadimos un título do prolífico e aclamado David Walliams que de seguro vos vai a encantar.



Un cómic para os maiores do cole, un canto ao respeto, a amizade e a diversidade, coa mistura perfecta de aventura e misterio.




Engadimos a nosa biblioteca a saga "Hearstopper" que tantos fans ten para os maiores do cole. E non é para menos, ben merecida que a ten! Agardando xa a que editen o tomo 5 en castelán! 



Con "Heartstopper" e "Snapdragon" creamos unha nova sección na nosa biblioteca que xa precisaba ter o seu propio oco. Ademais engadimos outra nova sección de adolescencia e sexualidade que tamén precisaba o seu recunchiño polo cole. 


"Cuéntamelo todo" xorde tras centos de obradoiros de sexualidade levados a cabo polos autoras nos coles. Trátase dun libro no que se dan respostas claras ás preguntas máis comúns dos nenos/as.



Porque un libro sobre a regla tamén pode ser un súper ventas cando está ben escrito e ben explicado. Un libro útil que pode aclarar as dúbidas ou as inquedanzas dos nosos alumnos/as e/ou das súas familias.  




É importante coñecernos a nós mesmos/as, para poder así coidarnos e respetarnos. É importante ter fontes seguras e fiables que nos expliquen os cambios que xorden na adolescencia, para ter ferramentas que nos axuden nesta etapa tan especial.